
En outubro, os ingresos foron de máis de 41M, un 3% máis que en 2024 e tamén destaca a positiva evolución dos ingresos hoteleiros en meses como abril, cando o sector hoteleiro galego ingresou máis de 31M só nese mes, o que supuxo un incremento de máis do 15% polo efecto da Semana Santa.
A situación económica foi tamén especialmente positiva durante o verán, cunha facturación de mais de 63 millóns de euros no mes de xullo nos hoteis e pensións galegos, o que supuxo un incremento de preto do 10% con respecto ao mes de xullo do año anterior. Os ingresos hoteleiros ascenderon a máis de 84M no mes de agosto, o que é un incremento de máis do 4% con respecto a 2024.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2027 continuarán a reforzar o gasto social, cunha suba por riba da media do crecemento do orzamento e con melloras no acceso á vivenda, a máxima prioridade desta lexislatura. Así mesmo, o Goberno galego seguirá comprometido coa transformación do modelo produtivo cunha aposta polo investimento en I+D+i e pola mellora da formación para impulsar o crecemento empresarial. Ademais de aproveitar a riqueza dun Xacobeo 2027, 'que queremos que sexa o mellor da historia'.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, compareceu hoxe a petición propia no Pleno do Parlamento de Galicia para dar conta das preto de 700 medidas recollidas no novo Plan xeral de normalización da lingua galega. Fíxoo despois de que a maioría das formacións políticas con representación na Cámara galega chegasen a un acordo para enriquecer este texto froito do traballo de preto de dous anos feito por expertos con achegas de entidades, institucións e particulares. Neste senso, o responsable autonómico de Lingua agradeceu a colaboración e implicación de todos os profesionais que participaron, baixo a coordinación do académico Manuel González, na elaboración deste documento.