Noticias

Presentadas a los empresarios gallegos las principales líneas de acción de los presupuestos gallegos para 2007 que buscan aumentar la competitividad industrial, la cohesión social y mejorar la accesibilidad

El conselleiro de Economía e Facenda de la Xunta de Galicia mantuvo un encuentro con el presidente de la CEG para abordar las cuentas gallegas.

Presentadas a los empresarios gallegos las principales líneas de acción de los presupuestos gallegos para 2007 que buscan aumentar la competitividad industrial, la cohesión social y mejorar la accesibilidad. El conselleiro de Economía e Facenda de la Xunta de Galicia mantuvo un encuentro con el presidente de la Confederación de Empresarios de Galicia para abordar las cuentas gallegas para el próximo ejercicio económico y adelantar las principales líneas de actuación que el Ejecutivo gallego persigue a través de los presupuestos.

Según datos del conselleiro, Galicia superará el 15% en concepto de ahorro bruto y se beneficiará de un incremento de las inversiones en la capital, Santiago de Compostela. Entre los objetivos económicos de la Xunta figura el apoyo a la modernización del tejido empresarial y a la internacionalización de las empresas, la mejora en la educación y formación del capital humano y el apoyo al I+D y la sociedad del conocimiento.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Economía e Facenda de la Xunta:

Os Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma para 2007 impulsarán o incremento da competitividade económica, a cohesión social e a mellora das infraestruturas, nunha estratexia orientada ao cambio do modelo de crecemento de Galicia cara a unha economía baseada na sociedade do coñecemento. Así o explicou o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio tras reunirse cos representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) aos que expuxo as liñas xerais presupostarias para o vindeiro exercicio. Na reunión participaron o presidente da CEG, Antonio Fontenla; os presidentes das confederacións de empresarios de Pontevedra, José Manuel Fernández Alvariño; Ourense, Francisco Rodríguez García; e Lugo, Eduardo Jiménez Domínguez; o director xeral de Orzamentos, Pedro Antonio Fernández; e o director xeral de Planificación e Fondos Comunitarios, Aureliano Garíca González Llanos.

No transcurso da reunión, Fernández Antonio subliñou como meta acadar unha sociedade galega máis cohesionada e unha economía máis competitiva, capaz de lograr o reto da converxencia coas economías máis desenvolvidas do contexto europeo. Este contexto, segundo sinalou, é precisamente o referente da nova estratexia económica para os vindeiros anos ao terse encadrado nas perspectivas finaceiras da Unión Europea para o periodo 2007-2013. Os Presupostos de 2007 enmárcanse nun escenario de planificación plurianual, en aras do cumprimento dos obxectivos de política económica e social da Xunta de Galicia, afirmóu o conselleiro. Neste sentido, Fernández Antonio explicou aos representantes da patronal galega que nos próximos anos acometerase unha importante reorientación das estratexias de crecemento, renovando as bases da capacidade competitiva da economía galega ao través do aumento da produtividade, da valorización do seu capital humano e recursos naturais, da utilización selectiva dos investimentos, e do impulso da investigación, da innovación e do coñecemento.
Crecemento dúas décimas por riba da media española

Estes factores, recollidos nas prioridades e obxectivos do Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia (Mecega) 2007-2013, terán o seu reflexo nos programas de gasto dos orzamentos, con obxectivo final de manter e impulsar o crecemento da economía por riba da media española e impulsar a creación de emprego de calidade. Segundo adiantóu o conselleiro, o obxectivo recollido no proxecto dos orzamentos prevé un crecemento da economía galega dos décimas superior á previsión do conxunto español. Neste sentido, Fernández Antonio lembróu os datos rexistrados nos dous primeiros trimestres deste ano nos que o PIB galego xa crecéu por riba da media. O impulso do investimento será posible, segundo explicóu, grazas a o incremento de aforro que cuantificóu en máis dun 15%.

Entre os factores que pririzarán as Contas da Xunta de Galicia para o vindeiro ano tamén figuran os dirixidos ás melloras nas infraestruturas e o solo industrial; no aumento e modernización do tecido produtivo, e no fomento da cultura emprendedora. Galicia, segundo o conselleiro de Economía, ten que impulsar a atractividade do seu territorio, o que constitúe unha liña prioritaria para a Xunta de Galicia, na que terá grande importancia a capacitación e especialización do capital humano e o tecnolóxico; a integración nas redes de comunicación e coñecemento; e a productividade e competitividade. En suma, indicóu, “os factores para lograr a consolidación dos sectores e empresas galegas e afondar na atracción de investimentos”.

R., 2006-10-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES