Noticias

La Xunta de Galicia y el Concello de Santiago crean el premio Chano Piñeiro para promocionar el patrimonio audiovisual gallego

El galardón, con una dotación económica de 60.000 euros, se entrega en la muestra Cineuropa.

La Xunta de Galicia, a través de la Secretaría Xeral de Comunicación, y el Concello de Santiago de Compostela crean el Premio Chano Piñeiro con el fin de promocionar el patrimonio audiovisual gallego.

El galardón, que se entregará en el contexto de la muestra Cineuropa que tiene lugar en la capital de Galicia en el mes de noviembre, pretende recordar la figura del cineasta gallego Chano Piñeiro que fue homenajeado con motivo del décimo aniversario de su fallecimiento durante la celebración de la gala de entrega de los Premios Mestre Mateo 2004 organizada por la Academia Galega do Audiovisual.

La creación de este premio se enmarca en el convenio de colaboración suscrito por el secretario xeral de Comunicación de la Xunta, Fernando Salgado, y el alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para fomentar el audiovisual gallego en el marco de Cineuropa, un veterano festival que llega a su vigésima edición.

Nota remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O secretario xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Fernando Salgado, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asumiron o compromiso de crear e institucionalizar unha sección denominada Chano Piñeiro que se enmarcará no contexto da mostra cinematográfica Cineuropa e terá como obxectivo fomentar e promocionar o patrimonio audiovisual galego. Salgado e Bugallo asinaron un convenio con este fin no que tamén se prevé a creación dun premio homónimo –Chano Piñeiro- que pretende distinguir o filme galego máis relevante da sección.

No decurso do acto, Fernando Salgado cualificou o marco de Cineuropa como “moi axeitado” para a celebración do acto de entrega deste galardón de nova creación pola “veteranía” dun certame que acada neste ano a súa vixésima edición. Paralelamente, o responsable da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta indicou que este galardón nacido para fomentar o audiovisual galego supón un paso máis no compromiso adquirido polo Goberno galego co potenciamento do sector audiovisual.

O premio estará dotado con 60.000 euros que serán achegados pola Secretaría Xeral de Comunicación e será entregado nun acto público o próximo mes de novembro, no decurso de Cineuropa, mostra que goza xa dunha consolidada traxectoria na capital galega.

Ao abeiro deste convenio de colaboración maniféstase o obxectivo da Secretaría Xeral de Comunicación pola promoción do audiovisual galego no marco dos diferentes certames cinematográficos que se celebran en Galicia. O galardón Chano Piñeiro que se creará este ano no contexto de Cineuropa pretende, así mesmo, ser un recoñecemento expreso á figura deste relevante persoeiro da cinematografía galega, enxalzar a súa figura e poñer de manifesto o seu labor en prol do cine en Galicia.

A Secretaría Xeral de Comunicación, consciente da relevancia que mostras como Cineuropa posúen para o sector audiovisual xa que incentivan a profesionalidade e melloran o coñecemento das producións audiovisuais, decidiu colaborar co Consorcio da Cidade de Santiago na posta en marcha desta sección e do galardón do mesmo nome posto que a este departamento do Goberno galego a quen lle compete a promoción do patrimonio audiovisual de Galicia.

R., 2006-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES