Noticias

Presentado en Galicia el anteproyecto de la primera Ley de Inserción Laboral de Mujeres de España

El principal objetivo de la norma el garantizar el acceso de las mujeres a un puesto de trabajo remunerado en condiciones de igualdad con los hombres.

La Xunta ha elaborado la Ley Gallega de Inserción Laboral de las Mujeres, una iniciativa pionera en España que prevé instrumentos que garanticen el acceso de las mujeres al empleo remunerado en clave de igualdad. La norma contempla la creación de órganos y canales de participación de las mujeres que promuevan la mejora de las condiciones laborales, así como la modificación de las leyes de Función Pública, Igualdad, Cooperativas y la Reguladora de la Xunta y de su presidente, al establecer el equilibrio de sexos en el Gobierno autonómico.

El conselleiro de Trabajo, Ricardo Varela, ha presentado en un hotel compostelano el anteproyecto de esta Ley a asociaciones de mujeres en Galicia, acompañado por la secretaria general de Igualdad, Carmen Adán; la directora general de Relaciones Laborales, Pilar Cancela; y la delegada de Trabajo en A Coruña, Marían Debén.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Consellería de Traballo de la Xunta de Galicia

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, presentou, no Hostal dos Reis Católicos, o anteproxecto da Lei Galega de Inserción Laboral das Mulleres, unha lei pioneira no Estado que converte a Galicia na primeira comunidade autónoma que aborda de maneira específica o principio de igualade no ámbito do emprego e das relacións laborais, co fin de procurar instrumentos capaces de garantir o acceso das mulleres ao emprego remunerado en clave de igualdade. No acto, o titular de Traballo estivo acompañado da secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, a directora xeral de Relacións Laborais, Pilar Cancela, e a delegada de Traballo na Coruña, María Debén.

O responsable de Traballo destacou que a presentación do anteproxecto da Lei ante as distintas asociacións de mulleres de Galicia ten un dobre obxectivo, por unha banda, dar a coñecer o texto que conformará a Lei, e por outro lado, invitar ás asociacións a facer valoracións e recoller impresións sobre o documento é así, coa finalidade de enriquecer o texto que constituirá a nova Lei. Nese senso, Varela asegurou que a posta en marcha da Lei Galega para a Inserción Laboral das Mulleres “non é un camiño que o Goberno quere e poda facer en solitario”

Así mesmo, o responsable de Traballo declarou que o obxectivo da Consellería é “reducir dende aquí ata o 2009 en dez puntos a taxa de desemprego feminino”, e engadiu que “estou absolutamente convencido de que esta iniciativa vai saír apoiada por unanimidade, pois estou seguro de que o BNG comparte a filosofía desta lei, pero tamén penso que o PP verá esta lei de xeito positivo. Acaderemos un consenso amplo para sacar adiante a lei que debería estar feita hai tempo, aínda que tamén é certo que é unha lei pioneira en España”.

A lei estrutúrase nun título preliminar e seis títulos con cincuenta artigos, en oito disposicións adicionais, nunha disposición transitoria, nunha disposición derrogatoria e en tres disposicións finais. O anteproxecto susténtase no principio de igualdade como principio político que serviu para articular ás sociedades modernas e un principio ético que propón que a igualdade é un ben en si mesmo. Así mesmo fundaméntase no principio de universalidade como concepto central da modernidade, que conduce á emancipación individual e colectiva. Como instrumento para a aplicación destes dous principios a lei articúlase a través do principio de transversalidade no exercizo das competencias autonómicas sobre o emprego e as relacións laborais. Segundo explicou o conselleiro preténdese “introducir no máis fondo do pensamento político a consciencia da realidade que nos rodea, consistente en dotarnos doutra mirada máis sutil e máis correcta”.

Tal e como explicou o conselleiro, ningún aspecto que poida ser regulado polo Parlamento de Galicia queda fóra deste anteproxecto, que supón un cambio de rumbo a través da creación de órganos e canais de participación das mulleres que promovan a mellora das condicións laborais. Así mesmo se procede a unha modificación profunda da normativa vixente que ten repercusión para o emprego das mulleres así, modifícase a Lei de Función Pública, a Lei de Igualdade e a Lei Reguladora de Cooperativas

Na súa intervención, Ricardo Varela sinalou que o papel do movemento de mulleres foi fundamental para acadar as modificacións sociais producidas nas últimas décadas neste país, polo que “é necesario agora apostar por impulsar o desenvolvemento das mulleres no ámbito laboral en condicións de verdadeira igualdade”.

Posto que o obxectivo das leis sempre é o de resolver problemas sociais que adoitan estar vinculados a determinados colectivos, o conselleiro de Traballo afirmou que o obxectivo político desta lei é “establecer mecanismos e ferramentas que fagan posible que a igualdade entre varóns e mulleres no mercado de traballo sexa unha realidade no menor tempo posible”, e engadiu que “o papel do Goberno galego é facilitar aos distintos actores sociais, a partires dos recursos que xestiona, que este obxectivo social sexa politicamente realizable”.

Para o departamento que dirixe Ricardo Varela, esta lei “é a mostra máis rotunda de que o mercado non se regula atendendo a principios de xustiza senón á lóxica do beneficio e do interese”.

A pesares da evolución crecente e imparable dos índices de incorporación laboral das mulleres, a realidade mostra que esta inserción se enfronta aínda a múltiples dificultades que fan que o acceso a un traballo digno leve consigo un alto custo persoal.

A análise a través da introdución da perspectiva de xénero no ámbito laboral permitiu a Traballo percibir que a situación de discriminación na que se desenvolven a maior parte das mulleres cando acceden ao mercado laboral maniféstase na concentración da súa labor nun número reducido de actividades feminizadas, na persistencia de altos niveis de discriminación salarial, na existencia de menores oportunidades no desenvolvemento da carreira profesional, nas altas taxas de desemprego, así como nos maiores índices de precariedade, que conducen a traballos temporais, a tempo parcial, interinidade, traballos sen contrato, e nunha menor presencia de mulleres no autoemprego e o mundo empresarial.

O reparto desigual das responsabilidades familiares que obriga ás mulleres a asumiren unha dobre xornada laboral, a persistencia de odiosos prexuízos que se constrúen en torno á maternidade e ao coidado de persoas dependentes, que transmiten unha falsa imaxe de baixa productividade das mulleres; a realidade nos mostra unha maior esixencia cara o traballo das mulleres que require a demostración continua das súa valía profesional, nunha cultura masculinizada das organizacións que non aprecia os perfís e habilidades achegadas polas mulleres son outras características que se detectan da análise feita do mercado laboral. Por último detéctase a infravaloración social do seu empeño profesional.

En definitiva, “na práctica existe un teito de cristal que imposibilita o acceso aos postos de responsabilidade e decisión, e que determina que as mulleres sexan desestimadas nos postos de maior salario e maior status profesional”, declarou o conselleiro de Traballo.

Así mesmo, cando as mulleres acceden ao mercado de traballo remunerado, iso non leva implícita a súa desvinculación do traballo doméstico e de coidados, do que seguen a ter a máxima responsabilidade. Nese senso, prodúcese un círculo vicioso que se retroalimenta e que se traduce en moito máis traballo para as mulleres e no que se ten denominado a xornada interminable.

Á vista desta situación Traballo considera que, para facilitar o acceso das mulleres ao ámbito laboral do emprego en clave de igualdade, deberán ter en conta a repercusión que supón ese traballo gratuíto e, en segundo lugar, considerar medidas específicas para que ese traballo sexa asumido por todos os homes e mulleres que conforman a nosa sociedade.

Na lei recóllese a creación de novos instrumentos que permitan a consecución do principio de igualdade. Así, crease a Unidade Administrativa de Igualdade da Consellería de Traballo; a Marca Galega de Excelencia en Igualdade co fin de que as empresas acrediten os niveis de igualdade na súa organización, da concesión da marca derivaranse dereitos e facultades tales como a preferencia na adxudicación de contratos da comunidade autónoma, co que se pon de manifesto a necesidade de que “os tamén responsables da economía galega colaboren en que o principio de igualdade sexa o vertebrador das políticas empresariais deste país” segundo manifestou Varela; e a Comisión Consultiva Autonómica para a Igualdade entre Mulleres e Homes na Negociación Colectiva, adscrita ao Consello Galego de Relacións Laborais.

Outra das medidas novidosas que se recolle nesta Lei son os Bancos Municipais de Tempo e os Plans de Programación do Tempo da Cidade. Estes dous proxectos, cuxa xestión será municipal, están destinados a que no futuro na nosa comunidade se leve a cabo a administración do tempo considerado como un ben escaso e de gran valor, para o cal se contará coa participación de toda a cidadanía. Os Bancos Municipais de Tempo nutriranse a través de redes comunitarias de apoio á conciliación. Pola súa banda, os Plans de Programación do tempo da Cidade pretenden, mediante a función dunha persoa responsable e dunha mesa de concertación, con ampla participación de actores sociais, coordinar os horarios da cidade coas esixencias persoais, familiares e laborais da cidadanía.

Segundo explicou Varela, para a Consellería de Traballo é necesario desactivar a contradición entre o obxectivo crecente de produción e o mantemento do benestar humano, encontrando medios que permitan compatibilizar os desexos de homes e mulleres. Estas actuacións van polo tanto “dirixidas a permitir que o reparto do tempo que se constituíu nos últimos anos nun ben moi prezado, se leve a cabo tendo en conta a súa repercusión sobre o ámbito laboral, e que os procesos de flexibilización do mercado laboral deixen de afectar de forma máis intensa ao colectivo das mulleres”.

Co obxectivo de crear unha nova canle formal de comunicación directa entre o movemento de mulleres e os representantes dos traballadores e traballadoras, os sindicatos, a Lei prevé a creación dun Consello Galego de Participación das Mulleres, onde ostentarán unha representación significativa as secretarías da Muller das organizacións sindicais e empresariais.

Para Ricardo Varela esta iniciativa lexislativa aséntase na consideración de que “unha democracia na que a metade da súa sociedade non poida exercer plenamente a cidadanía ten un serio déficit de lexitimidade” e, apuntou, que corresponde aos poderes públicos corrixir esta situación.

R., 2006-06-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (nenos-clase-estudo.jpg) O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO (se ben parte deles sono en ambas etapas á vez), 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades. Así, outros centros optan por contar con seccións bilingües.
Foto de la tercera plana (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES