
Tras más de diez días de intensos incendios en Galicia, comienzan las valoraciones sobre los efectos devastadores de los fuegos y se anuncian programas específicos de actuación. El presidente de la Xunta de Galicia inicia en Rianxo una rueda de conversaciones con alcaldes de los municipios afectados por los incendios.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou que o Goberno galego aborda unha nova etapa na xestión da crise motivada polos incendios que asolaron Galicia os últimos días, centrada na avaliación dos danos e no establecemento de medidas de actuación. Neste sentido, anunciou que de inmediato se porá en contacto coa Federación Galega de Municipios e Provincias de cara a unha reunión ampla cos alcaldes dos concellos afectados que se celebrará o vindeiro venres.
Emilio Pérez Touriño destacou que o programa de traballo previsto pola Xunta de Galicia inclúe reunións cos rexedores de todos os concellos afectados, para abordar con precisión a estimación de danos e as súas necesidades. O presidente subliñou que a crise está xa superada e que agora trátase de empezar a traballar de maneira inmediata in situ para tomar as primeiras mostras de avaliación do impacto da situación. Puntualizou, sen embargo, que o Goberno galego non vai baixar a garda, e que os amplos recursos despregados seguirán alerta tanto no que se refire á propia loita contra os lumes como ao respecto da investigación sobre a súa autoría.
Os danos son sen dúbida moi importantes, destacou, tanto no ámbito económico, como paisaxístico e territorial. Non obstante, avanzou a súa intención de estar mañá en condicións de poder ofrecer unha cuantificación rigorosa das hectáreas afectadas polo lume. Pérez Touriño destacou que é o momento de facer autocrítica e de superar limitacións. Explicou que este traballo implicará abordar unha multiplicidade de factores, porque haberá que traballar en distintas frontes, coma son a mellora dos dispositivos de extinción, as normativas existentes, as políticas forestais e as políticas urbanísticas, enumerou.
Por outra banda, o presidente quixo de novo lanzar unha mensaxe de recoñecemento aos alcaldes, veciños, equipos de extinción e persoal doutras administracións implicados nestes días na loita contra os incendios en Galicia.
O presidente da Xunta de Galicia compareceu ante os medios tras facer un percorrido en helicóptero co conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, para ver a superficie queimada na provincia da Coruña. Tras sobrevoar 16 concellos, aterraron en Rianxo, onde mantiveron unha reunión cos alcaldes de A Pobra, Porto do Son, Boiro, Rois, Ribeira Lousame e Rianxo.
Durante a súa estadía no municipio de Rianxo, o xefe do Executivo galego mailo conselleiro estiveron no lugar de Ourille, onde os veciños tiveron ocasión de trasladarlles o seu malestar pola situación que sufriron os últimos días, así coma o seu interese en que se abordasen de inmediato tarefas de reforestación.
Posteriormente marcharon de novo en helicóptero para comprobar o estado das áreas queimadas en Pontevedra e Ourense. En total, sobrevoaron hoxe 28 concellos de Galicia.
Na comparecencia ante os medios, o conselleiro do Medio Rural salientou tamén que a crise está superada. Indicou tamén que esta situación de normalidade non significa que haxa que baixar a garda. Subliñou así mesmo que é o tempo para elaborar políticas para que non volva a pasar.
Suárez Canal destacou que durante estes días o operativo de loita contra o lume tivo que defender máis de 500 pobos ameazados, 1.000 se falamos de casas desagrupadas.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.