Noticias

Os aloxamentos hoteleiros galegos ingresaron máis de 366 M de euros entre xaneiro e setembro deste ano

Máis de 6 millóns de persoas visitaron Galicia de xaneiro a setembro deste ano superando os 11M de noites en establecementos da comunidade, o que supuxo un incremento do 3,2% en visitantes e 2,6% en demanda, que medra por riba da media do conxunto de España rexistrda no 1,5%. Así o fixo público este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE) que indica que no sector hoteleiro (hoteis e pensións) se aloxaron máis de 4,2M visitantes, rexistrando un crecemento do 2,3%. Os ingresos hoteleiros de xaneiro a setembro ascenderon a 366,4 M de euros, un 5,4% máis que no mesmo período de 2024.

Precisamente, o segmento hoteleiro rexistra o 70% da demanda total que se distribúe nun 56% en hoteis e un 14% en pensións. O 30% restante corresponde aos aloxamentos extrahoteleiros: un 11% en cámpings, un 9% en albergues, un 7% en apartamentos turísticos e un 3% en turismo rural.

Por mercados, o 71% da demanda corresponde ao turismo de ámbito nacional, porcentaxe que engloba ao interno -dos residentes en Galicia, segmento que supón o 23% do total- e ao que procede das restantes comunidades autónomas -mercado receptor nacional, que representa o 48%-. O mercado internacional absorbe o 29% do total da demanda, peso superior ao do interno. Por mercados, os mercados estranxeiros que medraron foron EEUU, que incrementou o 13,5%, Reino Unido tamén cunha suba do 13,3% e Alemaña que incrementou o +2,1%.

Cabe salientar que que atinxe a demanda, tanto o mercado nacional coma o internacional acadan senllos máximos da serie histórica con 5,36 millóns de noites no caso do nacional e máis de 3,3 millóns de noites no internacional.

Os datos do INE tamén recollen o comportamento só no mes de setembro cando visitaron Galicia 878.106 persoas facendo máis de 1,5 millóns de noites.

R., 2025-10-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES