
La Xunta, a través de la Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, pretende fomentar la coordinación entre los distintos certámenes y festivales de cine que se celebran en Galicia a lo largo del año. Con este motivo se celebró una reunión entre el director xeral de Audiovisual y representantes de los distintos eventos cinematográficos gallegos para abordar, entre otras medidas, la elaboración de un calendario que ayude a un "desenvolvemento harmónico" de las distintas muestras y festivales con el fin de facilitar su participación, tanto a los profesionales del sector como al público en general.
La promoción exterior de los festivales de cine gallegos y la concesión de ayudas económicas para su celebración fueron algunos de los asuntos que también se abordaron en este encuentro.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Santiago acolleu unha xuntanza de traballo entre representantes dos festivais de cine, mostras e certames audiovisuais da nosa comunidade. Entre outros temas de interese, na devandita reunión sentáronse as bases para a adopción de medidas de promoción exterior, e para coordinar un calendario de celebración de festivais e mostras que permita o seu desenvolvemento harmónico, facilitándolles aos profesionais do sector e a cidadanía en xeral concorrer, coñecer e gozar da diversidade de festivais e demais eventos audiovisuais que durante o ano se celebran en Galicia.
Primeira convocatoria en concorrencia competitiva no 2006
A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, é consciente da importancia que posúen os festivais e mostras no sector audiovisual, como actos públicos de promoción das producións audiovisuais e o relevante efecto divulgativo que producen, propiciando un contexto competitivo ou de mera participación no que se favoreza a excelencia profesional e aproveitando o beneficioso efecto que producen no sector audiovisual galego.
É por iso que o ano pasado convocouse por primeira vez unha liña de axudas para a promoción e difusión do audiovisual galego dotada con 300.000 . Dentro desa liña de axudas contemplábase unha liña dedicada ao desenvolvemento e organización de festivais (liña A), a resolver mediante concorrencia competitiva entre as distintas entidades que veñen organizando este tipo de eventos na nosa xeografía, distribuíndose o crédito entre todas as solicitudes presentadas e resultando ser os seus beneficiarios 15 festivais e mostras
Con estes eventos incentívase a profesionalidade e mellórase o coñecemento das producións audiovisuais e mais poténciase a imaxe xeral do audiovisual galego, consolidándoa. Tamén se considera de interese a procura de oportunidades de compartir e proxectar un axeitado perfil profesional deste sector.
Á xuntanza que tivo lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, no Centro Multimedia de Galicia, participaron o director xeral de Comunicación, Manuel José Fernández Iglesias; o subdirector xeral de Telecomunicacións e Audiovisual, Manuel Conde Mouzo e a xefa de servizo de Estudio de Análise, Ana Frutos Martínez. En representación dos festivais e mostras cinematográficas acudiron Cruz López Martínez, do Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía; José Luís Losa, de Cineuropa; Alfonso Pato, do Festival de Curtametraxes de Cans; Ghaleb Jaber García, do Festival Internacional de Cine Árabe Amal; Nora Sola, do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense; Mamen Quintas e Julio Casal do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito; Sara García e Ángel Sánchez, do Festival Internacional de Documentais de Tui; Xulio Xiz e Manuel Curiel, da Semana do Cine de Autor de Lugo; Juan A. Expósito e Juan Ramón Vidal, da Mostra de Curtametraxes Vila de Noia; María Inmaculada Ucha, de Xociviga do Carballiño; José María Paz Gago e César Wonerburguer, da Semana de Cine de Betanzos; Eduardo Reguero e Fernando Carreira, de Redondela en Curto; Miguel Bautista, alcalde de Petín; e Alberto García e Gerardo Piñeiro, de Acción! de Boiro.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.