Noticias

Galicia participa en Biospain 2025 en Barcelona para amosar o potencial innovador do sector biotecnolóxico e explorar oportunidades de negocio

Baixo a marca Galicia: o mellor camiño en biotecnoloxía, a delegación galega está amosando na feira o potencial científico e empresarial da Comunidade. Ademais da Axencia Galega de Innovación, a delegación conta coa participación da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), XesGalicia e as fundacións públicas dos Institutos de Investigación sanitaria IDIS, IISGS e INIBIC, as agrupacións industriais Bioga, Clúster Saúde de Galicia e VIRATEC, e as tres universidades públicas galegas: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña. En total, a comitiva aglutina a máis de 160 empresas a través destas agrupacións industriais, tres universidades e tres fundacións sanitarias, unha mostra da diversidade e da solidez do ecosistema galego biotech.

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participoou hoxe na inauguración da décimo segunda edición de BioSpain, unha das principais citas do sector biotecnolóxico europeo, que se celebra do 7 ao 9 de outubro en Barcelona. A este encontro acude unha delegación galega, liderada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de establecer alianzas estratéxicas, amosar o potencial innovador do sector e xerar novas oportunidades de colaboración e investimento.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou o carácter estratéxico para Galicia do sector biotecnolóxico, tal e como establece o Plan galego de investigación e innovación 2025-27. Ademais, avanzou novas medidas de apoio aos axentes nos ámbitos da I+D empresarial, a transferencia, o fomento do emprendemento biotecnolóxico e o fortalecemento da colaboración público-privada.

A directora da Axencia tamén puxo en valor as capacidades do ecosistema biotecnolóxico galego nun evento enmarcado nesta cita que organizou Galicia este luns: o Galicia Bio Event. Un centenar de asistentes acudiron a esta cita con representantes da cadea de valor da I+D+i biotecnolóxica. Entre elas, entidades como Catalonia Health ou Bühler Group, empresas como Klinea, entidades como SDDN e o Hospital de Sant Pau, así como o conxunto de asistentes desprazados desde a comunidade galega.

A asistencia de Galicia a esta cita enmárcase na Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico galego 2021-2025, que aspira a posicionar á Comunidade como referente internacional e potenciar a colaboración entre empresas, universidades e centros de investigación. Galicia leva mobilizados máis de 370 millóns no período 21-23 no marco desta estratexia. Ademais, sitúase como a segunda rexión máis bioemprendedora no período 21-23 e a terceira comunidade que experimentou un maior incremento no gasto en I+D, o que supuxo un investimento de máis de 147M€ en 2023.

‘O mellor camiño en biotecnoloxía’

Baixo a marca Galicia: o mellor camiño en biotecnoloxía, a delegación galega está amosando na feira o potencial científico e empresarial da Comunidade. Ademais da Axencia Galega de Innovación, a delegación conta coa participación da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), XesGalicia e as fundacións públicas dos Institutos de Investigación sanitaria IDIS, IISGS e INIBIC, as agrupacións industriais Bioga, Clúster Saúde de Galicia e VIRATEC, e as tres universidades públicas galegas: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña. En total, a comitiva aglutina a máis de 160 empresas a través destas agrupacións industriais, tres universidades e tres fundacións sanitarias, unha mostra da diversidade e da solidez do ecosistema galego biotech.

Galicia conta cun espazo propio no pavillón institucional, onde se presentarán proxectos estratéxicos, capacidades científicas e oportunidades de colaboración. Este espazo servirá para fomentar a transferencia de coñecemento, establecer contactos internacionais e atraer investimento ao sector galego.

Un millar de entidades innovadoras

BioSpain 2025, organizado pola  Asociación Española de Bioempresas (Asebio) en colaboración con Biocat, a Generalitat de Catalunya e o Concello de Barcelona, reúne ata o xoves a preto de 1.000 entidades innovadoras, máis de 2.200 profesionais de 34 países, uns 260 expositores e máis de 80 investidores, segundo a organización. O seu obxectivo é impulsar a innovación, o investimento, a colaboración e as novas oportunidades de negocio en biotecnoloxía.

R., 2025-10-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES