Noticias

Xosé Neira Vilas y Edicións Xerais presentan en la Feria del Libro de A Coruña la obra Vinte anos retornando

Se trata de la primera entrega de las memorias del escritor gallego.

El escritor Xosé Neira Vilas presenta en la Feria del Libro de A Coruña su obra Vinte anos retornando, la primera entrega de sus memorias. Acompañado del director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado, el escritor también da a conocer en este libro la experiencia de los doce viajes que realizó junto a su compañera Anisia Miranda entre 1972 y 1992, hasta que deciden restablecerse definitivamente en Galicia tras su emigración americana.

Nota de prensa remitida por Edicións Xerais de Galicia:

O escritor Xosé Neira Vilas presenta o 1 de agosto, ás 19:00 horas na Feira do Libro da Coruña, “Vinte anos retornando”, a
primeira entrega das súas memorias. No acto está acompañado por
Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia. A partir das 18:30, Neira Vilas asina exemplares das súas obras na caseta de Secretaría.

Xosé Neira Vilasmemorializa neste libro a experiencia das doce viaxes que realizou coa súa compañeira Anisia Miranda dende 1972 ata 1992, cando, despois de corenta e tres anos na emigración americana, deciden radicarse definitivamente en Galicia.

Xosé Neira Vilas memorializa neste libro a experiencia das doce viaxes que realizou coa súa compañeira Anisia Miranda dende 1972 ata 1992, cando, despois de corenta e tres anos na emigración americana, deciden radicarse definitivamente en Galicia. Nestas memorias da súa condición de “emigrante retornado” con billete de ida e volta, o escritor de Gres reconstrúe con prosa brillante e minuciosa tanto a peripecia vital daqueles días, os emocionantes reencontros con familiares amigos, así como a súa documentada interpretación dos acontecementos políticos e culturais dun período coincidente coa chamada Transición.

Unha crónica apaixonante dun amor compartido e compatible entre Cuba e Galicia, as súas dúas patrias. A primeira entrega memorialística dunha das grandes figuras da cultura galega contemporánea.

Xosé Neira Vilas(Gres, Val do Ulla, 1928), escritor e membro da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e un dos autores clásicos vivos da literatura galega. Dende que en 1961 publicou Memorias dun neno labrego, pasou grande parte da súa vida fóra de Galicia: nos anos cincuenta en Buenos Aires, vencellado ás actividades culturais e patrióticas promovidas polos exilados republicanos; dende 1961 a finais dos oitenta, en Cuba, onde fundou e dirixiu a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, e onde traballou como redactor xefe da revista infantil Zunzún. Na actualidade, reside na casa natal de Gres, convertida en sede da fundación que leva o seu nome. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: Xente no rodicio (1965), Camiño bretemoso (1967), Historias de emigrantes (1968), A muller de ferro (1969), Remuíño de sombras (1973), Aqueles anos do Moncho (1977, Xerais 1989), Querido Tomás (1981), Tempo novo (1987), Papeis (1992), O home de pau (Xerais 1999) e Relatos mariñeiros (Xerais 2003); a narrativa infantil: Cartas a Lelo (1971), De cando o Suso foi carteiro (1988), Chegan forasteiros(1993); a poesía: con títulos como Inquedo latexar (1969) ou Poesía recadada (1994); as lembranzas: Lar(1974), Nai (1980), Pan (1986); e outros textos de investigación ou testemuña como a serie Memoria da emigración (tres volumes, dos anos 90), Crónicas Galegas de América (tres volumes, 2000-2002), O sarillo do tempo (Xerais 2004) e Xentes e camiños (Xerais 2005). É coautor xunto coa súa dona, Anisia Miranda, do poemario para nenos Cantarolas (Xerais 1995). Unha selección dos seus relatos, publicados entre 1965 e 1986, foi recollida no volume Contos de tres mundos (Xerais, 1995). Vinte anos retornando (Xerais 2006) é a súa primeira entrega memorialística.

R., 2006-07-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES