
Ademais, o Centro Público Integrado Uxío Novoneira (Pedrafita do Cebreiro) decide deixar de empregar o programa en Primaria, manténdoo en Secundaria. Por outra banda, o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño (Cabanas) solicitou a saída, pero aínda está dentro do período de permanencia, polo que unha comisión analizará a viabilidade da petición.
A entrada e saída ao proxecto E-Dixgal é voluntaria por parte dos centros con varios requisitos, entre eles o apoio previo do Claustro do profesorado e do Consello Escolar, onde están representadas as familias. Ademais, deben ter rematada a súa permanencia.
Amplo proceso de mellora
Cómpre lembrar que a Xunta está a mellorar o proxecto E-Dixgal co obxectivo de reforzar o seu carácter híbrido. De feito, a Consellería ten en licitación nestes momentos un contrato por un importe de máis de 1,1 M para dotar aos centros participantes de recursos educativos impresos e material didáctico en formato físico a partir do vindeiro curso. Trátase de contidos deseñados por empresas editoriais en soporte papel que abranguen fichas didácticas, fichas de repaso e ampliación e fichas empíricas de actividades prácticas, todas adaptadas aos distintos niveis e ás áreas do currículo.
Estes materiais irán acompañados de formación específica para o profesorado sobre o uso pedagóxico do modelo híbrido, a integración equilibrada de recursos dixitais e analóxicos, a aplicación de metodoloxías activas e competenciais por parte dos docentes e o uso do material manipulativo e recursos didácticos, así como de información ás familias a través de xornadas e talleres sobre orientación no uso responsable da tecnoloxía, acompañamento no proceso educativo do alumnado e comprensión do papel dos libros de texto e dos recursos dixitais.
Libros en papel
Como complemento a estas medidas, desde este curso as familias con fillos no programa E-Dixgal poden acceder tamén ao fondo solidario de libros de texto, de tal forma que o alumnado conte con manuais dixitais e en papel. Isto opera para os fogares con rendas iguais ou inferiores a 10.000 per cápita. No caso de que superen estes umbrais de renda, as familias poden beneficiaranse da nova dedución fiscal de ata 105 por fillo, para rendas per cápita superiores aos 10.000 e ata 30.000.
A incorporación de libros en papel é, en todo caso, unha decisión voluntaria por parte de cada centro, podendo establecer ata tres manuais en Primaria e dous en Secundaria con cargo ao fondo solidario.
O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.