Noticias

El mejor fotógrafo retratista de A Costa da Morte, Ramón Caamaño, fallece con casi 80 años

Natural de Muxía, donde nació en 1908, este fotógrafo fue uno de los personajes más relevantes de la Costa da Morte junto con Gonzalo López Abrente. Las gentes, los paisajes y los naufragios quedaron plasmados para la historia a través de la cámara de Caamaño.

Falleción Ramón Caamaño, uno de los personajes más reconocidos de la Costa da Morte gallega y uno de los principales fotógrafos de Galicia. De su cámara salieron instantáneas hoy ya históricas sobre las gentes, los paisajes y los naufragios de su zona, destacando los retratos a través de los que se conoce el paso del tiempo de sus convecinos.

Su legado visual está considerado de alto valor antropológico y social, y su figura es, junto con la de Gonzalo López Abrente, un referente ineludible de la vida cultural de Muxía que lo despidió en un funeral celebrado en el santuario de la Barca y en el posterior entierro en el cementerio de Santa María de Muxía.

En la página web del concello de Muxía se recoge su biografía: www.concellomuxia.com:

Ramón Caamaño nace no ano 1908 en Muxía; fillo único, o seu pai ao pouco de nacer el emigra a Cuba e México onde se adica á venda de encaixe que a súa dona lle envía de Muxía. Debido aos ingresos que o seu pai manda, a infancia de Ramón desenvólvese sen dificultades. Ao cumplir os oito anos o seu pai mándalle unha máquina de cine con algunha película, que proxectaba aos rapaces e rapazas de Muxía, a quen lles cobraba a entrada en alfinetes que logo vendía ás palilleiras.

Este rapaz, que quería ser electricista mais a súa nai quixo encamiñalo para que aprendera o oficio de carpinteiro, cando ten dezaseis anos e cos aforros que gardaba nun peto de barro decide mercar a súa primeira máquina fotográfica. Era unha máquina de caixa que tiraba as fotos sen enfocar.

A partir do ano 1925 comeza a fotografiar todo o mundo que o rodea: mariñeiros, campesiños, naufraxios, paisaxes, postas de sol, romarías,… Neste afán refléxase a súa categoría de artista, xa que ningún fotógrafo do seu tempo que non tivera esta vocación tiraría fotos do mundo cotián no que vivía porque resulta difícil decatarse de que co paso do tempo estas fotos serán documentos importantes para a historia dun pobo.

No ano 1927 compra unha máquina “Pathe Baby” para proxectar cine, coa que vai levar un grande acontecemento a moitas aldeas e vilas desta comarca, convertindo en salas de cine bares, garaxes, escolas de palilleiras, etc. Foi así como as xentes da zona poideron ver películas como “Miguel Strogoff”, “El correo del Zar”, “Una misión extraña”, … películas ás que el mesmo lles daba voz a través dos seus comentarios.

Decatándose a súa nai da verdadeira vocación do fillo, decidiu mandalo a Santiago para que perfeccionase a súa técnica. Así pasará en Compostela os invernos dos anos 29, 30 e 31, onde traballará co fotógrafo santiagués Kasado que lle ensinará entre outras cousas a técnica de colorear fotos a través de ácidos.

No ano 1932 coñece a Tereixa Louro, durante una tempada que bota na vila de Porto do Son, a que cinco anos máis tarde se convertirá na súa dona.
No ano 1937, xa casado, cambia o seu domicilio á vila de Cee, onde monta un estudio coa finalidade de obter uns ingresos necesarios para manter a familia. Son anos nos que se centra principalmente en fotos de estudo, colaborando no traballo tamén a súa dona.

Cando no ano 38 é mobilizado co motivo da Guerra Civil ao frente de Aragón, leva con el a cámara “West-Pocket”, que vai ser a súa compañeira inseparable, tirando fotos en circunstancias difíciles, chegando, como el nos conta, a revelar as fotos entre as ramaxes. Desta época conserva unha longa colección de fotos de guerra.

Á volta da contenda continua co seu estudo de Cee, aínda que a súa actividade esténdese a toda a comarca, principalmente ás vilas de Corcubión e Muxía; con esta última nunca perderá o contacto pois era onde dispoñía da casa que lle deixaran os seus pais.
Caamaño, aínda que se retirou aos 67 anos, nunca deixou de tirar fotos de calquera acontecemento que ocorrera na zona. A partires desta data a súa vida transcorre entre as vilas de Corcubión e Muxía. Durante a época do verán podémolo atopar ao pe do Santuario da Barca, agardando aos visitantes que se achegan a este lugar, cos que conversa, ofrecéndolles desinteresadamente a súa información e se cadra venderlles algunha das súas postais ou o seu libro-guía de Muxía que el mesmo editou no ano 1982.

Durante a súa longa vida profesional, Caamaño recibiu varios homenaxes e obtivo diversos premios e condecoracións. As súas fotos aparecen en moitas revistas e xornais: La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Hijos de Mugía, Alborada, etc., estas dúas últimas editadas en Buenos Aires.
Nos últimos anos fixo exposicións da súa obra en Muxía, Carballo, Corcubión, Fisterra, Vigo e Ourense.
No ano 1989, e co motivo da súa exposición en Vigo, publicouse un álbum monográfico con fotografías súas que van desde o ano 1924 ata 1970.
A fotografía de Caamaño danos unha visión da sociedade rural galega posto que a maioría das xentes retratadas son mariñeiros e labregos que recolle a súa cámara durante as súas viaxes pola zona ou que acoden ao seu estudo para tirar unha foto e enviárllela aos seus familiares de alén do mar. Nelas vemos corpos inmóbiles e rostros serios, cun certo respeto ante a cámara.

Ramón Caamaño tivo sempre un afán de trascendencia e permanencia das cousas; por iso gusta de conservar todo canto chega ás súas mans: máquinas fotográficas, folletos, carteis, libros, correspondencia e todo tipo de obxectos persoais. O seu arquivo fotográfico está formado por máis de 6.000 copias fotográficas e preto de 20.000 clisés, o que nos da idea da magnitude da súa obra.

Xan X. Fernández Carrera realizou no ano 1999 un libro titulado “Ramón Caamaño, Historia Viva da Costa da Morte”, no que reflexa toda a vida deste ilustre fotógrafo.

R., 2007-05-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES