
A Xunta reforza os lazos coa lusofonía co apoio, un ano máis, do Festival Converxencias que programa, ata o 15 de marzo, un total de 16 actividades entre Galicia e Portugal que abranguen concertos, teatro, cinema e poesía, entre outras actividades. Así o deu a coñecer hoxe o secretario xeral da Lingua, Valentín García, na presentación da duodécima edición deste certame.
Tal e como precisou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, as actividades, que xa se levan desenvolvendo desde o pasado 10 de febreiro, celebraranse durante case un mes entre a localidades lusa de Braga e as galegas de Padrón, Ponteareas, A Estrada e Santiago de Compostela.
Ao respecto do certame, salientou o pulo e a relevancia que o Goberno galego lle concede desde hai doce anos a este festival que procura achegar o noso idioma a outros territorios de fóra da nosa Comunidade. Ao respecto, precisou que se encadra dentro das accións estratéxicas da Xunta a prol do impulso da lingua galega e os vencellos coa lusofonía, ao abeiro da coñecida como a Lei Valentín Paz-Andrade.
Concertos, cinema, poesía e teatro
Sobre a programación, Valentín García sinalou como unha das citas máis destacadas o tradicional tributo deste festival a José Afonso e Rosalía de Castro. Nesta edición, actuarán o grupo Canto DAquí xunto coa Orquestra Filarmónica de Braga, que terá lugar o vindeiro domingo, 22 de febreiro, nesta mesma cidade lusa.
En todo caso, o responsable de Lingua do Goberno galego tamén puxo en valor a calidade e relevancia do resto de propostas da programación. Así, destacou o concerto da cantora galega Uxía, de xira de celebración dos 40 anos de actividade profesional, ou o recital de poesía Gallaecia, que contará coas autoras Cátia Cardoso e Elba Pedrosa.
De igual xeito, subliñou a posta en escena da representación teatral de Agora as vellas e os vellos xa se poden namorar do grupo Pena do Equilibrio, do municipio pontevedrés de Ponteareas, ou a celebración dun ciclo de cinema galego, en Braga, que inclúe a proxección de Deuses de Pedra, de Iván Castiñeiras, e O Corno, de Jaione Camborda.
Culminarán as propostas desta ampla programación os concertos conmemorativos dos 40 anos de Canto DAquí, en Ponteareas, e dos 90 do grupo folclórico Dr Gonçalo Sampaio, nunha actuación que terá lugar en Santiago de Compostela, o 15 de marzo.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.