
El ex jugador del Celta de Vigo Valery Karpin y el Secretario Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia, Santiago Domínguez, acompañados por la conselleira de Cultura y Deporte Ánxela Bugallo, presentaron el embrión de la que será la escuadra Karpin Galicia. Impulsado por la empresa del ex futbolista del Celta, el nuevo equipo también cuenta con el respaldo de Caixanova, Cardomar y la Diputación Provincial de A Coruña.
El equipo comenzará a rodar en 2007 y uno de sus principales objetivos es competir en a Vuelta a España 2007 (que partirá a su vez de Galicia). Dispone de un presupuesto inicial de 3.700.000 de euros, aunque a medida que el proyecto vaya avanzando se espera llegar hasta los 4.200.000. El 68% del capital será aportado por patrocinadores privados, entre los que está Caixanova, y el resto, proviene de fondos públicos de la Xunta o de la Diputación de A Coruña.
Además, está prevista la creación de una fundación para dirigir el proyecto, cuyo presidente será Valery Karpin, mientras que la conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, ostentará la vicepresidencia.
Nota de la Xunta de Galicia sobre la creación del equipo de ciclismo profesional gallego: Karpin Galicia
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, anunciaron a posta en marcha do equipo galego de ciclismo profesional, unha aposta na que se vén traballando na Dirección Xeral para o Deporte dende a chegada de Santiago Domínguez.
O equipo, que recibirá o nome de Karpin Galicia, contará cun orzamento inicial de 3.700.000 , dos cales o 67% corresponde a entidades privadas (Valery Karpin S.L., Caixanova, Cardomar S.L) e o 33% restante a entidades públicas (Consellería de Cultura e Deporte, Consellería de Innovación e Industria e Deputación de A Coruña), sendo o máximo patrocinador Valery Karpin S.L.
Santiago Domínguez anunciou que os primeiros pasos a dar para a posta en marcha do equipo é a creación da Fundación Ciclismo Galego, entidade encargada da xestionar e dirixir o novo proxecto do Deporte Galego. Tamén se anunciou que nas vindeiras datas se celebrará un grande acto de presentación do equipo, no que se dará a coñecer o nome do director técnico e o manager xeral, así como o maillot oficial.
Durante a rolda de prensa, a conselleira Ánxela Bugallo afirmou que este equipo nace con varios compromisos: o apoio á canteira e ao ciclismo en xeral, que é unha plataforma tanto para corredores como técnicos; o apoio á deportividade, representado polo comportamento exemplar dos seus integrantes; e unha xestión eficiente, transparente e rigorosa.
Valery Karpin, máximo patrocinador do equipo, afirmou que esta é unha maneira de promocionar Galiza, que non é demasiado coñecida no exterior, e para min é un orgullo e un honor que se chame Karpin Galicia. O ex futbolista ruso fixo referencia a que lle gustaría que houbese no equipo algúns corredores rusos sempre e cando o director deportivo o considere oportuno.
En representación de Caixanova, José Luis Pego afirmou que hoxe culmina un soño do que Caixanova quere ser partícipe, seguindo a traxectoria de colaboración coa Xunta no ámbito do deporte e de apoio ao deporte base.
Todos os demais representantes das entidades colaboradoras( Pablo Villamar da Deputación de A Coruña; Carlos Domínguez de Cardomar e Ignacio Louzao de Galicia Calidade Industria-), así como o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Martínez, presentes no acto, cadraron en destacar que este é un momento importante para o Deporte Galego, xa que permitiría unha importante proxección exterior de Galiza.
No transcurso da rolda de prensa, e en resposta ás preguntas da prensa, o director xeral para o Deporte dixo que a Volta a Galiza de afeccionados vai ter a partires de agora un gran premio, xa que o galego mellor clasificado pasará ao equipo profesional. Neste senso insistiu en que esta é unha medida pensada para relanzar esta carreira. Imos ir pouco a pouco, cos pés no chan, para ir consolidando a Volta a Galiza.
O equipo profesional galego estará en funcionamento no ano 2007, data na que a Volta Ciclista a España sairá dende Galiza.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia
A exposición 'As estacións do ano na arte galega dos séculos XX e XXI' pecha as súas portas no Museo Centro Gaiás o domingo 6 de setembro con máis de 36.000 visitas desde a súa inauguración. Concibido e comisariado pola artista e investigadora Mónica Alonso, o proxecto destaca polo seu deseño innovador, que constrúe un percorrido sensorial para mergullarse na arte contemporánea. Máis de 80 obras de 63 artistas dan forma a un itinerario que transita polas paisaxes, símbolos e lembranzas asociadas ao paso do tempo e os cambios entre a primavera, o verán, o outono e o inverno en Galicia.
Galicia continúa a manter o liderado na taxa de escolarización 0-3 por cuarto curso consecutivo, cun 64 %. Os datos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes referentes ao período lectivo 2026-2026 consolidan este primeiro posto, con 14 puntos por riba da media nacional. Ademais, Galicia é a única comunidade autónoma que está por encima da barreira do 60 % en niveis de escolarización no primeiro ciclo de Educación Infantil e supera en case 20 puntos o obxectivo da Unión Europea para o ano 2030, que é do 45 %. Estas cifras colocan a Galicia como referente no apoio ás familias e á infancia e son posibles grazas a medidas como a gratuidade das escolas infantís.