Noticias

Galicia reforza os seus vínculos transfronteirizos con Portugal grazas ao proxecto Visit Minho Plus

A iniciativa Visit Minho Plus está liderada pola AECT Rio Minho e conta coa colaboración de Turismo de Galicia. Para o seu desenvolvemento, está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027. Portugal constitúe o máis importante mercado emisor para Galicia. De xaneiro a setembro deste ano, visitaron a nosa comunidade 232.031 turistas que procedían do país luso. No referente ao Camiño de Santiago, é o 4º país estranxeiro do que proceden máis peregrinos, con máis de 22.000 persoas que recolleron a Compostela no que vai de 2025.

O director de Competitividade de Turismo de Galicia, Iván Meléndez, participou esta mañá no segundo workshop do proxecto europeo Visit Minho Plus, no que a Xunta participa como socia. En concreto, esta iniciativa está destinada a promocionar o produto Fotalezas, ademais de reforzar as relacións comerciais entre as comunidades transfronteirizas e de promover a divulgación e comercialización de produtos autóctonos.

Iván Meléndez destacou o carácter “estratéxico” do proxecto no reforzo dos lazos transfronteirizos con Portugal, que con este taller permite “intercambiar experiencias e coñecemento no que se refire aos nosos recursos naturais, onde a sostibilidade se presenta coma un factor fundamental para a consolidación do modelo turístico que estamos a impulsar desde a Xunta”. Así consta na Estratexia de Turismo 2030, que ten a aposta polo modelo sostible como un dos seus obxectivos.

O responsable da área de Competitividade referiuse ao proxecto Visit Minho Plus como un “perfecto exemplo” desta visión, no que “da man da colaboración entre as administracións públicas e tamén do sector, buscamos afondar nun destino turístico diferenciado que axude a fixar poboación”. Ademais, salientou o potencial da iniciativa para crear distintos produtos turísticos que definan Galicia como un destino único e para afondar no turismo como impulso da rehabilitación e mellora de infraestruturas, equipamentos e recursos.

O 10 de novembro celebrouse tamén o primeiro workshop no marco do mesmo proxecto en Tui, en torno ao produto do Río Miño Navegable.

Visit Minho Plus

A iniciativa Visit Minho Plus está liderada pola AECT Rio Minho e conta coa colaboración de Turismo de Galicia. Para o seu desenvolvemento, está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

Entre outros, busca articular o espazo común, promover as relacións de cooperación transfronteiriza, protexer e promover o patrimonio cultural e natural transfronteirizo; e aumentar a cohesión institucional. Neste sentido, Felipe Ferrero afirmou o convencemento de que contribuirá a “seguir facendo a Eurorrexión aínda máis forte e máis preparada para os retos actuais da actividade turística e tamén con vistas ao Xacobeo 27, tendo moi en conta a importancia que o mercado portugués ten para nós”.

Portugal constitúe o máis importante mercado emisor para Galicia. De xaneiro a setembro deste ano, visitaron a nosa comunidade 232.031 turistas que procedían do país luso. No referente ao Camiño de Santiago, é o 4º país estranxeiro do que proceden máis peregrinos, con máis de 22.000 persoas que recolleron a Compostela no que vai de 2025. O Camiño Portugués e o Portugués da Costa mantéñense como o segundo e o terceiro máis percorridos.

Ademais de Turismo de Galicia, o proxecto conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Turismo do Porto e Norte de Portugal CIM Alto Minho, os concellos de Tui e Salvaterra de Miño, a Universidade de Vigo e o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e as entidades dedicadas a calidade alimentaria e ao desenvolvemento rural, Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e Adriminho.

R., 2025-11-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES