Noticias

El Teatro Principal de Santiago acoge el ciclo Pioneiros do Cinema. Se proyectan los tres filmes más antiguos que se conservan sobre Galicia

Amenizadas con música interpretada por Abe Rábade, las proyecciones incluyen los filmes: Botadura del Acorazado Alfonso XIII (1913), Miss Ledya (1916) y O Ano Santo em Compostela (1915).

El Teatro Principal de Santiago de Compostela acoge el miércoles, día 24 de enero, el ciclo Pioneiros do cinema, en el que se proyectan los tres filmes más antiguos que se conservan sobre Galicia. En la jornada se exhiben al público las películas Botadura del Acorazado Alfonso XIII (1913), Miss Ledya (1916) y O Ano Santo em Compostela (1915), los tres custodiados actualmente en el Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) como los más antiguos filmes rodados en Galicia que se conservan.

Tanto Botadura del Acorazado Alfonso XIII como O Ano Santo em Compostela son películas de factura documental y de producción foránea, mientras Miss Ledya es de la autoría de José Gil, y, por lo tanto, de producción gallega, y de carácter argumental.

Esta iniciativa está destinada a poner en valor y dar a conocer el patrimonio cinematográfico recuperado de la comunidad autónoma, en especial la de los precursores de este arte en Galicia. Además, la sesión cinematográfica estará amenizada con la música en directo de Abe Rábade Trio.

La acción de recuperación fílmica muestra, según el director general de Comunicación Audiovisual, el compromiso de la Xunta de difundir el patrimonio audiovisual gallego, de enseñarlo, con el fin de que «no quede en manos de especialistas ni arrinconado en sótanos».

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolle o mércores, día 24 de xaneiro, a xornada Pioneiros do cinema, na que se proxectarán os tres filmes máis antigos que se conservan sobre Galicia. O director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, Manuel José Fernández Iglesias, presentou hoxe esta iniciativa, destinada a poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio cinematográfico recuperado da comunidade autónoma, en especial a dos precursores desta arte en Galicia. Ademais, a sesión cinematográfica estará amenizada coa música en directo do Abe Rábade Trio.

Esta iniciativa de recuperación fílmica amosa, segundo o director xeral de Comunicación Audiovisual, o compromiso da Xunta de Galicia de difundir o patrimonio audiovisual galego, de ensinalo, a fin de que “non quede en mans de especialistas nin en recunchos de sotos”. A iniciativa, que foi presentada en Santiago, terá continuidade noutras cidades, tal e como comprometeu Manuel José Fernández Iglesias.

Na xornada ‘Pioneiros do cinema’ proxectaranse os filmes Botadura del Acorazado Alfonso XIII (1913), Miss Ledya (1916) e O Ano Santo em Compostela (1915), os tres custodiados actualmente no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) como os máis antigos filmes rodados en Galicia que se conservan. Cabe lembrar que as que foron con toda seguridade as primeiras películas galegas, e pode que tamén as primeiras españolas, as que filmara José Selier na Coruña entre maio e xuño de 1897, non se conservan, ao igual que moitas outras dos anos seguintes.

Este feito traslada ás tres películas que protagonizarán a sesión ‘Pioneiros do cinema’ o título de seren as máis antigas conservadas sobre Galicia. Tanto Botadura del Acorazado Alfonso XIII como O Ano Santo em Compostela son películas de factura documental e de produción foránea. Mentres, Miss Ledya é da autoría de José Gil, e polo tanto de produción galega, e de carácter argumental, unha circunstancia que reforma a súa singularidade e relevancia. Xa na década dos vinte, a cinematografía galega deixou abondosas mostras nos distintos xéneros: curtas e longametraxes, ficcións e documentais.

Botadura del Acorazado Alfonso XIII (1913)
As primeiras imaxes en movemento conservadas sobre Galicia corresponden a un noticiario que recolle a chegada a Ferrol da comitiva real para asistir á botadura dun acorazado. A película foi recuperada por Guillermo Escrigas e depositada no Centro Galego de Artes da Imaxe no ano 1997. Chama a atención que estas imaxes lembran poderosamente polo encadramento utilizado a aqueloutras míticas recollidas polos irmáns Lumière en La Ciotat. Trátase dunha produción de Ibérico Films, de Barcelona, conformada por 75 metros de metraxe en branco e negro.

O Ano Santo em Compostela (1915)
A máis recente recuperación do Centro Galego de Artes da Imaxe é este documental de produción portuguesa sobre o Ano Santo de 1915, que recolle distintas procesións e peregrinacións e as primeiras imaxes cinematográficas que se conservan de Santiago de Compostela. Producida por Invicta Film (Porto) e composta por 342 metros de metraxe en branco e negro que foron restauradas en colaboración coa Cinemateca Portuguesa a partir dos materiais incompletos conservados no seu arquivo.

Miss Ledya (1916)
Producida e realizada por José Gil (Vigo), esta é a primeira película de ficción que se conserva rodada en Galicia. Miss Ledya ou Miss Ledyia, segundo os rótulos, que realizou o pioneiro creador galego sobre un argumento de Rafael López de Haro, conta entre os seus intérpretes, aínda que nun papel anecdótico, con Alfonso R. Castelao. A restauración deste filme foi levada a cabo conxuntamente pola Filmoteca Española e o Centro Galego de Artes da Imaxe a partir dos materiais recuperados polo Museo Provincial de Pontevedra.

Abe Rábade Trío
A sesión de Pioneiros do Cinema estará amenizada pola música en directo da formación de jazz Abe Rábade Trio, formada polo artista compostelán, ao piano, por Bruno Pedroso, batería, e por Nelson Cascais, contrabaixo. Pianista, compositor e docente, Abe Rábade é un dos músicos galegos máis recoñecido dentro e fóra das nosas fronteiras e lidera este trío desde 1996, ademais de contar con catro discos no mercado.

Xunto coas vocalistas Guadi Galego e Uxía Pedreira forma a banda Nordestin@s en 2005, baseada nunha actualización da música popular de Galicia. É membro do Jesús Santandreu Quartet, do Raynald Colom Quartet, do Quinteto Jazz Experience e co director da Orquestra de Jazz de Galicia, para a que escribe música orixinal.

R., 2007-01-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES