Noticias

Artesanía de Galicia chegará ao Courel entre o 5 e o 9 de agosto

Presentouse en Lugo a sexta edición do evento Artesanía de Galicia no Courel, que se celebrará en diferentes localidades de Folgoso do Courel entre os días 5 e 9 de agosto e que incluirá cursos de iniciación con inscrición previa, así como obradoiros gratuítos e abertos ao público. A través desta iniciativa —organizada pola Fundación Artesanía de Galicia coa colaboración deste concello lugués e da Fundación Uxío Novoneyra— promóvese a presenza dos oficios artesanais nos espazos rurais e reforza a visibilidade da marca Artesanía de Galicia, ao tempo que favorece o achegamento do público ás técnicas tradicionais e aos valores do feito á man.

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, presentou esta mañá en Lugo a sexta edición do evento Artesanía de Galicia no Courel, que se celebrará en diferentes localidades de Folgoso do Courel entre os días 5 e 9 de agosto e que incluirá cursos de iniciación con inscrición previa, así como obradoiros gratuítos e abertos ao público. A través desta iniciativa —organizada pola Fundación Artesanía de Galicia coa colaboración deste concello lugués e da Fundación Uxío Novoneyra— a Xunta promove a presenza dos oficios artesanais nos espazos rurais e reforza a visibilidade da marca Artesanía de Galicia, ao tempo que favorece o achegamento do público ás técnicas tradicionais e aos valores do feito á man.

Na rolda de prensa —na que tamén participou a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro— Alén salientou o valor de citas coma esta para favorecer a transmisión dos oficios ás novas xeracións. Neste sentido, lembrou que a Xunta puxo en marcha este ano, por primeira vez, unha liña específica dotada con 1 M€ dentro da orde de Primeira Experiencia Profesional destinada a incentivar contratos formativos de aprendices en oficios tradicionais e cuxo prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de setembro.

As solicitudes para os cursos de iniciación que requiren inscrición previa están xa abertas na páxina web da Fundación Artesanía de Galicia, e estarán enfocados na cerámica, na ourivería, na ebanistería, na cestería e no gancho. Todos estes cursos teñen un custo de 40€. O Centro Sociocultural Fondo de Vila acolle o curso de Iniciación ao torno cerámico, impartido por Carlos San Claudio en horario de 10,30 a 13,30 e de 16,00 a 18,00 h., para o que hai cinco prazas dispoñibles.

Na Antiga Escola Unitaria de Parada desenvolveranse os cursos de Iniciación á ourivería, con Susi Gesto, e o de Técnicas de ebanistería, impartido por Rodrigo Mosquera, do obradoiro Tresoficios. Para cada un destes cursos hai seis prazas dispoñibles e realizaranse en horario de 11,00 a 13,30 e de 16,:00 a 18,00 h.

No aloxamento rural A Carbiña terán lugar o resto dos cursos de inscrición previa, que se realizarán en horario de 11,00 a 13,30 e de 16,00 a 18,00 h. Belén Martínez, de Casa Atlántica, impartirá o curso de Elaboración dun tallo encordado, para o que hai cinco prazas dispoñibles. Dolores García, do obradoiro Logaro, impartirá o curso Tecendo o chal das danzas, e Julia de la Cal, de La Parabólica, encargarase da formación Máscaras e aldeas de vimbio. Estes dous cursos contan con oito prazas cada un.

Obradoiros abertos

Na programación desta sexta edición de Artesanía de Galicia no Courel están programados tamén 11 obradoiros abertos a todo tipo de públicos, centrados na estampaxe, no tecido tradicional en tear, na elaboración de pinturas e na encadernación.

No Centro Sociocultural Fondo de Vila celebraranse os obradoiros de Técnicas de cerámica en mesa, impartido por Olalla Lojo, de Misoco Designs, e os obradoiros de estampaxe impartidos por Sandra Betanzos, de Amor ó teu, cuxa temática variará cada un dos días. O mércores 5 de agosto realizarase o de faroliños de papel, o martes o de creación de selos e estampaxe dun caderno, o venres e o domingo farase o de estampaxe dun pano coa técnica do esterxido, mentres que o sábado traballarase coa técnica da serigrafía e tipografías sobre unha camiseta. O horario destes seis cursos será de 10,30 a 13,30 e de 16,00 a 18,00 h.

Na Fundación Uxío Novoneyra, terá lugar o obradoiro especializado na Técnica de felpado ou gorullo, impartido por Lourdes Otero de Fusaiola, e catro obradoiros impartidos por María José Martínez e José Antonio Carrera de Peixesapop. O mércores amosarán como crear pinturas con pigmentos, o xoves a técnica artística da prancha de xel sobre tecido, o venres e o sábado sobre creación de libros infinitos e o domingo impartirán un obradoiro sobre encadernación á australiana. O horario destes obradoiros será de 11,00 a 13,30 e de 16,00 a 18,00 h.

R., 2026-07-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES