
El Salón Teatro de Santiago de Compostela acoge la coreografía Ellas que homenajea a las mujeres de la Guerra Civil. Se trata del estreno en Galicia de este montaje concebido como un tributo a las mujeres, madres y esposas, que perdieron a su familia en el conflicto español de 1936-1939 y que emprendieron una lucha por la supervivencia.
Dirigida por Franza Jesús Hidalgo, y promovida por la compañía Alleretour, está interpretada por Emanuela Ciavarella y Diana Regaño. Las representación que tienen lugar los días 8 y 9 de febrero, a las 20.30 horas, está promovida por el Igaem.
Nota de prensa remitida por el Igaem:
A compañía francesa Alleretour presenta no Salón Teatro de Santiago de Compostela a súa última coreografía, titulada Ellas, unha homenaxe ás mulleres que quedaron soas trala guerra civil española. Creada e dirixida por Jesús Hidalgo, o espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá dúas funcións que terán lugar o xoves 8 e o venres 9 de febreiro ás 20.30 horas.
Ellas sitúase na guerra civil española. A contenda remata coa vitoria do bando nacional e a voz de Franco anuncia o principio da ditadura. Dúas mulleres, interpretadas por Emanuela Ciavarella e Diana Regaño, son testemuñas dese momento histórico. A partir de aquí a montaxe é un tributo ás mulleres, mai se esposas, que perderon á súa familia no conflito, aos eu silencio imposto, aos eu intento de sobrevivir cando non podían berrar máis.
O coreógrafo Jesús Hidalgo, valencián afincado en Franza, continúa neste espectáculo coa súa intensa busca sobre un movemento simple e poético e o seu baile, no que, sen necesitar un discurso intelectual, consegue lembrarnos a nosa condición humana e o mundo contemporáneo sacudido polas guerras. Como case todas as súas coreografías, representan corpos en loita co pasado e coa historia. Soidade, desesperación, violencia pero tamén tenrura e complicidade nun mundo onde o home falta.
Jesús Hidalgo estuda danza contemporánea en Valencia e Barcelona, onde se asocia con pintores, escultores e videoartistas para organizar diferentes performances en espazos naturais e galerías de arte contemporánea. Á vez é intérprete coas compañías de Ramón Ollers, Carolyn Carlson e Michael Clark e desenvolve diversos workshops con Pina Bausch. A súa primeira coreografía, Naúfragos, preséntase en Caen, Valencia e Groningen. Posteriormente instálase en Franza como bailarín con Karine Saporta e Susan Buirge, e alí funda en 1991 Alleretour, unha compañía subvencionada polo Ministerio de Cultura e Comunicación francés.
Despois das funcións de Ellas, o Salón Teatro voltará abrir as súas portas os días 10 e 11 de febreiro, nos que acollerá a obra de teatro Last Chance (Última Oportunitat!) a cargo do Teatro Lliure e Centre DArts Esceniques de Reus-Caer; o día 14 cun concerto de música contemporánea a cargo de Pablo Coello (saxofóns) e Pedro Rebelo (electrónica); e os días 16 e 17 de febreiro, nos que ocupará o escenario da Rúa Nova a mítica compañía andaluza La Zaranda co seu espectáculo Los que ríen los últimos.
As entradas poranse á venda no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo. O prezo das localidades é de 10 euros cun desconto do 40% para estudantes, maiores de 65 anos e posuidores do carné xove.
Fotografía enviada por el Gabinete de Prensa del Igaem
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.