
Así o destacou o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, na valoración dos datos relativos ao mes de maio realizada hoxe. O conselleiro tamén puxo de relevo que Galicia é a segunda comunidade autónoma na que máis descende o paro en termos relativos na comparativa mensual e a terceira na comparativa anual e especificou que neste caso avantaxa ao conxunto do Estado en 2,65 puntos (-5,87). En canto ás afiliacións á Seguridade Social, o titular de Emprego destacou ademais que Galicia conta con 17.514 afiliacións máis en relación a hai un ano.
Tamén en relación coa evolución anual subliñou que o paro cae nas catro provincias, nas sete grandes cidades e en todos os sectores económicos, liderando a caída o sector da construción (-14%), seguido do primario (-13,27%), da industria (-11,92%) e, por último, dos servizos (-7,64%).
Ademais, o titular de Emprego salientou a boa evolución e a redución do paro nos colectivos prioritarios en relación a hai un ano. Tanto no caso das mulleres desempregadas como nos parados de longa duración rexístrase a cifra máis baixa de toda a serie histórica de datos (desde maio 2005), con 65.542 e 56.742 persoas respectivamente e unha caída interanual do -7,95% no caso das mulleres e do -9,01% no caso dos parados de longa duración. Tamén diminúe o paro no último ano nos menores de 30 anos, rexistrando a cifra máis baixa para un mes de maio desde que hai rexistros, con 12.322 persoas.
Ao respecto da contratación, esta aumenta tanto de xeito interanual nun +3,07 % como de xeito intermensual, con preto dun +21%.
Nesta liña, subliñou que os últimos datos indican que Galicia vai na boa dirección e que o Goberno galego continuará apostando por un mercado laboral dinámico, inclusivo e que xere emprego de calidade.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.