Noticias

Galicia acada un novo récord no número de deportistas recoñecidos no alto nivel e roza os 1.800

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde do 30 de decembro de 2025 pola que se recoñecen as persoas deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, as persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel, e se relacionan as solicitudes desestimadas e a súa causa. Con estas novas 158 incorporacións, o número total de deportistas galegos e galegas recoñecidos e recoñecidas segue batendo récords e chega xa a 1.773, sendo 740 mulleres (42%) e 1.033 homes (58%). Entre os deportistas recoñecidos destacan o loitador José Cuba, 20 veces campión de España; o xogador de balonmán David Faílde, subcampión do Mundo sub19; as padexeiras Estefanía Fernández e Lucía Val, campioas do Mundo no K4 500 ou o golfista Ignacio Mateo, clasificado para o Open de España.

Arredor do 78% de todos os recoñecidos -1.373- son deportistas galegos de alto nivel (566 mulleres e 807 homes). Ademais, hai 160 deportistas de rendemento deportivo de base (83 mulleres e 77 homes); 154 deportistas de alto rendemento (66 mulleres e 88 homes); 46 técnicos de alto nivel (cinco mulleres e 41 homes); 27 árbitras e xuízas (13 mulleres e 14 homes); e 13 deportistas galegos de alto nivel vitalicios (cinco mulleres e oito homes). Cómpre salientar, asemade, que entre todas as categorías están recoñecidos 54 deportistas galegos (19 mulleres e 35 homes) con diversidade funcional, o número máis alto da historia que segue a medrar.

Estas cifras acadadas polo deporte de alto nivel de Galicia débense por unha banda, ao traballo e ao incremento de nivel dos deportistas de Galicia nos últimos anos, así como ao novo decreto de alto nivel publicado en setembro de 2020 que, ademais do deporte de alto nivel de Galicia, tamén recoñece o alto rendemento deportivo -práctica deportiva que aínda non pode ser cualificada de alto nivel pero cuxa proxección indica que estará en condicións de selo- e o rendemento deportivo de base -etapa de desenvolvemento e perfeccionamento previa a acadar o alto rendemento deportivo ou o alto nivel-. O mesmo ocorre coas categorías de técnicos-adestradores e xuíces-árbitros, novos colectivos que se incorporan a figura do alto nivel, a través da Comisión Galega de Avaliación do Alto nivel deportivo.

Axudas ao alto nivel

Cómpre salientar que, o pasado 5 de xaneiro, a Fundación Deporte Galego resolvía as axudas axudas DGAN – TAXAGAN para deportistas galegos de alto nivel, así como técnicos, adestradores, xuíces e árbitros de alto nivel 2025 acadando un récord histórico en formato dunha única convocatoria tanto en número de axudas con 595 como en importe total das mesmas con 840.320 euros. Cómpre salientar que, en 2024, acadouse o récord de preto dun millón de euros (958.120 euros) en axudas DGAN pero con dúas convocatorias de axudas, a ordinaria e a correspondente aos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de París.

R., 2026-01-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia rexistrou un mes de setembro seco e moi cálido, cunha temperatura media de 20,4 graos, é dicir, 2,4 graos por riba do habitual nesta época do ano. De feito, foi o segundo setembro máis caloroso na Comunidade desde 1961 (ano de inicio da serie histórica), tan só superado polo de 2018. Así consta no último informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, presentado esta mañá en Santiago de Compostela.
Foto de la tercera plana (fp-madeira-2.jpg) No que atinxe ao reparto territorial, a matrícula medra de forma xeneralizada en todas as provincias e en todas as áreas, sendo a provincia de Ourense a que rexistra unha porcentaxe máis elevada de crecemento. Así pois, Ourense acada as 7.053 persoas na FP (+7,43%), Lugo conta con 7.774 matrículas (+6,76), Pontevedra con 27.642 persoas (+5,64%) e A Coruña rexistra 32.914 persoas matriculadas (+5,44%). Esta dinámica alcista dáse tamén en todas as áreas territoriais, sendo a que máis medra a de Barbanza-Muros-Noia (+10,61%), seguida de Lemos-Chantada-Quiroga (+9,22%), A Mariña (+7,89%), Área de Ourense (7,54%) e Verín-Limia-Baixa Limia (+7,39%).

Notas

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes abre a súa programación do curso 2026/2027 con Seres, unha exposición “sobre as entidades imaxinarias que poboan o noso folclore persoal e os vínculos que establecemos con elas”, segundo sinala o seu comisario, o artista e profesor da Facultade de Belas Artes Thomas Apostolou.
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) acolle a XIX Xornada Científica de Terapia Celular e Medicina Rexenerativa, organizada polo grupo de investigación TCMR. O encontro reúne especialistas de institucións españolas e portuguesas para compartir liñas de investigación biomédica e favorecer a colaboración entre disciplinas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES