
Tras recordar que o Executivo central xustifica a reforma no expediente de infracción aberto en 2023 pola UE contra España por incumprir a directiva de servizos en relación ás concesións no litoral, a conselleira pediu o amparo da CE xa que a pesar das reiteradas solicitudes de información por parte da Xunta e de anos de escurantismo sobre un asunto no que Galicia é parte interesada, é agora cando o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico acelera ao máximo os prazos de tramitación escudándose en Bruxelas para que o novo regulamento entre en vigor este verán.
Neste sentido, a conselleira criticou os tempos do Goberno central pero tamén a fórmula elixida, xa que optou por introducir cambios na lexislación vixente que van máis aló do ditame emitido en 2024 pola Comisión Europea en lugar de modificar a lei estatal de costas ou facer unha nova, tal e como exixen as comunidades e a propia CE.
A responsable autonómica incidiu en que tras coñecer e analizar o contido do anteproxecto co que o Executivo central pretende modificar o Regulamento de Costas confírmase que a decisión non responde a unha exixencia de Bruxelas pois, entre outras cuestións, pretende por iniciativa propia estender a aplicación da directiva de servizos europea ao sector produtivo, incluído o complexo mar-industria. Isto suporía na práctica, explicou, equiparar a situación dunha batea ou dunha conserveira coa dun chiringuito de praia cando son instalacións totalmente distintas e coas súas propias singularidades.
Caos social e económico na costa
Nos termos actualmente propostos polo Ministerio, Ángeles Vázquez advertiu que a entrada en vigor do novo regulamento suporía un caos desde o punto de vista social e económico en España e, en especial, en Galicia, a comunidade con máis quilómetros de costa e na que se estima que se verían afectados uns 25.000 empregos que dependen de actividades que se desenvolven no dominio público marítimo-terrestre (DPMT).
Ademais, os cambios xerarían inseguridade xurídica inmediata para todas aquelas actividades económicas asentadas e con investimentos importantes nesta faixa do litoral, cun volume de facturación estimado en 3.714 M.
En concreto, a conselleira explicou que esta modificación permitiría a anulación de prórrogas sobre concesións xa outorgadas, a denegación de prórrogas solicitadas e a aplicación, con carácter xeral, dun réxime máis restritivo ás novas concesións, ao tempo que pretende eliminar a figura das prórrogas extraordinarias. De igual xeito, a administración podería cambiar de oficio os títulos de concesión para limitar a súa duración e abre a porta a revocarlle a autorización se o titular non acepta o novo prazo.
A modo de exemplo, explicou que ten constancia dunha empresa no Grove, con 400 traballadores, que pediu unha nova concesión en 2021 que leva anos paralizada polo Estado, de forma que se a reforma sae adiante, non tería garantida a continuidade.
En todo caso, denunciou que nestes momentos é difícil aínda calcular o alcance concreto que terían os cambios propostos porque o Estado nunca contou cun rexistro oficial das concesións na costa e case nove meses despois de facerse efectivo o traspaso a Galicia das funcións e servizos para a xestión do litoral, aínda non enviou todos os expedientes nin corrixiu as deficiencias detectadas nos que xa se recibiron.
Esta actitude por parte do Ministerio, incidiu a conselleira, é unha mostra máis da súa deslealdade coas comunidades con competencias neste eido xa que, lembrou, será a Xunta a encargada de tramitar as novas concesións e as prórrogas no DPMT ao amparo da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, unha norma avalada no seu día polo Tribunal Constitucional e que aposta pola visión integral da costa desde unha tripla perspectiva (social, ambiental e económica), en liña co que defende Europa.
Para afondar nas presas do Executivo central por sacar adiante esta modificación lexislativa pola porta de atrás e sen participación, a conselleira lembrou que non convocou a Conferencia sectorial de Medio Ambiente para abordar este asunto coas comunidades afectadas, unha reunión que, de feito, Galicia segue reclamando.
Así mesmo, criticou que a diferenza da modificación do Regulamento de Costas proposta en 2022 (tamén de forma unilateral e que finalmente non prosperou), o actual anteproxecto carece de memoria xustificativa e de trámite específico de consulta polo que non se estuda nin cuantifica o seu impacto.
Ante esta falta de transparencia, Ángeles Vázquez trasladoulle ás autoridades comunitarias a oposición rotunda da Xunta ante a modificación tal e como está actualmente proposta. De feito, xa reclamou que se suspenda o prazo de alegacións ao anteproxecto ante a existencia de numerosos defectos de forma e a ausencia de información preceptiva e imprescindible para exercer adecuadamente e de forma ben fundamentada o seu dereito a participar na tramitación da reforma do regulamento.
Con esta decisión, procúrase ampliar a internacionalización, unha maior apertura á creatividade dixital coa irrupción das novas tecnoloxías e darlle pulo a súa descentralización dentro e fóra de Galicia. O obxectivo con esta renovación é impulsar estes eidos na actividade deste centro museístico, referente da arte contemporánea en Galicia e España, tras case once anos con Santiago Olmo á fronte da súa dirección. Como resultado do seu labor, o Centro Galego de Arte Contemporánea acadou en 2025 ser recoñecido como Insignia da cultura galega polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, segundo os resultados do prestixioso informe elaborado coas valoracións de máis de 400 expertos e profesionais de toda España.
O presidente da Xunta informou de que 'Galicia vai liderar un val especializado en tecnoloxía cuántica no que participarán nove países europeos' e que contará cun investimento de 14,3 millóns de euros. Rueda lembrou que a comunidade 'está a posicionarse como referente europeo' neste eido e asegurou que o feito de que Galicia lidere un proxecto 'nunha materia con tanto futuro é un reflexo da boa saúde da I+G+i galega'. A Comisión Europea acaba de conceder un novo proxecto de cuántica polo que a nosa Comunidade vai liderar un val de innovación, é dicir, unha iniciativa de colaboración entre rexións que destacan pola súa capacidade neste ámbito e que, grazas a este val, van conectalas para facer novos desenvolvementos e incrementar a soberanía da UE.