Noticias

Galicia incorpórase ao buró político da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas

Tivo lugar en Noruega a 54ª Asemblea Xeral da Comisión do Arco Atlántico, na que se defendeu a necesidade de afianzar a cooperación entre as rexións atlánticas. Este encontro serviu para avanzar no reforzo da representación de Galicia nos espazos de decisión da cooperación rexional europea, coa incorporación ao buró político da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa (CRPM) de Galicia. A remuda permitirá manter o equilibrio territorial entre as rexións das concas atlántica e mediterránea, para defender os intereses dos territorios europeos máis occidentais nos órganos de dirección da organización.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou en Noruega na 54ª Asemblea Xeral da Comisión do Arco Atlántico, na que defendeu a necesidade de afianzar a cooperación entre as rexións atlánticas. Este encontro serviu para avanzar no reforzo da representación de Galicia nos espazos de decisión da cooperación rexional europea, coa incorporación ao buró político da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas de Europa (CRPM) de Galicia.

A remuda permitirá manter o equilibrio territorial entre as rexións das concas atlántica e mediterránea, para defender os intereses dos territorios europeos máis occidentais nos órganos de dirección da organización. O acceso a esta posición sitúa Galicia nun lugar privilexiado para participar no desenvolvemento da Macrorrexión Atlántica, a política pesqueira ou a economía azul, nun dos grupos de interese rexional con máis influencia ante a Comisión Europea nestes eidos.

Durante a súa intervención, o director xeral salientou que as rexións atlánticas conseguiron construír un espazo de cooperación e intercambio de experiencias que debe seguir avanzando para dar resposta aos desafíos comúns e identificar oportunidades. Neste sentido, recalcou a necesidade de adaptarse a un contexto de profundas transformacións climáticas, xeopolíticas, enerxéticas, económicas e tecnolóxicas. Para Gamallo, o espazo atlántico dispón de activos e capacidades suficientes para afrontar estes retos e apuntou a necesidade de mellorar a integración e a articulación dos seus territorios mediante unha visión estratéxica compartida.

A Macrorrexión Atlántica, unha prioridade para Galicia

Jesús Gamallo reafirmou o compromiso de Galicia coa creación da Macrorrexión Atlántica, un proxecto que considera fundamental para reforzar a cooperación entre os territorios da fachada atlántica europea e que debería materializarse en 2027. Así, lembrou que a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal solicitou o pasado mes en Tordesillas o apoio explícito da Comisión Luso-Española para a Cooperación Transfronteiriza (CLECTF) á creación da Macrorrexión Atlántica e á súa Estratexia. Unha petición que foi aceptada e incorporada ás conclusións finais da reunión.

, 2026-11-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (autopista-ap9.jpg) A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
Foto de la tercera plana (agro-tractor.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.

Notas

A sexta edición de Ultrafast Science and Technology Spain 2026 botou a andar este mércores 18 na USC. O foro que se estende ata o venres 20 reúne persoal investigador e empresas cuxas áreas de desenvolvemento, innovación e investigación atópanse vinculadas ao ámbito dos láseres ultrarrápidos e ás súas aplicacións na Física, a Química, a Medicina ou a Ciencia dos Materiais.
Conformado por seis estudantes de Belas Artes e unha alumna de Comunicación, o colectivo Recanto asumiu neste curso a coordinación da Sala O Abrigo, onde nestas semanas preséntanse tamén como artistas a través da mostra colectiva 'Dentro dun espazo maior'. Articulada arredor do significado da súa propia denominación, esta exposición levounos a construír o seu propio 'recanto' dentro deste espazo da UVigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES