Noticias

Galicia celebra el Día das Letras Galegas 2006 en honor a Manuel Lugrís Freire

El presidente de la Xunta participó en el acto institucional organizado por la Real Academia Galega en Sada, la localidad natal del autor homenajeado.

La Real Academia Galega presidida por Xosé Ramón Barreiro celebró un año más el acto institucional dedicado al autor homenajeado en el Día das Letras Galegas. El dramaturgo Manuel Lugrís Freire fue el elegido en esta edición de 2006 para ser recordado por los gallegos y en su localidad natal, Sada, se organizó el acto central de la jornada al que asistió el presidente de la Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño.

Comunicado de la Xunta de Galicia:

"A reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia será unha boa oportunidade para reflectir, amparar e potenciar o galego e o dereito ao uso e o deber do galego. Ese é un traballo que debe facer o Parlamento pero teño a convicción de que o Estatuto será unha magnífica oportunidade para reforzar, se cabe máis aínda, a nosa lingua e a lingua de todos”. Así o asegurou Emilio Pérez Touriño en Sada onde presidiu o acto conmemorativo do Día das Letras Galegas organizado pola Real Academia Galega e que este ano esta dedicado á figura de Manuel Lugrís Freire.

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño salientou que o importante é saber “que a lingua é un instrumento de unión, de fortaleza de país, un instrumento para que Galicia se recoñeza a si mesma e teña ese lugar no mundo que hoxe ten e que debe ser aínda maior”.

O máximo mandatario autonómico tamén quixo poñer de manifesto que hoxe, o Día das Letras Galegas quere “que sexa o reflexo do compromiso pleno do Goberno da Xunta de Galicia coa normalización da lingua e co impulso permanente e constante da lingua galega a través do Plan de Normalización Lingüística que é o resultado do consenso e da concertación”.

Emilio Pérez Touriño incidiu en que a lingua “é o patrimonio do pobo, é o patrimonio da cidadanía”, un instrumento “de unión” e salientou que existe “un marco político de consenso e concertación que debemos desenvolver”.

Noticia“A lingua non é de ninguén, e dos galegos e das galegas, é o mellor e o máis valorado e prezado ben que ten a nosa Comunidade” sinalou o presidente da Xunta. “A partir de aí engadiu, non debe ser obxecto de confrontación partidaria”.
“A lingua é de todos e para todos.Así debe ser e quero dicirlles que teño unha plena confianza no futuro do galego, no futuro da nosa lingua e do noso país”, concluíu.

Por último, o titular do Goberno galego lembrou que hoxe, Día das Letras Galegas, é unha xornada de celebración e de festa “na que Galicia se identifica e se recoñece coa súa cultura, coa súa valiosa tradición literaria, cunha cultura específica e propia inserida no mundo e aberta e unha lingua que é o ADN e a razón de ser, e identitaria da nosa cultura”.

Por iso cualificou a Lugrís Freire, autor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, como “un auténtico compendio e símbolo do compromiso coa lingua, do compromiso coa cultura e do compromiso co país”, aseverou.


Sobre la figura de Manuel Lugrís Freire (del portal www.diadasletrasgalegas.com, promovido por www.galiciadigital.com)

Considerado un dos máis históricos galeguistas, Manuel Lugrís tamén foi xurista, xornalista, poeta, comediógrafo e agrarista, ademáis de pai dun recoñecido pintor republicano, Urbano Lugrís. Nacido en Sada o 12 de febreiro de 1863, vive os dez primeiros anos nunha aldea de Soñeiro desde onde se despraza ata Oleiros para traballar de escribán ata que tivo que emigrar a Cuba con 20 anos -reclamado polo seu irmán Plácido- e alí permaneceu ata 1896. Os anos na Habana foron fructíferos para Lugrís que foi elexido membro da xunta directiva do Centro Galego, ademáis de fundar e dirixir con Armada Teixeiro o primeiro xornal americano escrito íntegramente en galego: "A gaita gallega" (1885-1889). Tamén na emigración en Cuba publicou o seu primeiro poemario prologado por Curros Enríquez, Soidades (1894), e a súa primeira obra dramática: A costureira da aldea, unha obra costumista concebida para ser representada no seo da colectividade galega da Habana.

Xa de volta en Galicia (1896), Manuel Lugrís instálase na Coruña onde comeza a traballar como administrativo no Servizo de Augas, ao mesmo tempo que prosigue coa súa traxectoria literaria. Casado coa cubana Concepción Orta (que falecería pouco despois de dar a luz á súa filla Socorro), a ela está adicado Noitebras (1901) que escribe nunha época de fondo pesar por esta perda que o sume nunha forte depresión que mesmo o leva a pensar no suicidio.

NoticiaCasado en segundas nupcias con Concepción González Varela (irmá do escritor rexionalista Urbano González e coa que terá cinco fillos: Manuel, Secundino, María do Pilar, Urbano e Purificación), Manuel Lugrís segue participando activamente en diversas iniciativas, todas elas comprometidas coa lingua galega. Relacionado cos rexionalistas herculinos, Manuel Lugrís tomou parte en numerosas actividades galeguistas do momento como membro destacado da tertulia galeguista de Cova Céltica xunto con Murguía ou Pondal, e abre camiños: participando activamente no agrarismo foi un dos membros fundadores do Sindicato Solidaridad Gallega e, como integrante desta formación, pronunciou en Betanzos o primeiro mitin en lingua galega (1907).

Desde uns anos atrás (1903) patrocina e preside a Escola Rexional de Declamación para o que procura textos cunha forte carga reivindicativa e rompedora co costumismo imperante. Así, logo da presentación desta escola cunha peza de Salinas, a totalidade dos espectáculos contaron con títulos de Manuel Lugrís como A Ponte(1903), Minia (1904) e Mareiras (1904), o que o convirte no primeiro escritor teatral en empregar a prosa, ademáis de ser considerado como o máximo representante do teatro social ou de tese. Sen embargo, uns anos despois Lugrís abandonou o teatro para adicarse de novo á creación poética, a escrita de relatos breves que baixo o pseudónimo Asieumedre compilou en 1909 no libro Contos de Asieumedre, e tamén escribiu e publicou a Gramática do idioma galego
(1921), a primeira que se escribiu no noso idioma.

Nese tempo, o seu activismo galeguista o leva a participar na constitución da Irmandade da Fala da Coruña.

En 1923 Manuel Lugrís ingresa no Seminario de Estudos Galegos pronunciando un discurso sobre Eduardo Pondal, e once anos despois, o 28 de abril de 1934, foi nomeado presidente da Real Academia Galega que él mesmo contribuiu a fundar en 1906, e que tivo que abandonar o 20 de agosto de 1935 por problemas de saúde.

Manuel Lugrís, que xa participara na fundación da Real Academia Galega en 1906, é nomeado presidente desta institución o 28 de abril de 1934, pero tivo que abandonar este cargo o 20 de agosto de 1935 por problemas de saúde. Nese tempo colaborou tamén na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía en representación do Partido Galeguista.

Nomeado fillo predilecto de Sada en 1924, Manuel Lugrís morre na Coruña o 15 de febreiro de 1940, recén rematada a Guerra Civil española que provocou a persecución da actividade galeguista.


R., 2006-05-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES