Noticias

Entregado o Premio María Josefa Wonenburger a África González e Yolanda Prezado

África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, é licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Alcalá coa especialidade en Inmunoloxía. Posteriormente, realizou importantes investigacións no Laboratory of Molecular Biology de Cambridge onde participou na técnica de investigación da obtención de anticorpos monoclonais. Pola súa banda, Yolanda Prezado é licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus). Previamente, formou parte do Institut Curie, en París, como líder do grupo de radiobioloxía traslacional.

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, presidiu esta mañá a entrega do Premio María Josefa Wonenburger Planells correspondente ás edicións de 2025 e 2026, que distinguiu ás investigadoras África González e Yolanda Prezado polas súas salientables traxectorias científicas e a súa contribución ao avance do coñecemento. Ao acto tamén asistiu o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.

Na edición de 2025, o galardón recaeu en África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. É licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Alcalá coa especialidade en Inmunoloxía ao tempo que presentaba a súa tese doutoral. Posteriormente, realizou importantes investigacións no Laboratory of Molecular Biology de Cambridge onde participou na técnica de investigación da obtención de anticorpos monoclonais. No ano 1996 instalouse en Vigo na primeira área de inmunoloxía das universidades galegas e pouco despois comezou a dirixir o Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) no que liderou as investigacións sobre resposta inmunitaria, inmunolóxica básica e aplicada ao desenvolvemento de vacinas.

A Unidade da Muller e da Ciencia destacou o papel de África González nas investigacións sobre nanomedicina, sendo a cofundadora da empresa Nanoinmunotech que desenvolve tecnoloxías a partir de nanomateriais. Ademais, neste campo desenvolveu un biosensor para identificar células tumorais ou o uso das nanovacinas para tratamentos de cancro.

Pola súa banda, Yolanda Prezado é licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela e investigadora do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus). Previamente, formou parte do Institut Curie, en París, como líder do grupo de radiobioloxía traslacional. Durante os anos 2019 e 2020 presidiu o Comité Científico da Federación Europea de Físicos Médicos e o Congreso Europeo de Física Médica. Desde o seu regreso a Galicia está configurando un polo de referencia en radioterapia avanzada no CiMUS. A Unidade da Muller e da Ciencia destacou o seu papel nas investigacións sobre radioterapia e, especificamente os seus traballos sobre protonterapia, da que é unha referente europea. En xeral, o seu labor céntrase en impulsar tratamentos radiobiolóxicos fronte ó cancro, con terapias menos invasivas.

En 2024, despois de máis dunha década en Francia, a Dra. Prezado retornou a Galicia para incorporarse ao CiMUS-USC como investigadora distinguida do programa Oportunius da GAIN, o que supón a validación operativa do principal instrumento que a Xunta deseñou para captar talento investigador de excelencia internacional. O obxectivo do seu retorno é impulsar a investigación en protonterapia, unha tecnoloxía da que Galicia será referente a nivel estatal coa apertura en 2026 do primeiro centro da rede pública estatal.

R., 2026-07-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES