Noticias

A nova edición do Global Sustainable Seafood Galicia Forum en Vigo celebrarase o día 28 de abril

O Global Sustainable Seafood Galicia Forum reúne cada ano en Galicia a representantes institucionais, científicos, empresas, organizacións profesionais e expertos internacionais para analizar os retos e oportunidades do sector, poñendo en valor o papel da pesca e da acuicultura como actividades estratéxicas para a seguridade alimentaria, o desenvolvemento económico e a cohesión territorial. Esta edición volverá situar Vigo como punto de encontro do sector, favorecendo a proxección exterior da cadea mar-industria galega e o intercambio de coñecemento arredor dos desafíos aos que se enfronta nun contexto marcado polo cambio climático, a evolución dos mercados e as novas normativas.

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo unha reunión con representantes da Fundación Nueva Pescanova para abordar a organización da edición deste ano do Global Sustainable Seafood Galicia Forum, que se celebrará en Vigo o vindeiro 28 de abril e no que volverá colaborar a Consellería do Mar.

Durante o encontro, ambas partes avanzaron nos preparativos dun foro que se consolidou como unha cita de referencia internacional para o debate sobre o futuro do sector pesqueiro e acuícola, coa sustentabilidade, a innovación, a ciencia e a cadea de valor dos produtos do mar como eixos centrais. A Xunta reafirmou o seu compromiso con esta iniciativa, mantendo a súa achega económica.

O Global Sustainable Seafood Galicia Forum reúne cada ano en Galicia a representantes institucionais, científicos, empresas, organizacións profesionais e expertos internacionais para analizar os retos e oportunidades do sector, poñendo en valor o papel da pesca e da acuicultura como actividades estratéxicas para a seguridade alimentaria, o desenvolvemento económico e a cohesión territorial.

A Consellería do Mar destacou a importancia de seguir apoiando este tipo de espazos de diálogo e reflexión, que contribúen a reforzar a posición de Galicia como referente europeo e internacional no ámbito da pesca sostible e da transformación e comercialización de produtos pesqueiros.

Esta edición do foro volverá situar Vigo como punto de encontro global do sector, favorecendo a proxección exterior da cadea mar-industria galega e o intercambio de coñecemento arredor dos principais desafíos aos que se enfronta nun contexto marcado polo cambio climático, a evolución dos mercados e as novas esixencias normativas.

R., 2026-02-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES