
Así, a programación do stand de Galicia abrangue propostas vencelladas ao patrimonio, á natureza, ao turismo activo e á oferta gastronómica da comunidade. Destacan iniciativas como a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, os itinerarios enogastronómicos ou proxectos singulares centrados en aspectos coma a recuperación da gastronomía tradicional. E tamén o Camiño do Litoral, unha das apostas do Goberno autonómico pola posta en valor do turismo náutico e mariñeiro que percorre toda a franxa costeira da comunidade ao longo dos seus máis de 1.300 kilómetros.
Os xeodestinos galegos teñen un papel protagonista, con presentacións específicas de Ferrolterra, A Mariña Lucense, Costa da Morte, O Salnés, Barbanza-Arousa, Deza-Tabeirós, Condado Paradanta, Terra Chá, Celanova-Terras do Xurés, Mariñas Coruñesas ou Ribeiro-Carballiño, entre outros. Todos eles comparten unha aposta común pola sustentabilidade, a accesibilidade e a creación de experiencias auténticas.
Os distintos itinerarios xacobeos volven ser un dos eixos centrais da presenza galega en Fitur e máis tendo en conta a próximo cita do Xacobeo 2027. Ao longo da feira presentaranse accións vinculadas ao Camiño Portugués da Costa, o Camiño de Inverno, o Camiño Fisterra-Muxía, ou o Camiño Francés, así como iniciativas de cooperación que reforzan o seu valor como atractivo turístico internacional.
A axenda complétase con propostas vencelladas ao turismo náutico, deportivo e termal, como Galicia Spa Pilgrimage, xunto con grandes citas do calendario feiral como Termatalia, Xantar ou Turexpo.
Con esta programación, Galicia reafirma en Fitur a súa posición como un destino competitivo, sostible e con identidade propia, no que a cooperación entre administracións, sector e territorio resulta clave para seguir avanzando na desestacionalización e diversificación dun turismo de calidade capaz de crear rendibilidade durante todo o ano.
Galicia rexistrou un mes de setembro seco e moi cálido, cunha temperatura media de 20,4 graos, é dicir, 2,4 graos por riba do habitual nesta época do ano. De feito, foi o segundo setembro máis caloroso na Comunidade desde 1961 (ano de inicio da serie histórica), tan só superado polo de 2018. Así consta no último informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, presentado esta mañá en Santiago de Compostela.
No que atinxe ao reparto territorial, a matrícula medra de forma xeneralizada en todas as provincias e en todas as áreas, sendo a provincia de Ourense a que rexistra unha porcentaxe máis elevada de crecemento. Así pois, Ourense acada as 7.053 persoas na FP (+7,43%), Lugo conta con 7.774 matrículas (+6,76), Pontevedra con 27.642 persoas (+5,64%) e A Coruña rexistra 32.914 persoas matriculadas (+5,44%). Esta dinámica alcista dáse tamén en todas as áreas territoriais, sendo a que máis medra a de Barbanza-Muros-Noia (+10,61%), seguida de Lemos-Chantada-Quiroga (+9,22%), A Mariña (+7,89%), Área de Ourense (7,54%) e Verín-Limia-Baixa Limia (+7,39%).