Los dirigentes políticos gallegos condenan el atentado en un aparcamiento de Barajas. En sendos comunicados de prensa, los responsables del Gobierno bipartito de la Xunta de Galicia insisten en reivindicar la necesidad de paz para el País Vasco y España.
Notas de prensa remitidas por la Xunta de Galicia:
O titular do Executivo autonómico, Emilio Pérez Touriño, manifestou en Santiago o sentimento de condena enérxica e repulsa unánime e firme do pobo galego logo do atentado terrorista acontecido esta mañá na T-4 do Aeroporto de Barajas, en Madrid. O presidente da Xunta manifestou que o atentado terrorista debe ser capaz de convocar, na Comunidade Autónoma, as máis firmes vontades de unión, de traballo conxunto e de firme determinación para rematar coa violencia terrorista e acadar a meta desexada da paz, a convivencia e a liberdade-
Pérez Touriño realizou estas declaracións de condena no Concello de Santiago de Compostela, logo de actuar como delegado rexio no acto conmemoración da translación dos restos do Apóstolo, celebrado na capital de Galicia. O presidente galego resaltou tamén, en nome de todos, a súa máis firme decisión para seguir adiante traballando pola paz desde o respecto, a convivencia e a firme defensa dos valores que nos unen como civilización, como país e como seres humanos.
O máximo mandatario autonómico desexou, tamén, que o 2007 traia para todos paz e liberdade. Que poidamos acadar o obxectivo co que estamos todos comprometidos: o obxectivo da paz, de rematar coa lacra terrorista coa que levamos convivindo tantos anos na nosa patria e no noso país, concluíu.
O presidente da Xunta manifesta tamén o apoio de todo o Goberno galego ao traballo dos corpos e forzas de seguridade do Estado na loita contra a violencia terrorista e reitera o seu apoio á defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns. Así mesmo, expresa a súa solidariedade con todas as persoas que se teñen visto afectadas polo atentado.
Pola súa parte, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, quere expresar no seu nome e no do BNG a súa condena máis rotunda ao atentado cometido onte por ETA en Madrid, ao tempo que reitera a súa a solidariedade con todas as vítimas deste atentado. Quintana reafírmase ademais no apoio á resolución parlamentaria que no seu día permitiu o diálogo con ETA para o fin da violencia e a conquista da paz.
Para Quintana é evidente que con 200 quilos de explosivo o diálogo non é posible, pero o obxectivo segue sendo a paz, por iso neste momento o que fai falla é a unidade de todas as forzas políticas e o apoio ao Goberno para que ETA non marque as nosas vidas. Nembargantes, Anxo Quintana amósase esperanzado e asegura que ao final conseguiremos a paz a pesares de ETA.
O vicepresidente considera que as condicións que se daban para o diálogo para acadar a paz rompéronse unilateralmente por parte de ETA. Rompeunas ETA, a única culpable é ETA, e polo tanto neste momento resulta difícil aventurar o futuro, apunta Quintana. Nesta liña, o vicepresidente da Xunta cree que actualmente non se dan as condicións para este diálogo, por culpa da actividade e da actuación de ETA, pero reitera que todos os demócratas debemos estar unidos porque eu estou convencido de que o final a paz chegará a pesares de todo o que faga ETA.
O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO (se ben parte deles sono en ambas etapas á vez), 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades. Así, outros centros optan por contar con seccións bilingües.