Noticias

A biotecnoloxía consolídase como un sector económico e científico puxante en Galicia

Os bos resultados acadados nos últimos anos en biotecnoloxía sitúan a Galicia nunha posición de referencia neste sector, con moita proxección de futuro. A biotecnoloxía pasou de ser unha aposta estratéxica a converterse nun sector económico e científico con masa crítica, capacidades diferenciais e resultados medibles. Así o amosan os resultados acadados na execución da Estratexia de consolidación do sector en Galicia 21-25. Entre eles, destaca a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, acadando a cifra de 162 compañías actuais; unha facturación de 2.037 millóns de euros, que cuadriplica a de 2021 e se sitúa no 2,6% do PIB; ou o aumento do emprego cualificado vencellado ao sector, acadando as 5.693 persoas traballadoras, tres veces máis desde 2021.

Os bos resultados acadados nos últimos anos en biotecnoloxía sitúan a Galicia nunha posición de referencia neste sector, con moita proxección de futuro. A directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Carmen Cotelo, participou esta mañá nunha dobre sesión do evento Galicia Biodays, foro da industria biotecnolóxica que reúne estes días en Vigo a expertos internacionais, e destacou o éxito da Estratexia de consolidación do sector 21-25 na súa ponencia Liderando a biotecnoloxía desde Galicia. Na sesión de apertura da xornada, resaltou tamén a importancia do esforzo compartido de todos os axentes do ecosistema biotecnolóxico galego.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP apuntou que a biotecnoloxía pasou de ser unha aposta estratéxica a converterse nun sector económico e científico con masa crítica, capacidades diferenciais e resultados medibles. Así o amosan os resultados acadados na execución da Estratexia de consolidación do sector en Galicia 21-25. Entre eles, destaca a creación de 30 novas empresas biotecnolóxicas, acadando a cifra de 162 compañías actuais; unha facturación de 2.037 M€, que cuadriplica a de 2021 e se sitúa no 2,6% do PIB; ou o aumento do emprego cualificado vencellado ao sector, acadando as 5.693 persoas traballadoras, tres veces máis desde 2021.

Por outra banda, o sector acadou un investimento histórico en I+D, con 175 M€ de gasto en I+D no 2024, que representa o 16,6% do gasto total da comunidade, e logrou captar 45 M€ de investimento privado, superando o obxectivo de 30 M€ e con dous novos fondos de capital risco operando en Galicia. Ademais, os datos de creación de empresas, intensidade do gasto en I+D biotecnolóxica e porcentaxe de investigadores do sector bio sitúan a Galicia como a segunda comunidade autónoma de España, só por detrás de Cataluña.

Esforzo compartido e fitos acadados

A directora da Axencia Galega de Innovación atribuíulle estes bos resultados ao esforzo compartido de todo o ecosistema biotecnolóxico galego, que colabora estreitamente para impulsar o crecemento do sector e destacou algúns dos fitos acadados nos últimos anos. Entre eles, destaca a creación de dous centros de servizos avanzados para o sector como o Biopolo da Sionlla e o Centro de Investigación Empresarial de Mestrelab, a creación do centro de terapias avanzadas CAR-T ou a concesión a Galicia dunha fábrica europea de IA especializada en OneHealth.

Para rematar, Carmen Cotelo lembrou que Xunta e sector están traballando conxuntamente na elaboración da nova estratexia de excelencia do sector, para o período 26-30, que se presentará proximamente e que persegue situar a Galicia como un referente internacional nesta materia.

R., 2026-05-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES