Noticias

Expertos en comunicación del área lusófona debaten en Santiago de Compostela sobre la comunicación local. El Lusocom 2006 analiza aspectos relacionados con la producción y la investigación

El VII Congreso Internacional de Comunicación Lusófona congrega en la capital de Galicia a centenares de participantes que, además de asistir a los debates, tuvieron la oportunidad de visionar diversas producciones audiovisuales.

La Facultad de Ciencias de la Comunicación de Santiago de Compostela acoge entre el 20 y el 22 de abril el VII Congreso Internacional de Comunicación Lusófona que congrega a centenares de participantes. Expertos en comunicación del área lusófona debaten durante tres intensas jornadas diversos aspectos relacionados con la investigación y la producción en comunicación local.

A la conferencia del profesor José Marques de Melo sobre el paradigma de la folkcomunicación: de la redes locales a la red mundial, sucedieron una serie de sesiones sobre aspectos relacionados con la tecnología, la documentación, redes de intercambio y comunicación multimedia e interactiva, políticas de comunicación, cultura pública y ciudadanía, identidad y producción de contenidos (el caso del Tercer sector), lo local como objeto de enseñanza e investigación, periodismo en prensa, radio, televisión e internet comunicación audiovisual, política, publicitaria y organizacional, y los universos de la imagen: foto, cine, vídeo, banda diseñada e ilustración. Simultáneamente a las conferencias, los participantes pudieron asistir a una serie de proyecciones de obras audiovisuales del área lusófona.

NoticiaEl Auditorio de la Facultad de Ciencias de la Comunicación acogió la celebración del acto inaugural de este evento al que asistieron el presidente de la Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño; la conselleira de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo; el presidente del Consello da Cultura Galega y el rector de la USC, además de la coordinadora del congreso, la catedrática Margarita Ledo Andión que destacó la importancia de este encuentro de especialistas que, con carácter bianual, tendrá su próxima cita en 2008 en Angola.

Durante su intervención, el presidente de la Xunta de Galicia reiteró la importancia del sector audiovisual en la creación y preservación de las identidades de los pueblos, haciendo especial referencia al sector audiovisual gallego del que confirmó su carácter estratégico y prioritario en las políticas de comunicación del Ejecutivo gallego.

Intervención del presidente de la Xunta de Galicia en la inauguración de Lusocom 2006

Excmas e Ilmas. autoridades,
Queridos amigos e amigas:

NoticiaPermítanme que exprese, en nome do pobo galego, a miña máis cordial benvida a todos os profesionais e investigadores que chegan de Brasil, Mozambique, Angola e Portugal, para participar nesta VII edición do Congreso da Federación Lusófona da Comunicación. É o meu desexo que, ademais dos frutíferos traballos que hoxe comezan, poidan disfrutar da hospitalidade desta terra, ao igual que moitos fillos de Galicia atoparon xenerosa acollida en todos os recantos do planeta.

Vivimos mergullados nunha sociedade global, na que se esvaeceron ou desapareceron fronteiras que outrora semellaban indestrutibles. E nese mundo globalizado, de mutuas interdependencias económicas e culturais, con sistemas de comunicación que achicaron o espazo e o tempo, o intercambio de experiencias e de coñecementos convértese na clave de bóveda para construírmos o futuro. Trátase, en definitiva, de aproveitar as oportunidades que ofrece o proceso de mundialización e de desbotar os riscos que tamén entraña.

Galicia, esta comunidade da Fisterra europea que sempre tivo vocación universal e sempre mantivo os poros abertos aos catro puntos cardinais, atópase nunha situación estratéxica para exercer de ponte entre os cinco continentes. Hoxe asistimos aquí a unha mostra do que estou a dicir. O parentesco cultural e lingüístico que une a toda a área lusófona permítenos abrir anchos espazos de intercambio e de cooperación, de investigación compartida, de posta en común de proxectos e de experiencias.

As anteriores edicións do Lusocom, celebradas en Portugal no ano 2000 e en Mozambique no 2002, demostraron que estamos no bo camiño. A comunidade lusófona pode ofrecer hoxe un dos principais grupos de investigación académica no eido das ciencias da comunicación. Estou seguro, xa que logo, de que esta nova edición do congreso vai apañar, ao remate dos seus traballos, outra excelente colleita.

De feito, como aperitivo desta inauguración, o Lusocom 2006 ofreceunos un logro que eu quero subliñar: a constitución do Fondo Audiovisual da Lusofonía, creado nesta Facultade de Ciencias da Comunicación, que recolle máis de 300 películas realizadas nos últimos anos en Brasil, Mozambique, Angola, Portugal e Galicia. Os meus parabéns aos promotores desa iniciativa que, entre outras cousas, permitiu proxectar, por primeira vez en Galicia, o filme de Carlos Velo “Terra do chicle”.

Ben sei que a axenda do congreso é densa e diversa. O traballo de investigación proposto abrangue ámbitos como a prensa, a radio, a televisión, internet e multimedia, o cine, a fotografía e as industrias culturais. Mais permítanme que faga unha mención especial para unha das áreas que se propoñen estudar. Estoume a referir ao sector audiovisual que, para o Goberno que presido, merece a consideración de sector estratéxico e unha das súas prioridades.

O poliédrico mundo da imaxe, desde o ensino ata o desenvolvemento creativo e industrial, constitúe para nós unha ferramenta fundamental para a preservación da identidade nacional, un óptimo escaparate dos nosos respectivos países e unha pasarela para incorporarnos ao tren da sociedade do coñecemento, esa sociedade nucleada arredor da comunicación.

Non me resta máis que felicitar aos organizadores desta nova edición do Lusocom, reiterar o meu saúdo a todos aqueles que nos visitan e agradecer o labor desempeñado pola Asociación Galega de Investigadores de Comunicación e pola profesora Margarita Ledo, coordinadora e propulsora deste congreso.

Grazas.

R., 2006-04-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-cuantica.jpg) CiberLabFP configúrase como un espazo de aprendizaxe, experimentación e desenvolvemento de competencias en contornos reais que integran tecnoloxías da información (IT) e de operación (OT) para así adaptar a Formación Profesional aos novos escenarios de transformación dixital. Entre as súas funcionalidades destacan a formación especializada do profesorado, a simulación de ciberataques e defensa en contornos virtuais, a análise forense industrial ou a validación de sistemas. Ademais, contará cunha estación móbil que permitirá levar a tecnoloxía a centros educativos e realizar demostracións en empresas e feiras.
Foto de la tercera plana (costa-litoral-illas-cies.jpg) Celebrouse hoxe a sesión constitutiva do Foro do Litoral de Galicia, que será o máximo órgano colexiado de consulta e participación do conxunto da sociedade co fin de optimizar a xestión e ordenación da costa galega. Nel están representadas a Administración autonómica e as locais así como os sectores social, científico, económico e medioambiental e as entidades implicadas na protección do patrimonio natural co fin último de garantir unha gobernanza que permita unha participación suficiente de todos os sectores da sociedade interesados no litoral. A constitución do foro facilitará a partir de agora facer un seguimento das normas, políticas e instrumentos do litoral.

Notas

Baixo o lema A inclusión no centro: perspectivas internacionais para o cambio institucional desenvolverase entre os días 4 e 8 de maio a International Staff Week 2026, unha iniciativa coa que a Vicerreitoría de Internacionalización persegue un triplo obxectivo: fortalecer as relacións internacionais da UVigo: explorar novas oportunidades de colaboración académica; e compartir boas prácticas en materia de mobilidade internacional.
Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e se repara o cerebro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES