
O teatro segue centralizando a meirande parte desta axenda cultural, con 236 funcións ata xuño, a primeira das cales terá lugar mañá mesmo no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo con Manual de patronaxe, de Teatro do Noroeste. A programación deste semestre complétase con 29 actuacións de danza, as devanditas 23 de música, 12 de circo e 7 de maxia.
Estreas de producións galegas
A Rede Galega de Teatros e Auditorios volve funcionar, así mesmo, como unha das principais plataformas de exhibición dos novos espectáculos galegos diante do público, de xeito que son sete as estreas que acollerá durante esta primeira metade do ano.
A primeira delas será a de Ninguén tira fotos nos enterros, de Carlota e Compañía, no Teatro Rosalía Castro da Coruña este venres, día 16. En febreiro, o día 6, chegarán A historia vaxenial, de Artyc Content, ao Rosalía da Coruña, e BenQuerer, de Fran Sieira Compañía de Danza en coprodución co Centro Coreográfico Galego e xunto ao dúo musical Caamaño&Ameixeiras, ao Teatro Principal de Santiago de Compostela. O día 27 será a quenda de Bio Construción, de Ibuprofeno Teatro, na Casa da Cultura do Milladoiro, e de Riazor Ostia, de Os Náufragos, no Teatro Rosalía Castro.
Propostas para todos os públicos
Xunto con estas compañías, a proposta de artes escénicas ofrece unha ampla escolma de formacións con presenza recorrente no circuíto, combinando espectáculos de creación contemporánea, de repertorio e propostas familiares, producidos na súa meirande parte co apoio da Xunta a través da convocatoria anual de subvencións á creación escénica.
Entre as formacións con maior circulación figuran Malasombra con títulos como O Proceso, Testosterona ou Bernarda; Producións Teatrais Excéntricas con As desterradas, Monstros e Mofa e Befa: os dous de sempre; Talía Teatro con Un Deus salvaxe e Voa, Voa!, ademais da estrea de Artur Ui, o ovo da serpe; e Ibuprofeno Teatro con Reconversión e Bio Construción.
En canto ao apartado musical, Unto Vello, Os Carunchos, Terrae, Lembra Xabarín, De Vacas, Habana Café Son ou Xisco Feijoo son algunhas das propostas artísticas programadas neste primeiro semestre.
30 anos de traxectoria
A Rede Galega de Teatros e Auditorios cumpre este ano tres décadas de actividade, que se iniciou a partir da sinatura en maio de 1996 dun acordo marco entre a Xunta, os concellos das sete cidades galegas, a Deputación Provincial de Ourense e a antiga Caixavigo.
A súa primeira carteleira, integrada por 11 compañías, foi o punto de partida dun crecemento rápido que incorporou axiña outros 30 concellos e consolidou a Rede, xa nos seus primeiros anos de funcionamento, como o principal circuíto para a exhibición da produción escénica galega de carácter profesional, á que buscaba dotar de estabilidade na súa programación habitual.
Galicia rexistrou un mes de setembro seco e moi cálido, cunha temperatura media de 20,4 graos, é dicir, 2,4 graos por riba do habitual nesta época do ano. De feito, foi o segundo setembro máis caloroso na Comunidade desde 1961 (ano de inicio da serie histórica), tan só superado polo de 2018. Así consta no último informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, presentado esta mañá en Santiago de Compostela.
No que atinxe ao reparto territorial, a matrícula medra de forma xeneralizada en todas as provincias e en todas as áreas, sendo a provincia de Ourense a que rexistra unha porcentaxe máis elevada de crecemento. Así pois, Ourense acada as 7.053 persoas na FP (+7,43%), Lugo conta con 7.774 matrículas (+6,76), Pontevedra con 27.642 persoas (+5,64%) e A Coruña rexistra 32.914 persoas matriculadas (+5,44%). Esta dinámica alcista dáse tamén en todas as áreas territoriais, sendo a que máis medra a de Barbanza-Muros-Noia (+10,61%), seguida de Lemos-Chantada-Quiroga (+9,22%), A Mariña (+7,89%), Área de Ourense (7,54%) e Verín-Limia-Baixa Limia (+7,39%).