
El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, ha anunciado hoy que la Xunta trabaja en la reforma de la ley electoral gallega, que fijará que en el Parlamento no pueda haber más de un sesenta por ciento de representación de hombres o mujeres.
Touriño ha intervenido en la inauguración de la I Escuela de Mujeres Dirigentes en Santiago junto con el secretario general de UGT, Cándido Méndez, quién aseguró que la política de igualdad entre hombre y mujer debe ser respaldada «desde el entusiasmo y el convencimiento». El presidente gallego ha indicado que la paridad «es un logro irrenunciable de los demócratas», por lo que destacó que la importancia de la nueva ley electoral gallega.
Touriño ha incidido en el que Gobierno gallego trabaja también en estos momentos en la redacción de la nueva ley contra la violencia de género, que se presentará al Parlamento en el segundo semestre de este año, así como en la ley de inserción laboral de las mujeres. El presidente ha declarado que uno de los retos de su ejecutivo es lograr una Galicia que contribuya «a hacer de la equiparación entre hombres y mujeres el cambio más profundo de este siglo».
Cándido Méndez, por su parte, ha afirmado que la experiencia demuestra que «los avances se producen si hay voluntad política y compromiso». «Si no -agregó- esos avances tardan décadas y décadas en producirse. Por tanto, yo creo que tenemos que seguir en este camino desde el convencimiento que tiene UGT, porque estamos hablando de democracia y de igualdad». Recordó que con esta primera reunión de Santiago se pretende intercambiar experiencias y analizar los resultados, que, a su juicio, «son globalmente positivos». «La reunión tiene el cometido y el objetivo de que decididamente ejerzáis la capacidad de liderazgo», apuntó Méndez, quien señaló que «los sindicatos son necesarios para las mujeres, pero las mujeres son fundamentales para los sindicatos».
En la escuela, organizada por UGT, participan ciento cincuenta mujeres de todo el estado que ocupan puestos relevantes en el ámbito político, sindical y universitario.
Nota de prensa remitida por la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, anunciou que traballará para lograr que a reforma da lei electoral galega recolla a obrigatoriedade de todos os partidos políticos que se presenten ás eleccións ao Parlamento de Galicia a elaborar listas con presenza equilibrada de homes e mulleres. Pérez Touriño fixo esta afirmación no transcurso da súa intervención na inauguración da I Escola de Mulleres Dirixentes. Formación de Líderes no ámbito sindical, que o sindicato UGT está a celebrar hoxe no Pazo de Congresos en Santiago de Compostela.
Tras as intervencións da secretaria confederal de UGT para a Igualdade, Almudena Fontencha, e do secretario xeral do sindicato, Cándido Méndez, o presidente galego pechou a sesión inaugural cun discurso no que espuxo a súa visión das necesarias medidas en favor da igualdade que se deben adoptar dende as administracións. Neste sentido, adiantou a súa postura ao respecto da futura lei electoral galega, que ao seu ver debe impor que os partidos políticos presenten aos comicios listas nas que ningún sexo supere o 60% nin estea representado por debaixo do 40%.
Partindo de que as mulleres son a metade da poboación, son o 52% da sociedade, é necesario que a toma de decisións que afectan a toda a cidadanía se faga de xeito equilibrado, por igual entre homes e mulleres, argumentou o presidente. Considerou claro que a participación das mulleres en todos os eidos, políticos, sociais, económicos, académicos e culturais, constitúe un obxectivo pegado á consecución da igualdade. Son dous conceptos indivisibles, remarcou.
Pérez Touriño recoñece que no ámbito da igualdade tense avanzado moito, polo que empeza a haber mulleres en postos de liderado tanto no ámbito institucional como empresarial ou cultural. Non obstante, o presidente galego subliñou que este liderado é exercido con obstáculos, como a desigualdade salarial, como o mal reparto dos tempos, como coas diferentes manifestacións de segregación. Asemade, destacou que persiste esa barreira invisible, que impide que as mulleres accedan a moitos postos de responsabilidade só polo feito de ser mulleres.
Na súa intervención o presidente da Xunta de Galicia destacou que é a hora de atender a moitos retos pendentes, como o compromiso responsable de homes e mulleres de compartir a atención á familia, a universalidade do dereito ás prestacións básicas de servizos sociais como cuarto elemento do Estado de Benestar, e a penalización de calquera indicio de discriminación, especialmente no mundo laboral, puntualizou. Ademais, Pérez Touriño salientou que é tamén hora de deixar de tratar a maternidade como un asunto exclusivo das mulleres.
Por conseguinte, o máximo mandatario autonómico manifestou o seu convencemento da necesidade de acadar un novo contrato social. Indicou que este contrato ten que estar asinado por institucións, sindicatos, empresas, organizacións sociais e organizacións políticas.
Explicou que o novo contrato debe rachar parar sempre co modelo tradicional de convivencia persoal, social e laboral, así como co modelo organizativo que estivo imperando durante anos, rexido por un contrato oculto, non escrito e que beneficiou só a unha metade da poboación.
Segundo Pérez Touriño, este novo contrato ten que crear novas condicións para as mulleres, a través da creación de tres repartos básicos e irrenunciables: o reparto do emprego, o reparto das responsabilidades no ámbito privado, e o reparto de poder.
O presidente da Xunta explicou que este reto forma parte do obxectivo de facer unha Galicia forte, emprendedora e vangardista que quere situarse á cabeza de Europa no terreo da igualdade. Pérez Touriño considerouno un compromiso ineludible.
Por todo isto, teño claro a importancia da acción lexislativa, decisiva para transformar, e recordo que neste momento hai dúas importantes leis a piques de entrar no Parlamento de Galicia: a Lei Galega contra a Violencia de Xénero e a Lei Galega de Inserción Laboral das Mulleres, recordou.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.