Noticias

Primera visita institucional del presidente de la Xunta de Galicia a Vigo: Pérez Touriño se comprometió con Corina Porro en estudiar el PXOM para que se apruebe cuanto antes

El encuentro tuvo lugar en la Casa Consistorial viguesa.

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, aseguró en Vigo que el Ejecutivo autonómico «espera poder recibir» el Plan Xeral de Ordenación Municipal -PXOM- de Vigo para poder estudiar la propuesta y, en su caso, aprobarla. Asimismo, el mandatario gallego animó al ayuntamiento vigués a finalizar «esa tarea».

En rueda de prensa tras mantener un encuentro de trabajo con la alcaldesa de Vigo, Corina Porro, en la que fue su primera visita institucional a la ciudad, Pérez Touriño insistió en que por el momento el documento urbanístico -que se someterá a pleno municipal previsiblemente en marzo- no ha llegado a la Xunta, pero que, una vez que eso ocurra, el Gobierno autonómico cumplirá «las funciones que le corresponde» en torno al PXOM. El presidente gallego se comprometió a llevar a cabo una cooperación «leal» en esa fase de estudio del documento.

NoticiaPor su parte, la alcaldesa de Vigo recordó a Pérez Touriño que sin la aprobación del documento ni la Xunta ni el Gobierno central podrían sacar adelante proyectos como el nuevo hospital o como una nueva autovía entre Vigo-Porriño.
Todas las actuaciones previstas en Vigo y su área de influencia por las distintas administraciones serían, a juicio de Porro, «papel mojado» sin dar luz verde al PXOM. En esta línea, la regidora del PP comentó que tampoco podría existir un mayor crecimiento económico sin los millones de metros cuadrados que prevé el documento urbanístico, ni se podría abaratar el precio de la vivienda.

Nota de prensa sobre esta visita remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta salienta que en seis meses de goberno se puxeron en marcha cinco proxectos estratéxicos para o futuro desenvolvemento de Vigo

* O presidente manifestou o seu “compromiso pleno” coa cidade na súa primeira visita institucional a Vigo
* Afirma que o Goberno puxo as bases para colocar Vigo como referente na I+D mariña ao impulsar a creación da Cidade do Mar
* Anuncia que en pouco tempo se consolidará o acordo entre o Ministerio de Fomento, a Xunta e o Concello para a integración do AVE na cidade.

O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, salientou que nos seis primeiros meses do Goberno que preside se deu impulso á posta en marcha de cinco proxectos estratéxicos para o progreso e o desenvolvemento de Vigo. Na súa primeira visita institucional á cidade olívica, o presidente quixo destacar o compromiso pleno coa cidade e ratificou o seu ofrecemento de cooperación leal co Concello e coa alcaldesa, Corina Porro.

En comparecencia ante os medios coa rexedora municipal, o xefe do Executivo galego quixo transmitir que nestes seis meses de Goberno houbo “boas noticias” sobre cinco proxectos estratéxicos para a cidade. En primeiro lugar, o presidente fixo referencia ao acordo “que en pouco tempo se consolidarᔠentre o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo para dar luz “ao proxecto soñado da cidade” de integrar a alta velocidade en Vigo. Neste acordo, o presidente salientou que se “garante plenamente” a saída sur da cidade, unha “reivindicación histórica” que respecta e garante a intermodalidade plena da futura estación.

A segunda boa noticia á que se referiu Emilio Pérez Touriño é a resolución ao problema da depuradora de Vigo, un aspecto que provocou unha “situación complicada ante a Unión Europea” pero que o presidente destacou que está “enfocada”. Ao respecto, o xefe do Executivo autonómico destacou que é un proxecto “vital e decisivo” e amosou a súa confianza e compromiso do Goberno pola resolución do problema.

En terceiro lugar, o máximo mandatario galego referiuse ao “impulso potente” dado ás instalacións portuarias de Vigo co proxecto para constituír o “porto do século XXI”, un proxecto que permitirá, segundo explicou, duplicar a capacidade en contedores, triplicar a capacidade en pesca, e configurar o novo porto de Vigo no que constitúe “un salto sen precedentes”.

Respecto ao cuarto proxecto, o presidente destacou que en 12 semanas estará finalizado o proxecto funcional do novo gran centro hospitalario da área sur de Galicia. “Un novo centro que permitirá cambiar radicalmente a oferta sanitaria en Vigo”, asegurou.

Oproxecto ao que fixo referencia o presidente da Xunta é a posta en marcha da Cidade do Mar. “Dixen que Vigo tiña que aspirar a ser referencia europea no mundo do mar, e isto hoxe está consolidado en torno ás bases do proxecto da Cidade do Mar”, indicou Touriño, quen manifestou que con esta iniciativa se trata de “pór en valor, definir e avanzar” un proxecto de “envergadura extraordinaria” que é facer da cidade olívica “a plataforma de referencia na I+D mariña”. O presidente manifestou o seu compromiso de avanzar na definición deste gran proxecto e de presentar en breve a memoria do mesmo.

Respecto á lei da área metropolitana de Vigo, o máximo mandatario autonómico anunciou que este ano terá entrada no Parlamento. “O Goberno traballa para facer súa esta proposta e, polo tanto, Vigo e a súa área metropolitana deben estar tranquilos”, sinalou o presidente.

Sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal, Emilio Pérez Touriño lembroulle á alcaldesa de Vigo que a Xunta aínda “espera poder recibir” o documento, para poder estudar a proposta e, no seu caso, aprobala. “A intención da Xunta será cumprir as funcións que lle corresponde no PXOM. Pero a Xunta espera aínda a recibilo”, aclarou Touriño, quen deu ánimos á alcaldesa e ao Concello para rematar esa tarefa tan importante.

Finalmente, o presidente da Xunta afirmou que Vigo ten un “horizonte de futuro extraordinariamente ilusionante” e manifestou que esta cidade, “como motor económico de Galicia”, conta cuns proxectos xa en marcha que definirán o seu futuro. Touriño puxo a Vigo como exemplo da Galicia do futuro, en capacidade de emprender e innovar, e dixo que debe xogar un papel estratéxico na eurorrexión.

R., 2006-02-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (nenos-clase-estudo.jpg) O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO (se ben parte deles sono en ambas etapas á vez), 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades. Así, outros centros optan por contar con seccións bilingües.
Foto de la tercera plana (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES