Noticias

Presentado el programa de actividades: Outono Cortázar

Incluye una muestra fotográfica y audiovisual, además de diversas iniciativas que conforman la gran oferta cultural del otoño.

La Secretaría Xeral de Comunicación de la Xunta de Galicia presentó el programa de actividades del Outono Cortázar, una iniciativa que se confirma como la gran oferta cultural del otoño en Galicia.

Una muestra fotográfica gratuita que permanece abierta entre octubro y noviembre en el Colegio Fonseca de Santiago de Compostela forma parte del programa de actuaciones que la Xunta organiza para potenciar y poner en valor el legado de Cortázar sobre el que también se programan unas jornadas dedicadas a su obra y un ciclo de cine con sus filmaciones.

La Xunta destaca que los fondos donados a Galicia son prácticamente los únicos documentos del archivo del escritor que se conservan en Europa junto a su biblioteca personal depositada en la Fundación Juan March en Madrid.

Nota remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, destacou que o conxunto de actividades que se van levar a cabo desde a Xunta para promocionar o legado de Julio Cortázar “farán de Galicia o centro da Galaxia Cortázar neste outono”. Trátase -segundo explicou Salgado- dunha iniciativa que intentará explorar o universo Cortázar durante os próximos meses de setembro e outubro a través da súa obra, as súas viaxes, as súas cartas e tamén as súas incursións nos eidos da fotografía e o cine.

O segundo dos obxectivos que se perseguen coa posta en marcha do Outono Cortázar consiste en pór en valor a súa obra en resposta ao compromiso contraído polo propio presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, coa viúva do escritor.

O secretario xeral de Comunicación fixo fincapé na relación que une a Cortázar con Galicia, definíndoa como “un cordón umbilical” que vincula ao escritor coa comunidade. Salgado deu conta desta “intensa relación” citando a algunhas das persoas que mantiñan contacto con el, como o editor Francisco Porrúa ou Luis Seoane, entre outros.

Tal e como explicou Salgado, as actividades que recolle o Outono Cortázar son fundamentalmente tres: a exposición fotográfica: O arquivo fotográfico de Julio Cortazar; unha mostra de cine baixo o título Modelo para armar: Julio Cortázar e o cine; e un ciclo de encontros sobre a figura do escritor: Encontros ao redor de Julio Cortázar: a viaxe infinita.

O fondo que Aurora Bernárdez donou a Galicia -e que xa está depositado no CGAI- está integrado por un arquivo fotográfico que inclúe preto de 4.000 tomas, entre copias e negativos, así como por grabacións en super 8 de mediados dos anos sesenta. O fondo gráfico está integrado por filmacións realizadas polo propio Cortázar nas súas viaxes por Brasil, a India e Uganda –catro rollos en súper 8, en total unhas dúas horas- ademais de varias curtametraxes en 8 milímetros que, sen perder o seu carácter documental, amosan certa intención creativa e supoñen tamén un paseo pola literatura do autor de Rayuela.

Aurora Bernárdez viúva de Cortázar, decidiu donar o fondo fotográfico e cinematográfico do escritor arxentino a Galicia. O presidente da Xunta foi o encargado de recibir o legado nunha entrevista mantida con Aurora na súa casa de París o 10 de decembro do pasado ano

O fondo fotográfico que se presentará na exposición, arredor de 4.000 fotografías, está integrado tanto por retratos realizados polo propio Cortázar con intención artística como por outros de orixe diversa pero sempre relacionados co seu contexto literario, político e biográfico. Trátase do “albúm persoal” do escritor. O presidente da Xunta será o encargado de inaugurar a exposición o vindeiro xoves no Pazo de Fonseca.

Todas as imaxes recollidas na mostra que se presenta o xoves, inéditas na súa maioría, conforman unha auténtica fotobiografía de Julio Cortázar xa que abranguen desde os seus primeiros anos de vida nas aforas de Buenos Aires e en Bánfiel ata a súa derradeira etapa en París, pasando polo seu primeiro traballo de profesor e polas innumerables viaxes e estancias en diversos países e o seu encontro con personalidades como Luis Buñuel, Carlos Fuentes, Mario Vargas Llosa, Gabriel García Márquez, Octavio Paz ou Ernesto Cardenal.

O fondo inclúe as fotografías de Prosa del Observatorio, realizadas a dúas mans co fotógrafo Antonio Gálvez a partir dos negativos do propio Cortázar tomados na súa viaxe á India; os orixinais das series Muñeca Rota e Los autonautas de la cosmopista, ademais de fotografías e retratos inéditos.

Nel tamén se atopan algunhas fotografías de Julio Cortázar e de Aurora Bernárdez en Lourido (Poio, Pontevedra), realizadas durante a viaxe que o escritor e a súa muller fixeron a Galicia en 1957.

Tal e como explicou a comisaria da mostra, Rocío Santa Cruz, a exposición desenvolverase en dous espazos diferenciados, as dúas salas de Fonseca e a Igrexa da Universidade. En Fonseca exporanse fotografías que realizan o percorrido cronolóxico de Cortázar, así como unha recompilación de numerosos material como cartas ou libros do autor. A mostra complétase con material cedido para a ocasión pola Fundación Juan March e a Fundación Luis Seoane.

A Igrexa da Universidade reservarase para a exposición de grandes paneis sobre a creación de Cortázar e incluirá a súa inmersión no cine a través de pantallas nas que se proxectará unha parte do seu traballo como cineasta.

A exposición permanecerá aberta ao público durante os meses de outubro a novembro no Colexio de Fonseca. Esta será de balde e estará aberta ao público de martes a sábado entre as once e as dúas da tarde, e desde as cinco ás oito e media. Os domingos estará aberta de once a dúas.

Ademais da exposición fotográfica, o Outono Cortázar complétase cun ciclo de cine que se proxectará no CGAI, na Coruña, así como nas Fundacións Caixa Galicia de Santiago e Vigo. Segundo explicou o director do CGAI, Xaime Pena, a mostra incluirá adaptacións dos relatos de Cortázar, documentais sobre episodios da súa vida e viaxes, así como filmes inspirados na súa obra de diferentes autores. Preténdese segundo indicou Xaime Pena, “achegarnos aos que se achegaron a el e a el mesmo”.

A terceira das accións presentadas no Outono Cortázar comprende a realización dunha serie de coloquios que achegarán a Galicia a consagrados personaxes do mundo da cultura.

A importancia deste fondo acrecéntase se se ten en conta que os manuscritos, a correspondencia e a documentación que conformaban o núcleo do arquivo de Julio Cortázar pertencen na actualidade á biblioteca da universidade norteamericana de Princeton. Xa que logo, os fondos donados a Galicia son practicamente os únicos documentos do arquivo do escritor que se conservan en Europa, xunto coa súa biblioteca persoal –ao redor de 4.000 volumes– depositada na Fundación Juan March, en Madrid. Galica pasa a constituírse así como “un dos tres focos Cortázar do mundo”, tal e como indicou o secretario xeral de Comunicación.

Por último, a xerente da Fundación Caixa Galicia, Teresa Porto, definiu os actos do Outono Cortázar como “a grande oferta cultural de Galicia deste outono”. Ademais anunciou que a exposición terá un carácter itinerante e que, tras presentarse en Compostela, está previsto que se leve aos centros da Fundación.

Por último, o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, indicou que a Xunta traballa en novas actuacións para difundir o legado do escritor, entre as que se atopan a recreación virtual da exposición, a presentación da mostra fotográfica en París, na Casa de Latinoamérica, ou o contacto cos Institutos Cervantes para que poidan recoller a mostra nas súas sedes nun futuro. Ademais, Fernández Iglesias explicou que se traballa na edición dun libro/manual no que se recollan os contidos das xornadas que se desenvolverán ata novembro.

Ademais da Secretaría Xeral de Comunicación, neste proxecto colaboran o Centro Galego de Artes da Imaxe, a Universidade de Santiago, a Fundación Caixa Galicia e o Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona.





R., 2006-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (turismo-hotel-cama.jpg) A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turísticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5 % en demanda turística e do 7,5 % en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1 % e no 3,3 %, respectivamente. Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5 M€, un 4,3 % máis que nos seis primeiros meses de 2024.
Foto de la tercera plana (lavuelta-2025.jpg) Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O día 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o día 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O día 10 de setembro, ‘La Vuelta’ despídese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.

Notas

O grupo 'Virus and Cancer' do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas logrou identificar un novo mecanismo de regulación da proteína p14ARF, un factor chave na supresión tumoral. O achado, publicado na revista Cell Death and Disease, podería ter importantes implicacións no tratamento do cancro, ao contribuír a entender os procesos que regulan o crecemento tumoral e potenciar o efecto dun novo fármaco.
A integración do proxecto CORTIS (Camera Observation & Radiation Test in Space), da asociación de estudantes UVigo SpaceLab, no vehículo de transferencia orbital OSSIE da empresa galega UARX Space xa é unha realidade. A carga útil, que permitirá ao alumnado comparar os resultados de cámaras e sensores de radiación que se implementarán no cubesat BIXO, integrouse no primeiro vehículo de transferencia orbital desenvolvido en España.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES