Noticias

La cadena de supermercados Gadisa conmemora el Día das Letras Galegas entregando bolsas con libros para niños

La iniciativa incluye, también, la inserción de un poema del homenajeado Manuel Lugrís.

La cadena gallega de supermercados Gadisa conmemora el Día das Letras Galegas con el reparto de cuatro millones y medio de bolsas que llevan impreso un poema de Manuel Lugrís Freire, a quien se dedica este año la celebración, mientras también entrega 10.000 libros para niños. Así lo anunciaron en un desayuno informativo Xosé Luis Fernández Astray, director de comunicación de la cadena y el responsable de marketing, Antonio Cortés.

Esta iniciativa, apuntaron, pretende hacerse eco del Día das Letras en un soporte cotidiano, de forma que convierte a las bolsas en un vehículo cultural. Además, para fomentar el hábito de la lectura entre los más pequeños, los supermercados entregan 10.00 ejemplares de Tomás o parvo, de Xosé Díaz Dopico, dirigido a niños de entre siete y doce años.

La empresa Gadisa tiene más de medio millón de clientes y 437 puntos de venta que se reparten entre los 190 supermercados Gadis; 201 Claudio, diez centros comerciales Haley; 12 Cash Ifa y 24 establecimientos San Luís.

Comunicado de Prensa de Gadisa

O director de Comunicación de GADISA, Xosé Luis Fernández Astray, e o director de Marketing, Antonio Cortés, presentaron as iniciativas de apoio e difusión da literatura e cultura galegas que pon en marcha a empresa coincidindo cá celebración do Día das Letras Galegas. Así, Supermercados Gadis reparte dende o 6 de maio 4 millóns e medio de bolsas cun poema impreso de Manuel Lugrís Freire, autor ó que se lle adica o 17 de maio.

Con esta iniciativa única en Galica, esta empresa galega faise eco nun soporte da vida cotián, como son as bolsas, do poema “Fragachán”, un dos máis representativos da obra deste escritor e xornalista.

Co obxectivo de apoiar e difundir a cultura galega, GADISA fai chegar un pedazo da obra de Manuel Lugrís ós clientes de tódolos seus establecimentos da cadea de Supermercados Gadis en Galicia, convertindo en vehículo cultural as bolsas.

Asimesmo, para fomentar o hábito de lectura en galego entre os máis pequenos, Supermercados Gadis repartirá 10.000 exemplares do relato corto “Tomás o parvo” de Xosé Díaz Dopico, dirixido a nenos entre 7 e 12 anos.

Para conseguir un dos 10.000 libros de “Tomás o parvo” só é necesario acercarse a calqueira dos establecimentos da cadea de Supermercados Gadis de Galicia o 16 de maio e realizar unha compra de calquera importe, ata fin de existencias.

O relato de Xosé Díaz Dopico, que tamén estivo presente no acto, é a historia de superación persoal dun neno que, orfo de pai, vive coa súa nai e seu avó cego, ó que coida e acompaña cando remata de axudar á súa nai nas tarefas da finca onde traballan na Galicia dos anos cincuenta. “Tomás o parvo” ensínanos que valores como a tolerancia, a responsabilidade social e o esforzo son fundamentais para o progreso.

Dada a boa acollida que tivo a iniciativa de regalar libros en anos anteriores, Supermercados Gadis pon en marcha esta acción por cuarto ano consecutivo. En anos pasados, regalou os contos “Unha aventura con historia”, “As travesuras de Antón” e “Lula e a folla milagreira”.

GADISA está consolidado como líder de distribución do Noroeste peninsular con máis de 500.000 clientes que tódolos días visitan os seus 437 puntos de venta, que se reparten entre 190 Supermercados Gadis, 201 Claudio, 10 centros comerciais Haley, 12 Cash IFA e 24 establecimentos San Luis.

R., 2006-05-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES