Noticias

Las asociaciones de comerciantes de Galicia recibirán 2'8 millones de euros para la financiación de centros comerciales abiertos

También se pretenden impulsar proyectos de refuerzo al comercio tradicional.

La Xunta de Galicia, a través de la Consellería de Innovación e Industria, financia con 2'8 millones de euros un total de 65 proyectos destinados a potenciar los centros comerciales abiertos de Galicia, así como los ejes comerciales de las localidades cabeceras de comarca, según los objetivos fijados en el Plan de Renovación y Mejora del Comercio Gallego.

Nota remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

A Consellaría de Innovación e Industria vén de resolver as axudas –reguladas pola orde de 26 de abril de 2006– destinadas ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para actuacións de desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos de Galicia e dos eixes comerciais das vilas e cabeceiras de bisbarra, de acordo cos obxectivos fixados no Plano de Renovación e Mellora do Comercio Galego.

En total, dos 65 proxectos subvencionados con cargo a esta orde, 33 teñen como obxectivo a implantación e desenvolvemento de centros comerciais abertos, a través da creación e potenciación de unidades xerenciais, sinalización comercial (bandeirolas, placas identificativas, monolitos, directorios, etc.), desenvolvemento de sistemas de fidelizacion de clientes (catálogos comerciais, merchandaising, envío a domicilio, aparcamento gratuíto, elementos de aplicación de marca) actividades formativas e campañas de promoción, publicidade e animación comercial.

Este ano o apoio deste departamento autonómico cífrase en 2’8 millóns de euros (500.000 euros máis que no ano anterior) para 65 proxectos que xenaran un investimento total de 5.088.187 euros, con un porcentaxe medio de subvención do 50% do investimento. Poténcianse especialmente as actuacións na vilas e cabeceiras de comarca de menos de 20.000 habitantes nas cales o porcentaxe de subvención incrementouse nun 10% adicional, acadando ata o 60% do investimento aprobado.

Con 21 e 33 proxectos respectivamente, as provincias da Coruña e Pontevedra foron as que presentaron máis solicitudes a esta orde; non obstante, se nos cinguimos ao pulo ós centros comerciais abertos, Pontevedra é a provincia na cal se desenvolven mais iniciativas desta nova fórmula comercial.

Na provincia da Coruña, as axudas destínanse á implantación e desenvolvemento de centros comerciais abertos en Ribeira, Boiro, Ferrol, Noia, Carballo, dous en Santiago de Compostela (Zona Monumental e Zona Ensanche) e dous na Coruña (Obelisco e rúa de Barcelona).

Catro centros comerciais abertos en Vigo (Zona Príncipe, Zona Centro e Casco Vello e no Barrio do Calvario), outro na Zona Monumental de Pontevedra, así como nas localidades de Tui, Pontevedra, O Grove, A Estrada, Cangas-Bueu, Cambados, A Guarda,Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, O Porriño e Redondela recibirán tamén para a súa implantación e consolidación subvencións da Consellería de Innovación.

Innovación colaborará igualmente na provincia de Lugo con agrupacións de comerciantes de Ribadeo, Monforte de Lemos, Lugo, Sarria, Chantada e Viveiro. Finalmente Ourense e o Barco de Valdeorras terán cofinanciamento para o desenvolvemento de sendas iniciativas de Centro Comercial Aberto.

Estes proxectos confirman que o sector comercial ten asumido que o centro comercial aberto –que basicamente é unha nova forma de organización– contribúe a garanti-lo futuro do pequeno comercio, así como a dar resposta á demanda dos consumidores e afrontar cunha alta probabilidade de éxito a competencia doutras fórmulas comerciais. O xurdimento destas últimas (especialmente dos hipermercados, ubicados polo xeral na periferia dos núcleos urbáns) potenciou hábitos de compra de fin de semana e o abandono das cidades, o que está a provoca-la continua regresión e desvitalización dos centros tradicionais das urbes. Como consecuencia, estase a resenti-lo tecido comercial dos cascos urbanos, considerado un sector estratéxico de suma importancia. A figura do Centro Comercial Aberto aproveita o papel cohesionador do pequeno comercio e redunda en actuacións de urbanismo comercial, contribúe a loitar contra o despoboamento dos centros históricos e contribúe a facer cidade.

No tocante ao pulo de outros proxectos que buscan a dinamización das concentracións ou eixes comerciais que non responden ao modelo Centro Comercial Aberto pero que non obstante promoven actuacións de interese comercial –constituíndo unha forma de centralidade comercial, prestando un servizo en canto á diversificación da oferta e á satisfacción das necesidades cotiás da poboación residente nas vilas, cabeceiras de bisbarra, zonas urbanas comerciais, centros comerciais de barrio e outros espazos de interese comercial–, destacan os proxectos que se están desenvolvendo na provincia da Coruña, na Torre de Hércules e no Barrio dos Mallos, na Coruña cidade, así como as actuacións rexistradas nas vilas de Poboa do Caramiñal, Muros, Padrón, Rois, Dodro, Melide, Rianxo e Negreira, e na localidade de Sigüeiro, no concello de Oroso. En Pontevedra destacan as actuacións de dinamización comercial a desenvolver en Baiona, Moaña, Ponteareas, Gondomar, e Oia entre outros. Por último, destacar na provincia de Lugo as actuacións en Vilalba, Monterroso e Paradela.

Esta liña específica de axudas atende tamén ao papel preponderante que viñan desempeñando os mercados municipais, na actualidade relegados a un segundo plano en moitos concellos, aínda que se aprecia un importante esforzo dos comerciantes por recupera-lo seu papel como centro de dinamización comercial do pobo. Así sucede, por exemplo, coas prazas de abastos do Grove e Caldas de Reis e os mercados de Travesas, Berbés, Calvario, e Teis, no Concello de Vigo.

R., 2006-07-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES