Noticias

A Xunta e o Goberno de España avanzan en Bruxelas na planificación da factoría europea de IA que acollerá o Cesga

Galicia avanza na planificación da Fábrica europea de intelixencia artificial One1HealthAI concedida a finais do pasado ano, que estará especializada no ámbito da saúde integral (humana, animal e ambiental) e situada no Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). Con esta finalidade, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou hoxe na reunión en Bruxelas co director xeral de Redes de Comunicacións, Contidos e Tecnoloxías (DG Connect) da Comisión Europea, Roberto Viola, cita á que acudiu conxuntamente co secretario de Estado de Ciencia, Innovación e Universidades, Juan Cruz Cigudosa, a quen agradeceu a súa colaboración estreita.

O obxectivo é establecer a mellor planificación para o desenvolvemento desta factoría, unha das 19 que operarán en toda Europa, das que só dúas estarán en España e que supoñen un fito para a I+G+i polas posibilidades que abre en materia de investigación e innovación no campo da IA, a biotecnoloxía e a saúde.

Na reunión, na que o conselleiro acudiu acompañado por Carmen Cotelo, directora da Axencia Galega de Innovación, en representación da Xunta de Galicia, tamén participou o subdirector xeral de Redes de Comunicacións, Contidos e Tecnoloxías da Comisión Europea, Thomas Skordas, así como a secretaria xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, Teresa Riesgo, entre outros.

R., 2026-01-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES