Noticias

El Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Marco) acoge ArtFutura 2006 entre el 26 de octubre y el 26 de noviembre

Se celebra bajo el título genérico de Estética de Datos / Data Aesthetics.

El Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (Marco) acoge ArtFutura 2006: Estética de Datos / Data Aesthetics, entre el 26 de octubre y el 26 de noviembre. ArtFutura, considerado el festival de referencia en creación digital y nuevos medios, alcanza la decimoséptima edición en la que se acerca a terrenos como la visualización de datos, la media-arquitectura integradora de los flujos de datos en los espacios urbanos, y la introducción en los espacios escénicos de las dinámicas de la representación de la información.

Artistas, diseñadores y tecnólogos se interesan cada vez más por experimentar nuevas formas de representar y visualizar el movimiento constante de datos que nos rodean en el momento actual en que se produce un auge de las tecnologías sociales, los blogs y nuevos paradigmas como la Web 2.0, lo que lleva a los usuarios de Internet a generar y canalizar de divrersas formas cada vez un mayor volumen de información.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Marco:

Como novidade, este ano amplíase o número de sesións para ofrecer dúas pola tarde –ás 17.00 e 19.00– todos os días das proxeccións, e unha sesión matutina –ás 12.00– os sábados e domingos. Así mesmo, o prezo acomódase a tarifa xenérica de 1 euro por sesión (tamén canxeable pola entrada do MARCO dese día.)

Ademais da exhibición do programa audiovisual de ArtFutura 2006 no salón de actos, recordamos que na Biblioteca-Mediateca do MARCO están dispoñibles todos os programas de ArtFutura e Resfest das edicións 2003, 2004 e 2005, en formato dvd. Tanto o acceso á Biblioteca-Mediateca como a consulta de materiais audiovisuais son libres e gratuítos.

ArtFutura Show 2006 - I (60´)

Todo un clásico do festival dende os seus inicios, ArtFutura Show é unha selección imprescindible que recompila as mellores producións internacionais de animación por ordenador e efectos visuais. Dende as pezas máis espectaculares producidas polas grandes compañías de Hollywood, até as pequenas marabillas creadas por artistas independentes repartidos por todo o mundo. Nesta edición, por primeira vez, o programa dobra a súa duración habitual. Inclúe traballos como Suba (Alastair Graham), Doll Face (Andrew Huang), Racing Beats (Filmakademie Baden-Württemberg) e One Rat Short (Charlex), vencedor na recente edición de Siggraph, a gran cita internacional da imaxe 3D.

Racing Beats - Directores: Alexander Kiesl, Steffen Hacker
The Building - Director: Eric Riewer
Tread Softly - Director: Heebok Lee
Into Pieces - Director: Guilherme Marcondes
Carlitopolis - Director: Luis Nieto
Paintings - Aardman
Caps - Directores: Moritz Mayerhofer, Jan Locher
Noggin - Director: Alex Cannon
Hitchhiker’s Guide to the Galaxy - Cinesite
Suba - Director: Alastair Graham
Musashino Plateau - Director: Nobuo Takahashi
The Fly - Director: HanJin Song
Doll Face - Director: Andrew Huang
Scope - Tangram
Do Robots Dream of Bunnies? - Director: Piotr Karwas
One Rat Short - Charlex

Renaissance (30´)

Algúns críticos teñen definido Renaissance como “o que tería pasado se Frank Miller e H.R. Giger se uniran para facer un remake de Blade Runner”. E é certo que a cinta recupera moitos dos motivos recurrentes do cyberpunk: unha escura e degradada visión da cidade do futuro –neste caso o París do ano 2054–, perversas multinacionais da biotecnoloxía, científicos con problemas, e unha caracterización e ton narrativo herdados do modelo do cinema negro. Pero o seu realizador, Christian Volckman, non se limitou a reciclar os lugares comúns do xénero. O seu obxectivo foi facturar un auténtico “film noir” dixital. O programa presenta un documental da realización desta produción europea, como un dos proxectos especialmente salientables dentro de ArtFutura 2006.

ArtFutura Show 2006 - II (60´)

Segunda parte da selección internacional de animación 3D, con traballos que salientan pola súa longa duración e ambiente atmosférico. Unha perfecta demostración de que a animación por ordenador ten aínda amplos campos por descubrir, e que é unha parte elemental da creatividade dos nosos días. Inclúe, entre outros, Brush (Lei Chen), Monster Farm 5 Circus Caravan (Junko Kawashima), Metal and Meat (Stephan Larson), e Wojna (Agnieszka Kruczek).

Brush - Director: Lei Chen
Monster Farm 5 Circus Caravan - Digital Media Lab
Rama - Director: Eric Bruneton
Color Dream No. 246 - Director: Michael Theodore
Theros - Director: Georgios Cherouvim
Wojna - Director: Agnieszka Kruczek
Good is Good - Directores: Todd Mueller, Kylie Matulick
Oh Hisse - Director: Hikaru Yamakawa
Relighting Human Locomotion - Director: Paul Debevec
Discord: Metal and Meat - Director: Stephan Larson
Fall of Antioch - Directores: Stephan Betz, Magid Hoff, Florian Witzel
Reflect - Director: Dennis H. Miller
À Tort ou à Raison - Directores: Joris Clerté, Philippe Massonnet
458nm - Directores: Jan Bitzer, Ilija Brunck, Tom Weber

A Scanner Darkly (30’)

NoticiaNon hai un nome que excite tanto a imaxinación dos amantes da ciencia ficción como o do novelista Philip K. Dick. Unha nova adaptación ao cine dunha das súas obras é sempre recibida cunha mestura de expectación e temor. Se ademais se trata dun dos seus textos máis difíciles e o seu director é un dos realizadores menos convencionais da industria norteamericana, o resultado é unha aposta chea de risco. Todas estas circunstancias combínanse en A Scanner Darkly, unha das producións máis esperadas polos afeccionados á animación nos últimos anos. O filme pretende demostrar que é posible realizar outra clase de animación dixital, alonxada esteticamente do modelo establecido por Pixar, Dreamworks e outros xigantes do 3D, e pensada para un público adulto e cinéfilo. O programa exhibe un documental sobre este filme.

Full Motion Theater 2006 (60’)

As intros son o espazo de cruce entre o mundo interactivo dos videoxogos e a narrativa cinematográfica. Estas secuencias non interactivas que forman parte das narracións dos títulos máis populares no mundo del ocio electrónico tórnanse cada ano máis sofisticadas e innovadoras visualmente. Full Motion Theatre selecciona o máis interesante da produción audiovisual vencellada ao videoxogo. A edición 2006 está marcada polos títulos para a próxima xeración de consolas, e inclúe mostras de proxectos como The Eye of Judgement, Resistance: Fall of Man, Okami, Assassin’s Creed ou Metal Gear Solid 4, entre moitos outros.

Assassin’s Creed
Stranglehold
The Eye of Judgment
Genji
Lego Star Wars 2
Heavenly Sword
Victi
Resistance: Fall of Man
Okami
Formula One 06
War Hawk
Alone in the Dark
Sam and Max
Crysis
Devil May Cry 4
Brain Training
Elveon
Nba 2k7
Rayman
Tony Hawk’s Project 8
Trauma Center
Metal Gear Solid 4 Ps3
Locoroco
The Wheelman
Spore
Warhammer

Retrospectiva Moebius (30´)

Todos os anos ArtFutura dedica unha ampia retrospectiva a un artista de especial importancia. Nesta edición o protagonista é Jean Giraud, máis coñecido como Moebius, un dos participantes asiduos do festival ao longo da súa historia. Da banda deseñada ao cine, a obra de Moebius representa un dos fitos da creatividade do noso tempo. Este ano prestámoslle unha homenaxe coa primeira parte da súa retrospectiva, centrada no seu traballo no terreo da animación.

3D en España 2006 (60´)

O premio 3D en España é a convocatoria máis antiga no noso país destinada aos mellores traballos de animación 3D e efectos especiais producidos ao longo do último ano por compañías, estudantes e artistas independentes. O programa recolle os traballos finalistas que optan ao premio, que será decidido polos votos do público asistente. 3D en España ofrece unha mirada exhaustiva ao estado da animación digital e o 3D nacional. A edición deste ano inclúe pezas como Bungle in the Jungle (Miquel Cabot), Changes (Daniel Martínez Lara), Perpetuum Mobile (Enrique García y Raquel Ajofrín), ou Niebla (Emilio Ramos), entre outras.

NoticiaBungle in the Jungle - Miquel Cabot (Universitat Illes Balears)
Changes - Daniel Martínez Lara
En Pañales - Antonio Pol (Universitat Illes Balears)
Perpetuum Mobile - Enrique García e Raquel Ajofrín
Garto - Luis Gómez Guzmán
La Pieza - Imanol Garazáibal
Victor, Empleado del Mes - David F. Barruz (CICE)
Karma Hunters - El Miku
Exit - Angel Pascual Berlanga
Policía de Autopista - Javier García Escudero
The Wrong Glasses - Alberto Rodríguez
Khuda-Yana - Javier Martínez (BRB)
Nina - Cristian Ibáñez Gea (Universitat Illes Balears)
Gallygows / The Users - Alex Villagrasa
Niebla - Emilio Ramos (Universitat Pompeu Fabra)

Avance Resfest – 10 (30’)

Un avance da décima edición de Resfest, o festival adicado exclusivamente a amosar o traballo da primeira xeración de cineastas dixitais: curtametraxes, publicidade, videoclips, títulos de crédito, documentais, animación… Resfest comezará a súa xira mundial en Chicago en outubro, e chegará a España a principios de decembro. ArtFutura ofrece un pequeno adianto do que poderemos ver na edición 2006 do festival de cine dixital por excelencia.

R., 2006-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES