Noticias

Galicia pecha 2025 con 6.807 persoas desempregadas menos ca hai un ano e con 17.715 cotizantes máis á Seguridade Social

Galicia pecha 2025 cos mellores datos da serie histórica para un mes de decembro tanto no número de persoas desempregadas como no das afiliacións á Seguridade Social. En concreto, con 112.031 persoas, contamos coa cifra de paro máis baixa nun mes de decembro desde que hai rexistros (1996) e, con 1.097.288 cotizantes, é tamén o mellor decembro en afiliacións á Seguridade Social. Así o destacou hoxe o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, na valoración das cifras relativas ao pasado mes.

Pablo Fernández resaltou que en decembro se rexistraron 6.807 persoas desempregadas menos que no mesmo mes de 2024, o que se traduce nunha redución do -5,73 %. De xeito transversal, o paro baixa nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a baixada o primario (-10,56%), seguido da construción (-9,25%), da industria (-7,96%) e, por último, dos servizos (-4,73%).

No relativo aos colectivos prioritarios, tanto no caso das mulleres como dos menores de 30 anos e dos parados de longa duración, rexístrase a cifra máis baixa de desemprego para un mes de decembro de toda a serie histórica (maio 2005). No caso das mulleres desempregadas a redución anual é de 3.450 persoas (-5,06 %); nas persoas desempregadas menores de 30 anos, hai 52 menos (-0,40 %); e o recorte é de 4.606 persoas no caso dos parados de longa duración (-7,71%).

No relativo ás afiliacións, Galicia suma 17.715 novos cotizantes á Seguridade Social en relación con decembro de 2024 (+1,64%) ata acadar os 1.097.288, o mellor dato para ese mes da serie histórica (2004).

Neste sentido, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais sinalou que estes resultados avalan as políticas activas de emprego da Xunta na procura dun mercado laboral activo, consolidado e que xere empregos de calidade.

R., 2026-01-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran-calor-ferrol.jpg) Galicia rexistrou un mes de setembro seco e moi cálido, cunha temperatura media de 20,4 graos, é dicir, 2,4 graos por riba do habitual nesta época do ano. De feito, foi o segundo setembro máis caloroso na Comunidade desde 1961 (ano de inicio da serie histórica), tan só superado polo de 2018. Así consta no último informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, presentado esta mañá en Santiago de Compostela.
Foto de la tercera plana (fp-madeira-2.jpg) No que atinxe ao reparto territorial, a matrícula medra de forma xeneralizada en todas as provincias e en todas as áreas, sendo a provincia de Ourense a que rexistra unha porcentaxe máis elevada de crecemento. Así pois, Ourense acada as 7.053 persoas na FP (+7,43%), Lugo conta con 7.774 matrículas (+6,76), Pontevedra con 27.642 persoas (+5,64%) e A Coruña rexistra 32.914 persoas matriculadas (+5,44%). Esta dinámica alcista dáse tamén en todas as áreas territoriais, sendo a que máis medra a de Barbanza-Muros-Noia (+10,61%), seguida de Lemos-Chantada-Quiroga (+9,22%), A Mariña (+7,89%), Área de Ourense (7,54%) e Verín-Limia-Baixa Limia (+7,39%).

Notas

A Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes abre a súa programación do curso 2026/2027 con Seres, unha exposición “sobre as entidades imaxinarias que poboan o noso folclore persoal e os vínculos que establecemos con elas”, segundo sinala o seu comisario, o artista e profesor da Facultade de Belas Artes Thomas Apostolou.
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC) acolle a XIX Xornada Científica de Terapia Celular e Medicina Rexenerativa, organizada polo grupo de investigación TCMR. O encontro reúne especialistas de institucións españolas e portuguesas para compartir liñas de investigación biomédica e favorecer a colaboración entre disciplinas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES