Noticias

Los trabajadores gallegos optarán a cursos de formación financiados con más de 2 millones de euros

Mejorar la cualificación profesional de los trabajadores es el principal objetivo.

La Consellería de Traballo de la Xunta de Galicia dedica 2.725.000 euros a mejorar la cualificación profesional de los trabajadores en activo a través de la convocatoria del Fondo Social Europeo que ha incrementado en 1.115.000 euros el presupuesto destinado a las acciones formativas de 2006.

El objetivo es regular las acciones formativas destinadas a mejorar la capacitación laboral que los trabajadores gallegos puedan precisar a lo largo de su vida en activo y ofrecer los conocimientos y prácticas adecuados a las necesidades de las empresas. Pueden optar a los cursos de formación todos los trabajadores ocupados en pequeñas y medianas empresas, los socios trabajadores de las cooperativas y los autónomos.

Nota remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Traballo de la Xunta de Galicia:

Co obxectivo de mellorar a formación e cualificación profesional dos traballadores, a Consellería de Traballo destina unha partida orzamentaria de 2.727.107 euros para o desenvolvemento dunha serie de accións formativas, convocadas a través do Fondo Social Europeo (FSE) e dirixidas aos traballadores ocupados. Así, o departamento que dirixe Ricardo Varela incrementou en máis de 1.115.000 euros o presuposto destinado á posta en marcha de actividades formativas, xa que no 2005, investiuse arredor de 1.610.000 euros para desenvolver un total de 467 cursos formativos dos que se beneficiaron máis de 8.000 traballadores.

A formación profesional do FSE para ocupados é un instrumento esencial para garantir a formación ao longo da vida laboral. A súa finalidade é proporcionarlles aos traballadores ocupados a formación que poidan necesitar ao longo da súa vida laboral, co fin de que obteñan os coñecementos e prácticas adecuado aos requerimentos que en cada momento precisen as empresas, e permitan compatibilizar a súa maior concorrencia coa mellora capacitación profesional e promoción individual do traballador.

Así, a través dunha orde, establecese o regulamento das accións formativas dirixidas a traballadores ocupados referidas ás especialidades formativas incluídas no Catálogo Nacional de Especialidades Formativas de Formación Profesional Ocupacional, así como de accións formativas que poidan considerarse de carácter experimental, subvencionadas todas elas pola Xunta de Galicia e cofinanciadas pola Unión Europea.

O departamento que dirixe Ricardo Varela é consciente de que a aprendizaxe permanente é un elemento esencial na sociedade do coñecemento, de aí que se inclúan nas empresas as ensinanzas orientadas á formación continua que permitan a adquisición permanente das competencias profesionais.

Así, nesta orde regúlanse, por unha banda as accións referidas ás especialidades formativas incluídas no Catálogo Nacional de Especialidade Formativas de Formación Profesional Ocupacional e, por outra banda, cursos formativos que poidan considerarse de carácter estratéxico e/ou de carácter experimental que permitan aos beneficiarios adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes necesarias ante a incorporación de tecnoloxías avanzadas, especialmente as derivadas da sociedade da información nos seus posto de traballo; afrontar con éxito a reconversión o seu posto de traballo así como, ampliar as súas posibilidades e promoción empresarial.

Terán prioridade como destinatarios destas accións formativas os traballadores ocupados nas pequenas e medianas empresas, os socios traballadores das entidades de economía social, así como os autónomos, residentes todos eles en Galicia. De igual modo terán prioridade para participar como alumnos, os maiores de 45 anos en sectores no que se introduzan novas tecnoloxías, traballadores con dificultades para o acceso á formación, os traballadores das pemes e os desfavorecidos, entendendo como tales os menores de 25 anos cun primeiro contrato de seis meses ou inferior, discapacitados en grao superior ao 33%, reingresados ao mercado de traballo tras un período de interrupción da súa vida laboral superior a tres anos ou un período ininterrompido superior a doce meses, maiores de 45 anos con niveis de formación inferiores a bacherelato e mulleres con independencia do sector produtivo no que se atopen encadradas.

A entidade adxudicataria será a encargada de realizar a selección de alumnos a través de convocatoria pública, que deberá publicarse como mínimo nun dos xornais de maior tiraxe da comunidade autónoma. Naquelas accións formativas nas que, a pesar de que se intentase completar o número de alumnos, o número de participantes diminúa ata unha cantidade inferior ao 50% do número programado, estas poderán ser canceladas por Traballo.

Todas as accións formativas incluídas nestes programas serán obxecto de subvención para compensar os custos derivados da súa execución, sempre que se trate de gastos elixibles e que se xustifiquen. Nas accións formativas dirixidas especificamente a alumnos discapacitados incrementarase o importe total da acción formativa nun 35% co obxectivo de financiar o persoal de apoio e a adaptación curricular ou do material didáctico que sexa necesario para garantir a adquisición de competencias por parte destes alumnos. En ningún caso, o cobramento destas axudas será incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública da mesma natureza e para a mesma acción.

Coa posta en marcha destas actuacións trabállase na liña fixada no Acordo Galego de Formación Profesional Continua no que se establece como un obxectivo principal a mellora da competencia profesional e a actualización dos coñecementos e capacidades dos traballadores e traballadoras, segundo as necesidades de evolución do seu emprego como consecuencia dos cambios tecnolóxicos e organizativos dos procesos de producción.

R. , 2006-08-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (estacions-ano-cdc.jpg) A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Foto de la tercera plana (infancia_2.jpg) Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.

Notas

Ducias de persoas participaron nas actividades do Vendaval, Mostra de Cinema Portugués na Ribeira Sacra, que entre o 25 e o 30 de agosto levou proxeccións, concertos, conversas e encontros con cineastas a diferentes espazos da comarca. Unha proposta cultural diferente, de balde e vinculada ao territorio que volverá durante o outono e a primavera con dous novos pases e novas propostas cinematográficas.
A USC vén de reafirmar a súa aposta en prol da administración dixital e de que parte dos seus servizos poidan ser prestados de xeito eficaz por medios telemáticos, coa renovación (2026-2028) do Certificado de conformidade co Esquema Nacional de Seguridade no seu nivel medio. Isto é froito do traballo conxunto da Secretaría Xeral, a unidade de Seguridade da Información que coordinou o proceso, a Área TIC, e o Comité de Seguridade da Información.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES