Noticias

Santiago de Compostela acolle o Congreso GaliciaTIC inaugurado polo director xeral de I+D, Salustiano Mato, que aposta por impulsar a colaboración das empresas TIC para crear unha plataforma competitiva de ámbito internacional

* O Director Xeral de I+D+I inaugurou en Compostela a terceira edición do Congreso Galicia TIC, un foro de encontro para o intercambio de experiencias e de coñecementos en torno ás Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. O Congreso acolle outras iniciativas entre as que destacan a celebración de almorzos-coloquio nos que un invitado especial resolve as dudas dos asistentes en torno a esta temática; un foro empresarial sobre casos de éxito, e outro profesional sobre tendencias nas TIC, así como a entrega dos Premios Galicia TIC 2005. O Congreso clausúrase cunha conferencia sobre a Sociedade dixital. Tecnoloxía ao servizo do cidadán. Proxecto estratéxico 22aBCN.

O Director Xeral de I+D+I, Salustiano Mato de la Iglesia, inaugurou a terceira edición do Congreso Galicia TIC. O acto inaugural tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, sé onde se desenvolve a iniciativa durante os días 25 e 26 de outubro.

Durante a súa intervención, Mato de la Iglesia explicou as liñas mestras para desenvolver un sector empresarial potente das TIC en Galicia. Así, e aínda que suliña a existencia en Galiza dalgunhas industrias de gran prestixio e longa traxectoria, e doutras máis novas que naceron na era da informatización das empresas, recoñece que nas TIC “aínda queda moito camiño por explorar dado o seu carácter horizontal e multisectorial”. Neste sentido, o Director Xeral de I+D+I expuxo a vontade da Consellería de Innovación e Industria “de impulsar a colaboración entre as empresas do sector TIC, a fin de constituír grupos potentes e cunha oferta conxunta que configure unha Plataforma TIC competitiva en calquera escenario, galego, de España ou internacional”, declara.

Aunar o esforzo público e privado

Mato de la Iglesia afirmou asimesmo que, neste contexto, “as accións do sector público poderán orientarse cara unha maior eficacia na súa aplicación, fomentando a participación das empresas no proceso de innovación, primeiro, e de I+D despois”. Suliñou tamén a necesidade dun apoio conxunto das iniciativas pública e privada, “para acadar un maior impacto e grao de difusión, moi necesarios neste tipo de tecnoloxías”, e pón de manifesto a necesidade de integrar ás universidades no proceso, “dando sentido a iniciativas como a do Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións, e outras xa existentes como o CESGA”, declara.

Esta terceira edición do Congreso sobre as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións xira arredor do “O uso das TIC. Aplicacións e tendencias para un mundo en rede”. Un tema de máxima actualidade en Galiza, onde a Consellería de Innovación e Industria está a traballar para achegar a banda ancha a toda a poboación. Mato de la Iglesia explica que a implantación da banda ancha en Galiza “prodúcese a un ritmo normal nos núcleos urbáns galegos, pero non sucede o mesmo no rural, o que discrimina a parte da poboación que queda privada do acceso á Sociedade da Información”. Por iso, e segundo o Director Xeral de I+D+I, “a Xunta de Galiza tén a responsabilidade de responder a este reto no menor tempo posible, e xa se están a dar os primeiros pasos para que todos os núcleos de poboación galegos accedan á banda ancha”, asegura.


Mato de la Iglesia cre que a saúde do sistema de I+D+I “mídese en función do papel que xoga o gasto empresarial en Galiza”. Na actualidade, este gasto é do 40%, unha cifra que califica como “moi escaso”. Segundo explica, “necesita incrementarse considerablemente para achegarnos aos niveis de toda España, que é do 54%. Atopámonos aínda entre aqueles países que non traspasaron o límite no que as empresas asumen de forma crecente o liderazgo no financiamento da I+D”, expón.

A especialización e a exportación como motores da I+D


Neste contexto, Mato de la Iglesia revela que o gasto de I+D sitúase en Galicia no 0,86% do PIB, e asegura que un rápido avance “só pode producirse nun contexto no que exista unha forte especialización industrial e unha economía orientada á exportación”. O Director Xeral de I+D+I cre, non obstante, que en Galiza aínda non se dan estas condicións “debido, en parte, á estructura produtiva, que non se desenvolve en sectores de alta tecnoloxía, e ao tamaño insuficiente das empresas para exercer de tractoras da I+D”, conclúe.

O Congreso Galicia TIC desenvolverase os días 25 e 26 de outubro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Durante o seu desenvolvemento, acollerá unha serie de actividades entre as que destacan unha serie conferencias sobre as empresas TIC que abordarán cuestións como a publicidade on-line, a movilidade e as comunicacións na empresa e a tecnoloxía e os negocios nun mundo en rede, entre outras.

O Congreso Galicia TIC é unha actividade organizada por FEUGA –Fundación Empresa Universidade Galega-. A Consellería de Innovación e Industria contribúe ao seu finanzamento coa aportación de 60 mil euros en virtude dun convenio de colaboración asinado polos dous organismos.

, 2005-10-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES