Noticias

Portos de Galicia invierte casi 6 millones de euros en Camariñas, Sada, Ribadeo y Portonovo

El ente público dependiente de la Consellería de Política Territorial de la Xunta de Galicia ampliará diques, muelles y viales de estas infraestructuras portuarias. La mayor inversión -1.435.000 euros- corresponde al vial del muelle de Ribadeo, en Lugo, donde se construirán dos vías diferenciadas para el tráfico vecinal y el exclusivamente portuario.

Portos de Galicia, ente público dependiente de la Consellería de Política Territorial, anunció la licitación de cuatro obras diferentes en infraestructuras portuarias de Camariñas, Ribadeo, Sada y Portonovo, con un presupuesto total de casi seis millones de euros.

Según la nota divulgada por este departamento de la Xunta, en el puerto de Camariñas se realizarán obras de prolongación del dique de abrigo en el puerto de Camelle, que contarán con una inversión de más de tres millones y medio. El objetivo es conseguir «una zona de atraque más segura y protegida» y «minimizar la incidencia del oleaje en días de temporal con el actual dique».

Asimismo, en Ribadeo se realizarán unas obras, con un presupuesto de 1.435.000 euros, con el fin de ampliar el vial existente en el muelle de tal forma que se consigan dos vías diferenciadas, una para el tráfico vecinal y otra para el tráfico exclusivamente portuario.

Por otra parte, Portos de Galicia ha licitado la ampliación y el dragado de los muelles de las embarcaciones pequeñas de Sada y también de Portonovo, las reformas del puerto de la localidad coruñesa contarán con presupuesto 452.317 euros y las de la pontevedresa con 285.219 euros.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Portos de Galicia, ente público dependente da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, ven de licitar as obras de prolongación do dique de abrigo no porto de Camelle (Camariñas). Estas obras teñen un orzamento base de licitación de 3.673.907,59 euros e un prazo de execución de dous anos, segundo publica o Diario Oficial de Galicia do 26 de abril.

Co fin de conseguir unha zona de atraque máis segura e protexida, ampliarase o refuxio ao amparo do actual dique de abrigo. Esta actuación minimizará a incidencia da oleaxe en días de temporal co actual dique, que obriga a retirar as embarcacións a terra cando se dan estas circunstancias

As obras que se proxectan, dada a necesidade de ampliar a defensa do porto, arrancan do macizo do morro do actual dique, nunha soa aliñación de 80 metros de lonxitude. O dique estará protexido no seu costado exterior por unha escollera de bloques de formigón de cinco toneladas de peso. No dique construirase tamén unha torreta de formigón armado na que se instalará a baliza de sinalización marítima.

Portos de Galicia tamén saca a concurso no DOG as obras de remodelación do vial no peirao comercial do porto de Ribadeo, na provincia de Lugo, por un importe de licitación de 1.435.039,40 euros e un prazo de execución de nove meses.

As obras consisten na ampliación do vial existente no peirao de Mirasol do porto de Ribadeo e o seu desdobramento, de tal forma que se consigan dúas vías diferenciadas: unha para tráfico veciñal e outra para tráfico exclusivamente portuario.

En primeiro lugar realizaranse dúas naves para a reubicación dos concesionarios afectados pola execución do novo vial. Ademais das naves tamén serán modificados e restituídos varios servizos afectados. En concreto, realizarase o traslado do centro de transformación da compañía subministradora da zona, o soterramento das liñas aéreas eléctricas actuais e o cambio de ubicación da caseta de subministro de combustible onde se atopan os cadros eléctricos das bombas dos surtidores.

Por outra banda, para a execución das obras do novo vial, será preciso efectuar a demolición dunha serie de edificios ao oeste do vial actual entre as que se encontran varias naves de concesións administrativas recuperadas por Portos de Galicia. Una vez rematadas as demolicións executaranse os muros de protección, o desdobramento do vial e a construción dunha medianeira.

O Diario Oficial de Galicia tamén anuncia licitación das obras de ampliación de pantaláns no porto de Sada, na provincia da Coruña. Estas obras teñen un orzamento base de licitación de 452.317,70 euros e un prazo de execución de seis meses.

As obras a executar consisten fundamentalmente na ampliación dos pantaláns de embarcacións menores e a dragaxe necesaria para o uso dos mesmos polas embarcacións. Estes pantaláns aboiantes estarán realizados en estrutura de aluminio, piso de madeira tratada e flotadores de polietileno ancorados por medio de pilotes

A disposición adáptase á existente nos pantaláns do porto, cun pantalán de reparto e dous de atracada. A estrutura dos pantaláns estará realizada en aleación de aluminio de calidade mariña. O perfil perimetral levará unha galería de servizo para a futura instalación de auga e electricidade. Os pantaláns cimentaranse por medio de pilotes de aceiro con tratamento anticorrosivo.

Neste proxecto inclúese a instalación de brazos de amarre tanto nos pantaláns de nova instalación como nos xa existentes. Tratase de brazos de cinco metros con estrutura de aluminio e recubrimento superior en madeira similar á empregada nos pantaláns.

Ao mesmo tempo, realizarase tamén unha dragaxe de materiais soltos da zona dos pantaláns e do seu acceso. O volume previsto da dragaxe que se obterá será duns 4.000 metros cúbicos.

Por último, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a través de Portos de Galicia, anuncia no Diario Oficial de Galicia a licitación das obras de ampliación de pantaláns no porto de Portonovo, en Pontevedra. Estas obras teñen un orzamento base de licitación de 285.219,68 euros e un prazo de execución de seis meses.

As obras consisten fundamentalmente na ampliación das instalacións deportivas e das utilizadas para embarcacións menores. Na zona destinada ás embarcacións deportivas instalarase un novo pantalán paralelo ao contradique e a 26 metros do último instalado, prolongando dous dos existentes para deixalos aliñados co novo.

As instalacións para embarcacións menores ampliaranse en doce metros. O novo pantalán terá unha lonxitude de 62,5 metros e estará rematado en forma de “T” cuns vinte metros de lonxitude ao que se accederá por medio dun pantalán de 28,5 metros de lonxitude perpendicular ao pantalán que actualmente está mais próximo á praia. Os pantaláns actuais prolongaranse en doce e sete metros respectivamente desprazándose as “T” finais ata chegar á nova ubicación. Unha destas “T” prolongarase para darlle lonxitude suficiente para que sirva de atraque ás embarcacións que están situadas polo lado interior.

Os pantaláns estarán realizados en estrutura de aluminio, piso de madeira tropical tratada para evitar o seu deterioro e flotación de polietileno. Irán ancorados ao terreo por medio de pilotes de aceiro.

Neste proxecto proponse aproveitar e reutilizar varios módulos de pantalán, que serán trasladados e reparados, se fose necesario, e instalados na súa futura ubicación. Ademais, as instalacións eléctricas e de abastecemento de auga e o sistema de protección antigaivotas estenderase aos novos pantaláns.

R., 2007-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES