Noticias

El gallego Óscar Pereiro, subcampeón del Tour de Francia 2006

Recibe varios homenajes por su excelente clasificación en la prueba reina del ciclismo mundial.

El gallego Óscar Pereiro se proclamó subcampeón del Tour de Francia 2006, quedando sólo a 57 segundos del vencedor, el americano Floyd Landis, que toma el relevo del también americano Lance Armstrong. Considerado como una de las revelaciones de la carrera que estuvo a punto de ganar, Óscar Pereiro lució la camiseta de líder durante cinco jornadas.

El corredor natural de Mos (Pontevedra), que subió al podio final del Tour de Francia acompañado de su bebé, es el decimotercer corredor español que hace podio en esta carrera. Al margen de los primeros puestos conseguidos por Federico Martín Bahamontes (1959), Luis Ocaña (1973), Pedro Delgado (1988)y Miguel Induráin (entre 1991 y 1995), el gallego participa de la historia del Tour sumándose al grupo de españoles subcampeones del que también participan Bahamontes (1963), Julio Jiménez (1967), Ángel Arroyo (1983), Pedro Delgado (1987) y Beloki (2002).

Pereiro es protagonista de varios homenajes en Galicia por su excelente clasificación en la prueba reina del ciclismo mundial y ya recibió varias felicitaciones institucionales como la del vicepresidente de la Xunta de Galicia o la del director xeral para el Deporte de la Xunta que se desplazó a París para acompañar a Pereiro en la última etapa del Tour.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Vicepresidencia de la Xunta de Galicia:

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, felicitou de novo por sms a Óscar Pereiro, logo do remate da decimonovena etapa do Tour de Francia, na que o ciclista pontevedrés acadou unha meritoria segunda praza na clasificación xeral. “Es o mellor. Galiza ten unha débeda contigo. O Tour do ano que vén é teu. Viva Galiza”, foron as palabras que escolleu Anxo Quintana para transmitirlle a Pereiro o seu sentimento de ledicia e orgullo pola súa excelente actuación no Tour deste ano.

Para Quintana, un segundo posto na clasificación xeral do Tour de Francia é un fito histórico para o ciclismo galego e, en xeral, para todo o deporte de Galiza. Por isto, o vicepresidente recoñece que, desde hoxe, Galiza ten unha gran débeda co ciclista pontevedrés Óscar Pereiro. Anxo Quintana considera que Pereiro levou con orgullo a súa condición de galego por todo o mundo e deu a coñecer ao país galego a todos os niveis coa súa brillante actuación no Tour. Por isto, o ciclista merece o recoñecemento e o respecto de toda Galiza.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, desprazouse ata París para asistir en directo á chegada da última etapa do Tour de Francia aos Campos Elíseos. Ao pé da meta Quintana recibiu ao ciclista galego Óscar Pereiro e foi o primeiro en felicitalo pola súa actuación no Tour, que lle valeu a segunda praza na clasificación xeral, e darlle as grazas “en nome de toda Galiza”. Pola súa banda, o deportista agradeceulle a Quintana todo o apoio recibido nestes días e afirmou sentirse “moi contento, agradecido e un pouco cansado”.

A presenza de Anxo Quintana no Tour de Francia vén a poñer de manifestou o seu apoio ao deporte galego e a todos os deportistas que contribúen a agrandar cada día o nome de Galiza. Quintana destacou a importancia desta segunda posición de Pereiro para todo o deporte galego e afirmou que, grazas ao traballo do deportista de Mos, Galiza “gañou o Tour de Francia porque estivo presente na carreira e na voz de milleiros de europeos”.

En declaracións aos medios de comunicación, o vicepresidente da Xunta manifestou o seu orgullo pola actuación de Óscar Pereiro no Tour de Francia 2006 e apuntou que “os amantes do deporte temos que estar moi contentos porque este ano viuse ciclismo de verdade, foi o Tour do deporte con maiúsculas” o que, a xuízo de Quintana, aínda lle dá máis mérito ao traballo de Pereiro.

O vicepresidente da Xunta salientou o importante exemplo que está a dar Óscar Pereiro, tanto como deportista como persoa. Así, confesou que lle gustaría que todos os nenos e nenas quixeran ser como Pereiro, o que serviría para que os máis novos foran grandes persoas e tamén para que se achegaran máis ao deporte e ao ciclismo. “Estou seguro de que o exemplo de Pereiro vai prender na xuventude, porque a xente nova puido comprobar que se pode ser galego e deportista e ademais facer exhibición e orgullo das dúas cousas, como o fixo Óscar Pereiro”, aseverou Quintana.

Para Anxo Quintana, Pereiro fixo unha grande contribución a esa autoestima que en Galiza “fai tanta falla” e, á vez, comportouse como un “gran campión”. O vicepresidente amosouse moi orgulloso pola categoría persoal e profesional de Pereiro.“¡Hai que ver cómo fala cando fala!, pero á vez é un gran deportista porque sabe recoñecer os méritos dos demais”.

Quintana recoñeceu tamén que Galiza ten unha débeda con Óscar Pereiro porque grazas ao seu labor Galiza estivo “na boca de todos, e por algo bo”. Neste senso, Anxo Quintana manifestou o seu convencemento de que toda Galiza está hoxe con Pereiro, “co que significa e co renacer deste deporte”. “Dende logo estamos de noraboa”, concluiu.

NoticiaO vicepresidente afirmou que esta é a primeira vez que ten a oportunidade de disfrutar do Tour en directo e recoñeceu que así o fai porque “a ocasión o merece”. En resposta a preguntas dos xornalistas asegurou que “como norma” haberá que reservar hotel para os próximos anos en París, xa que “temos Óscar Pereiro para rato, con podio e con vitorias”.

Anxo Quintana lembrou tamén a recente creación do equipo provisional de ciclismo de Galiza e manifestou a súa satisfacción porque o nacemento deste grupo coincida no mesmo ano co “renacer do ciclismo de verdade e coa vitoria de Óscar Pereiro”. “Parece que acertamos no momento de facelo”, apuntou.

No tocante á posibilidade de fichar a Óscar Pereiro para este equipo de ciclismo de Galiza, Quintana asegurou que o Goberno galego fará “todo o posible”. Aínda así, foi realista coa situación e recoñeceu que “el ten que mirar polo seu futuro profesional”. Pero para Quintana “alí onde estea Pereiro estará o equipo de Galiza”. Neste senso, lembrou que o gañador do Tour de Francia, o norteamericano Floyd Landis, conta cun equipo formado por galegos, o que pon de manifesto o potencial de Galiza neste deporte.


Nota remitida por el Gabinete de Prensa de la Xunta de Galicia:

O titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño trasladou a Óscar Pereiro os parabéns e as felicidades de “Galicia enteira” pola súa magnífica actuación no Tour de Francia. “Fixéchesnos vibrar, recuperar a paixón e sentir a nobreza do deporte”, dixo Touriño a Pereiro durante o acto de homenaxe que o concello de Mos ofreceu ao ciclista.

O presidente galego cualificou a Pereiro de modelo para a mocidade e para “a nosa xente”. Segundo Touriño, Óscar Pereiro é un exemplo de saber facer, de “sacrificio e sufrimento” e de conseguir o éxito baseándose na “confianza da súas propias forzas”. Esto é así porque, tal e como dixo Touriño, Pereiro foi capaz de realizar esta xesta co seu traballo e esforzo, o que o honra especialmente, sobre todo, tendo en conta que “hai a penas dous ou tres meses o ciclismo estaba en perigo de morte”.

A nobreza de Pereiro exemplificase ademais- segundo Touriño- no feito de que o primeiro que fixo unha vez que sabía a súa posición foi felicitar ao campión, ao americano Landis. Por iso para todos os galegos Pereiro é un gañador. “Eres o gañador, eres o triunfador desta gran proba para todos nós”, dixo Touriño a Pereiro ante o numeroso público que abarrotaba a praza do concello de Mos.

Tamén a alcaldesa da localidade, María Jesús Escudero, tivo palabras de homenaxe para o máis “ilustre” dos seus conveciños. Por último, Pereiro tomou a palabra para agradecer a todos os mosenses e aos afeccionados que se deron cita na praza do concello, todo o apoio recibido nestes días, malia que afirmou que é hoxe cando comeza a ser consciente da grandeza do acadado.

O acto contou coa presenza do presidente da Xunta, a Corporación Municipal de Mos e a conselleira de Cultura, ademais do presidente da Deputación provincial. Logo do acto, Pereiro e Touriño desprazáronse á casa consistorial de Mos para asinar no Libro de Ouro do concello
.

R., 2006-07-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (20250704-ue.jpeg) EuroPCom, a Conferencia Europea de Comunicación Pública, é a maior reunión anual de expertos en comunicación pública de Europa organizada polo Comité Europeo das Rexións en colaboración coa Comisión Europea, o Parlamento Europeo, o Consello, o Banco Europeo de Investimentos, o Comité Económico e Social Europeo e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos. O evento ofrece unha plataforma para explorar as últimas tendencias, iniciativas e ideas no ámbito da comunicación pública. O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou nesta Conferencia organizada polo Comité Europeo das Rexións, e celebrada baixo o lema 'Máis alá das palabras. Unha historia de confianza'.
Foto de la tercera plana (rapa-bestas-sabucedo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a declaración de Ben de Interese Cultural da Rapa das Bestas de Sabucedo por considerar acreditado o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, ao tratarse dunha das festas máis antigas de Galicia que conta, como mínimo, con tres séculos de historia. Este recoñecemento supón a aplicación de inmediato do réxime de tutela da Lei de Patrimonio Cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección. Esta distinción, que se suma á de Festa de Interese Turístico Internacional acadada en 2007, chega tras o visto e prace a este decreto por parte do Consello da Xunta este pasado luns, 30 de xullo, e logo de completarse o expediente administrativo, no que constan os dous informes preceptivos dos órganos consultivos favorables.

Notas

Os días 24 e 25 de setembro terá lugar o I Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora (Aquaxi´25). A cita nace “co propósito de ofrecer un espazo de diálogo e difusión de resultados de investigación, promovendo o intercambio de coñecementos, a aprendizaxe compartida e a creación de redes de colaboración entre a nova xeración científica”. Aquaxi´25 celebrarase no edificio Politécnico do campus de Ourense e está organizado polo Campus Auga.
Galicia xa conta co seu 'retrato xenético' máis preciso ata a data, logo de que persoal investigador da USC e do Instituto de Investigación Sanitaria teña desenvolvido un estudo pioneiro de secuenciación completa do xenoma sobre unha mostra representativa da poboación galega. O traballo achega unha base fundamental para entender o diagnóstico xenético de enfermidades, o deseño de estratexias de medicina personalizada e o descubrimento de variantes xenéticas con relevancia clínica.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES