
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe no acto de presentación do I Premio Xosé Neira Vilas de Literatura Xuvenil a Gabriel Romero de Ávila, quen resultou gañador coa súa obra Odio. Dotado con 6.000 , o certame púxose en marcha este ano por vez primeira co apoio da Xunta de Galicia, co obxectivo de pór en valor a importante contribución de Xosé Neira Vilas como precursor deste xénero no sistema literario galego.
Precisamente, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude enxalzou a calidade e solvencia da obra gañadora á altura do autor ao que homenaxeamos con este certame. Neste senso, Valentín García erixiu a Xosé Neira Vilas como pioneiro da literatura infantil e xuvenil en galego coa obra Memorias dun neno labrego considerada por méritos propios como o bestseller da literatura escrita en galego.
Ao respecto, lembrou que é a publicación en galego máis editada, con 700.000 exemplares, e tamén máis traducida, xa que pode lerse en idiomas como o alemán, o sueco, romanés, ucraíno, búlgaro, esperanto, checo, maia, ruso e tamén conta cunha edición en braille.
No acto de entrega do premio a Gabriel Romero de Ávila, ademais do secretario xeral da Lingua, tamén estiveron presentes o presidente da Fundación Neira Vilas, Fernando Redondo, e o director xeral da Editorial Galaxia, Xosé Manuel Soutullo, xa que son as dúas entidades organizadoras do certame, en colaboración co Goberno galego.
O autor premiado
Romero de Ávila presentouse ao certame co pseudónimo Balboa e acadou o premio tras a decisión unánime do xurado, conformado por Juan Andrés Fernández Castro, en calidade de presidente, Rosalía Morlán, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, como vogais, e Marta Neira actuando como secretaria.
O xurado destacou en Odio a solidez na construción dun thriller futurista de acción trepidante. Concibida como novela negra distópica, a historia convida a lerse como unha parábola crítica da insolidariedade social.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.