
Neste sentido, Films from Galicia 2026 comeza mañá o seu periplo no European Film Market de Berlín, o espazo dedicado á exhibición empresarial e ao negocio que se desenvolve ata o 18 de febreiro en paralelo á Berlinale e ao que está prevista a asistencia de máis de 12.000 axentes do sector.
Proxectos en diferentes fases
O catálogo organiza os contidos segundo o momento no que se atopa cada produción e presta testemuño dos apoios acadados para cada proxecto, como os prestados pola Xunta de Galicia á maior parte dos títulos a través das diferentes liñas de subvención convocadas nos últimos anos.
No apartado de próximas estreas recóllense 10 filmes, entre eles Monstro, coa que Andrés Goteira regresará á gran pantalla, e que conta con Antonio Durán Morris no elenco. Outros títulos moi agardados son A nadadora, de Sandra Sánchez; A morte nos teus ollos, de Guillermo Oliveira; ou Tralovento, de Eloy Domínguez Serén. Nesta mesma sección inclúense cinco documentais e dous proxectos televisivos próximos a chegar ao público, configurando deste xeito un amplo escaparate actualizado do que está a piques de incorporarse ao calendario de festivais e á exhibición en salas.
No bloque de títulos xa estreados figuran 12 películas: Así chegou a noite, Rondallas, Antes de nós, Golpes, Onte á noite conquistei Tebas, Leo & Lou, Romería, San Simón, Sirât, Strany riu, As liñas descontinuas (que chega o 20 de febreiro aos cines) e Me has robado el corazón.
O apartado de producións xa finalizadas complétase con oito documentais estreados e con dous proxectos de animación, entre eles, Decorado, de Alberto Vázquez, que figura no catálogo coa súa candidatura ao Goya á mellor película de animación, ademais dun proxecto televisivo xa completado.
Pola súa banda, a sección de traballos en desenvolvemento incorpora 16 películas, con propostas asinadas por Lois Patiño, Paula Cons, Alfonso Zarauza, Álvaro Gago, Lucía Estévez ou Diana Toucedo, entre outras autorías presentes nesta panorámica. A relación complétase con cinco documentais e dous proxectos de animación tamén en fase inicial
Posta en valor conxunto do audiovisual galego e de Galicia
O catálogo inclúe un directorio de compañías produtoras e unha breve presentación de Galicia como territorio audiovisual, salientando o apoio público á posta en marcha e á produción de proxectos. Tamén se fai referencia ás medidas de estímulo para filmes rodados en Galicia xunto á capacidade do sector profesional do país, así como á riqueza patrimonial e paisaxística do territorio galego.
Así, a través da marca Films from Galicia, que se acompaña dun vídeo con imaxes das películas facilitadas polas produtoras, o Goberno galego contribúe a impulsar a proxección exterior do audiovisual galego, poñendo en valor a calidade e a variedade da súa oferta e reforzando ao tempo a promoción da Comunidade como escenario de rodaxes.
Este catálogo complétase coa recente edición de Shorts from Galicia 2026, dedicada ao formato curto e dispoñible tamén en versión física e dixital para a súa difusión internacional. A distribución desta selección de nove títulos comezou xa a principios deste mes de febreiro no mercado asociado ao festival de Clermont-Ferrand (Francia).
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.