Noticias

O Observatorio de Sostibilidade turística avanza no deseño de indicadores que monitorizarán o control dos fluxos para consolidar o modelo sostible galego

O turismo de Galicia avanza cara maiores cotas de sostibilidade. Así se desprende da reunión do grupo de traballo do Observatorio de Sostibilidade Turística do que forman parte 20 entidades, entre elas administracións públicas e representantes do sector turístico, universidades así como expertos e profesionais. O principal obxectivo era determinar factores e indicadores para analizar o sector turístico galego actual e favorecer así a súa adaptación ás tendencias do turismo a nivel mundial e tamén mellorar as decisións estratéxicas da cara á súa planificación. O Observatorio tamén quere impulsar a implantación do turismo intelixente e contribuír á cohesión e colaboración do sector turístico galego e doutros grupos de interese.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou neste grupo de traballo poñendo en valor esta ferramenta que botou a andar o pasado mes de novembro e que ten un calendario de traballo que culminará a finais de 2026.

Durante a súa intervención, o director de Turismo salientou que o observatorio conta cunha “ampla base social que sentará as bases do turismo do futuro” a través da determinación destes indicadores que logo se testarán e que derivarán nun diagnóstico de sostibilidade do sector turístico de Galicia.

Xosé Merelles salientou os bos resultados acadados no último ano, “cando nos visitaron máis de 8 millóns de persoas”, que se unen ao balance dos oito primeiros meses deste 2025 con máis de 5 M de viaxeiros e un incremento do 3,9 %. “Trátase dun crecemento moderado que vén a consolidar o destino”, polo que ferramentas coma o Observatorio de Sostibilidade Turística vai ser de utilidade á hora de “xestionar este incremento e tamén facelo compatible coa cidadanía”.

Segundo apuntou o director de Turismo, a información e os datos derivada do Obsevatorio de Sostibilidade Turística permitirá “dar resposta á evolución da actividade turística, anticipar tendencias e mellorar a toma de decisións estratéxicas e avanzar en sostibilidade”.

R., 2025-10-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES