Noticias

O 73% das entidades Locais de Galicia renderon as contas en prazo ao Consello de Contas en 2025

No presente mes de outubro ven de concluír o prazo de rendición de contas das entidades locais de Galicia. A obriga de rendición de contas conleva un compromiso coa transparencia coa cidadanía sobre a xestión económico-financeira do sector local de Galicia e coa salvagarda da integridade dos recursos públicos e a eficiencia na xestión económico-financeira. Conforme aos datos do último informe de fiscalización da conta xeral das entidades locais de Galicia, o orzamento do conxunto do sector local de Galicia, formado pola agregación das entidades que remitiron a conta xeral, ascende a 5.582 millóns de euros de ingresos e a 5.445 millóns de euros de gastos.

O 80% deses importes corresponden aos concellos. Atendendo á súa natureza económica, o 46% dos ingresos que obteñen as entidades locais proceden de transferencias doutras administracións públicas.

Con relación ao exercicio 2023 é de destacar o incremento nun 50% da porcentaxe de rendición dos concellos de máis de 50.000 habitantes, do 20% dos concellos de 10.001 habitantes a 20.000 habitantes e a significativa mellora (15%) na rendición en prazo das mancomunidades de Galicia.
No prazo de seis meses desde a fin da rendición, é dicir, o 15 de abril de 2026, o Consello de Contas de Galicia publicará o «Informe da conta xeral das Entidades Locais de Galicia».

R., 2025-10-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES