Noticias

El patrimonio de los centros gallegos se empezará a inventariar este año para crear la Red Virtual del Patrimonio Gallego en el Exterior

Es el compromiso adquirido por el secretario xeral de Emigración de la Xunta de Galicia en su visita a las provincias del interior de Argentina. En su periplo por Rosario y Santa Fe el responsable del Gobierno gallego constató el valioso patrimonio bibliográfico y artístico que albergan algunos de estos centros con más de 70 años de historia. Se elaborará un catálogo del legado arquitectónico, cultural y artístico que poseen las entidades gallegas.

El secretario xeral de Emigración de la Xunta de Galicia, Manuel Luis Rodríguez, se comprometió ante ciudadanos de origen gallego en las localidades de Rosario y Santa Fe, en el interior de Argentina, a que el patrimonio de los centros gallegos se empezará a inventariar este mismo año. En su visita a estas localidades argentinas, Rodríguez pudo constatar la existencia del "valioso" patrimonio bibliográfico y artístico que albergan algunos de los centros gallegos emplazados en el interior de Argentina, fruto de más de 70 años de historia e importantes donaciones familiares.
Por ello, Emigración subraya la necesidad de que la conservación de este patrimonio cuente con la colaboración del Gobierno gallego para inventariar y catalogar los continentes y los contenidos de las instituciones de la emigración para superar "muchos años de olvido".

Rodríguez se reunió en el centro de Rosario con medio centenar de ciudadanos de origen gallego, ante los cuales se comprometió a que en la primera mitad de 2007 esté operativa la Red Virtual del Patrimonio Gallego en el Exterior. La creación de un catálogo disponible en internet a través de una red virtual incluirá el estudio del legado arquitectónico, cultural y artístico, en primer lugar de las entidades que superen los cien año. No obstante, Emigración garantiza que no se ignorarán aquellas instituciones que, como el Centro Gallego de Rosario, poseen un patrimonio "especialmente relevante", integrado, entre otras, por obras de Castelao que hasta el momento no han sido "suficientemente difundidas". El objetivo es "poner en valor" la realidad social, cultural e histórica de la Galicia emigrante, para lo cual durante este mismo año se realizará un catálogo "completo y riguroso", que incluirá el estudio del legado tanto arquitectónico como cultural y artístico que poseen las entidades gallegas a día de hoy.

Manuel Luis Rodríguez también se reunió con la comunidad gallega en Santa Fe, donde pudo evaluar las ayudas susceptibles de ser extendidas a esta zona argentina, que hace tres años fue castigada por las inundaciones. Ante ciudadanos de origen gallego, Rodríguez expuso las características de las ayudas económico asistenciales, así como de otros programas sociales. Según explicó Emigración en un comunicado, el secretario xeral asumió la necesidad de seguir mejorando los instrumentos de localización de casos de precariedad social entre los gallegos afincados en una zona de Argentina donde se constatan más dificultades para que sean detectados, ya que la red de asociacionismo es más débil que en provincias como Buenos Aires.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de la Secretaría Xeral de Emigración de la Xunta de Galicia

O secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, visitou as entidades galegas sitas nas localidades de Rosario e Santa Fe, onde tivo ocasión de constatar a existencia do valioso patrimonio bibliográfico e artístico que albergan algúns dos centros galegos emprazados no interior de Arxentina, e que froito de máis de setenta anos de historia, e importantes donacións familiares neste tempo, esixen da colaboración do Goberno galego de cara a inventariar e catalogar os continentes e os contidos das institucións da emigración, despois de moitos anos esquecidas.

Nese senso, o responsable da política de emigración da Xunta comprometeuse ante o medio cento de cidadáns de orixe galega cos que se reuniu no centro de Rosario, a que na primeira metade de 2007 estea operativa a Rede Virtual do Patrimonio Galego no Exterior. A creación dun catálogo dispoñible en internet a través dunha rede virtual incluirá o estudo do legado arquitectónico, cultural e artístico, nun primeiro momento daquelas entidades que superan os cen anos, pero sen ignorar aquelas outras que, como no caso do centro galego de Rosario, están en posesión dun patrimonio especialmente relevante, entre o que se contan obras, entre outros, de Castelao, e que ata agora non foron suficientemente difundidas.

Baixo o compromiso de poñer en valor a realidade social, cultural e histórica da Galicia emigrante, Manuel Luís Rodríguez asegurou que en 2007 procederase á realización dun catálogo completo e rigoroso, que incluirá o estudo do legado tanto arquitectónico, como cultural como artístico en posesión das entidades galegas a día de hoxe. Esta iniciativa enmárcase no proceso iniciado pola Secretaría Xeral de Emigración para ponderar o importante papel dos centros na difusión dos sinais de identidade de Galicia así como para abrir unha etapa na que se invista no prestixio dos mesmos, despois de anos nos que se afrontaron numerosas crises, especialmente en América Latina

De Rosario, a Santa Fe

O encontro de Manuel Luís Rodríguez coa comunidade galega desta vez en Santa Fe, permitiu avaliar as axudas susceptibles de ser estendidas a unha zona de Arxentina que hai tres anos foi castigada polas inundacións, e na que o mapa de necesidades dos cidadáns galegos difire á dos residentes en Rosario. Razón pola cal o secretario xeral deu a coñecer polo miúdo as características das axudas económicas asistenciais, así como doutros programas sociais.

Rodríguez asumiu a necesidade de seguir mellorando os instrumentos de locación de casos de precariedade social entre os galegos e galegas afincados nunha zona de Arxentina onde se constatan máis dificultades para acceder ao coñecemento dos mesmos, toda vez que a rede do asociacionismo é de asentamento máis débil que en provincias como a de Bos Aires.

Galegos de Mar de Prata

A visita do responsable da Secretaría Xeral de Emigración a Rosario e Santa Fe, estivo precedida dunha entrevista cos responsables do centro de día do centro galego de Mar de Prata. Posteriormente, xa nun encontro coa comunidade galega, Manuel Luís Rodríguez deu a coñecer o próximo incremento das pensións asistenciais para máis de 26.000 galegos anunciado polo presidente do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, no transcurso do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior, que tivo lugar a pasada semana en Madrid. O desenvolvemento do Estatuto da Cidadanía Española no Exterior, e a consolidación de dereitos que se derivarán da súa aplicación, en especial no referido ao voto en urna, foi outra das cuestións desenvolvidas que afectan especialmente aos galegos da emigración.

R., 2007-02-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES