
A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas lembra que o documento enviado non tivo en conta as propostas que Galicia remitiu en decembro de 2024, unha mostra máis da falla de respeto ás CCAA.
Por último, Allegue subliña que o novo plan modifica totalmente a firma de financiación dos plans anteriores, que pasa dunha financiación voluntaria de menos do 30% a unha aportación obrigatoria do 40%. Aínda así, a Xunta xa dixo que acepta estas condicións, pero non se pode aprobar un plan que non estea consensuado coas Comunidades que somos as que temos as competencias.
A Xunta de Galicia, enviará, nos vindeiros días as alegacións ao Plan, antes da Comisión multilateral que se celebrará o vindeiro xoves 25 de setembro.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.