Noticias

Galicia achégase aos 9 millóns de turistas en 2025 consolidando un incremento do 7% da rendibilidade do sector

Galicia supera por segundo ano consecutivo os 8 millóns de turistas aloxados en establecementos da comunidade. Segundo os datos feito públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística referentes a establecementos extra hoteleiros, o número de visitantes en 2025 pechouse cun rexistro global de 8,8 millóns de persoas, isto é un 7,3% máis que no ano 2024, cano do se rexistraron 8,2 millóns de turistas. Deste total, 7,3 millóns de visitantes aloxáronse en establecementos hoteleiros e extrahoteleiros de Galicia, rexistrando un incremento do 2,4%. O número de noites superou os 13,5 millóns, un 2% máis que en 2024.

Os hoteis e pensións ingresaron o pasado ano máis de 451,2 millóns de euros, un 5,2% máis que en 2024. A rendibilidade do sector incrementouse en 2025 o 7% con respecto ao ano anterior.

Ao número de viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros e extrahoteleiro súmanse os que fixeron noite en vivendas de uso turístico e elevan o cómputo global aos 8,8 millóns de visitantes.

Por tipo de establecementos, os viaxeiros aloxados en hoteis e pensións medraron en 2025 un 1,8%, mentres que os que o fixeron en cámpings, turismo rural, e albergues, entre outros fixérono nun 4%.

Neste período, o 71% da demanda coresponde ao turismo de ámbito nacional, que engloba o dos residentes en Galicia c 24% e o procedente doutras comunidades que se sitúa no 47%. O turismo internacional absorbe en 2025 o 29% da demanda turística.

En cifras globais, o mercado nacional computa 6,4 millóns de noites, cifra que alcanza o seu máximo histórica na serie de rexistros mentres que o internacional achégase aos 4 millóns de noites e o interno -dos residentes en Galicia- sitúase nos 3,2 millóns de noites. Deste xeito, o número de noites do turismo nacional increméntase o 3% dos residentes en Galicia, o 1,5% dos procedentes doutras autonomías e o 1,9% do mercado internacional con respecto aos valores de 2024.

O INE tamén fixo públicos os datos de ocupación do pasado mes de decembro. En concreto, 319.023 viaxeiros aloxáronse en establecementos hoteleiros e extrahoteleiros da comunidade, isto é un 4,2% máis que en decembro de 2024. O número de noites foi de 578.191, que se traduce nunha suba do 5%.

R., 2026-02-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES