
Así, no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña vacinouse un total de 137 rapaces; no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, 91; no de Lugo, 213; no de Ourense, 148; no de Santiago de Compostela, 648; no de Pontevedra, 218, e no de Vigo, 325.
Polo que respecta aos hospitais comarcais, no de Barbanza, vacináronse 79 rapaces; no da Mariña, 60; no de Monforte de Lemos, 55; no do Barco de Valdeorras, 14; no de Verín, 22; no do Salnés, 73; e no hospital Virxe da Xunqueira de Cee, 21.
As xornadas extraordinarias de vacinación dos días 5 e 6 de decembro súmanse ás celebradas a fin de semana anterior, en que foran convocadas para seren inmunizadas as persoas de entre 60 e 69 anos.
Con estes reforzos da vacinación a Consellería de Sanidade busca incrementar a protección da poboación de Galicia ante á gripe, que se atopa xa en fase epidémica con tendencia crecente desde hai xa varias semanas.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.