Noticias

Santiago de Compostela acoge la IV Feria de las Artes Escénicas de Galicia entre el 13 y el 17 de junio

La obra Merda abre este espectáculo que también incluye la exhibición de las propuestas de compañías gallegas como Talía Teatro y Eme2-Ludd.

Santiago de Compostela acoge entre el 13 y el 17 de junio la IV Feria de las Artes Escénicas de Galicia en la que se incluyen representaciones de compañías gallegas como Talía Teatro y Eme2-Ludd. La representación de la obra Merda abre este evento en el que están acreditados 150 agentes y programadores culturales, y en el que se participan 27 compañías de teatro y danza.

Nota de prensa del Igaem:

A Sala Yago, co seu espectáculo Merda, é a encargada de inaugurar a XIV Feira das Artes Escénicas de Galicia, que se desenvolve até o 17 de xuño en sete espazos da cidade de Santiago coa participación de 27 compañías de teatro e danza. Nesta xornada inaugural tamén exhiben os seus últimos traballos os grupo galegos Talía Teatro, Teatro do Aquí e Eme2-Ludd, ademais do catalán Tantarantana Teatre.

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) da Consellería de Cultura e Deporte organiza este encontro, para o que están acreditados un total de 150
programadores, produtores, distribuidores e axentes culturais de toda Galicia, así como do resto do Estado (Andalucía, Aragón, Castela-A Mancha, Castela e León, Cataluña, Comunidade Valenciana, Euskadi, Illas Baleares, Madrid, Navarra) e de Portugal, co obxectivo de promover a contratación dos espectáculos que conforman esta programación.

NoticiaA exhibición de espectáculos está aberta tamén ao público non acreditado, sempre en función das localidades dispoñibles para cada espectáculo, a un prezo único de 3 € por entrada. No caso do Auditorio de Galicia, Salón Teatro e Teatro Principal, o despacho de billetes comeza unha hora antes do inicio das representacións, mentres que na Sala Nasa, Sala Yago e Teatro Galán a billeteira abre cinco minutos antes. Na Chocolataría, o acceso é libre.

Esta décimo cuarta edición da comezo ás 16.15 horas do 13 de xuño con Merda, unha produción da Sala Yago que é exhibida neste mesmo escenario compostelán. O actor Ricardo de Barreiro debuta profesionalmente con este monólogo, no que ten como auditorio aos habitantes dun camposanto. De Barreiro é, ademais, autor do texto xunto a Rafael G. García e Xavier Estévez, quen se estrea tamén como director.
A compañía catalá Tantarantana Teatre chega a Santiago con Idaho y Utah, nanas para nenes malitos, que escenificará no Teatro Galán ás 18.00 horas. Creado e dirixido por Albert Espinosa, un dos novos autores cataláns de maior proxección, este espectáculo sitúase no terreo da comedia, mesturando tenrura e ironía para abordar unha historia que parte do descubrimento por parte dun dos protagonistas dunha menciña para poder vivir sen durmir. O propio Espinosa forma parte do elenco, xunto a Rebeca Comerma, Álex Casteleiro e Ángel Roldán.

NoticiaA continuación, Talía Teatro sube ao escenario do Salón Teatro para representar, a partir das 20.00 horas, Esperando a Godot, o drama de Samuel Becket adaptado e dirixido por Roberto Salgueiro. Artur Trillo e Toño Casais integran o dúo interpretativo que dá vida a este clásico, estreado en 1953, paradigma do humor intelixente.

Teatro do Aquí preséntase neste encontro escénico con A ópera de a patacón, un texto do desaparecido Roberto Vidal Bolaño, sobre textos de John Gay e Bertolt Bretch, que xa fora montado pola compañía e que agora recupera en homenaxe ao que foi o seu fundador e director. Marcos Orsi dirixe esta nova versión, interpretada por Xoán Carlos Mejuto, Pepa Yáñez, Ledicia Sola e Luis Iglesia, con música en directo de Javier Debesa, Cándido Lorenzo e Xabier Camba.

Por último, e dentro da aposta da dirección da Feira polas novas compañías que están a abrirse camiño na escena galega, a xornada inaugural péchase ás 00.30 horas na Chocolataría con Census, o soño do enumerador, unha produción de Eme2 e o colectivo Ludd na que se combina teatro, interactividade, activismo e experimentación audiovisual. Roi Fernández é o autor desta proposta multimedia, que pon en escena xunto a Nela Quesada e Isaac Cordal.

A XIV Feira das Artes Escénicas inaugura tamén o seu programa de actividades
paralelas, que desenvolve na Fundación Gonzalo Torrente Ballester e no marco do que se exhibe a exposición O escenario da ilusión. A través dunha vintena de pezas orixinais recuperadas ou reconstruídas, a mostra –que pode ser visitada até o 24 de xuño, en horario de 11.00 a 20.00 horas– propón unha viaxe no tempo cara ao teatro barroco dende a perspectiva da profesión escenográfica e arredor de tres eixes temáticos: son, luz e enxeñería teatral. Tanto o cartel de espectáculos como o programa paralelo, dentro do que ten lugar unha reunión dos membros da Rede Galega de Teatros e Auditorios, pode ser consultado na páxina web http://www.feiradasartesescenicas.com.


Máis información, tamén, na sección Axenda de www.galiciadigital.com.

R., 2006-06-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES